Crónica da fin de semana: dúas mínimas nacionais, un récord autonómico e varias mellores marcas para as nosas atletas.

Esta fin de semana Ourense acolleu o “Campionato Galego Absoluto e sub23 de Pista Cuberta” e, como non podía ser menos, as nosas atletas conseguiron bos resultados.

Alicia Barreiro López conseguiu o subcampionato galego absoluto na proba de 400ml cunha magnífica actuación parando o crono en 57’’89, dándolle un bo mordisco a súa anterior marca.

Diaou Diallo Chao alcanzou a medalla de prata na proba de triple salto cunha marca de 12.18m.

Xiana Lago Andrade obtuvo, tamén, a medalla de prata na proba de lanzamento de peso cunha marca de 12.23m, o que supón mellor marca da tempada e quedándose a tan só 2cm da súa mellor marca persoal.

Ricardo Negrete Barrioluengo quedou en 6ª posición na proba de 800ml realizando unha magnífica marca de 1:56.33 o que supón mellor marca persoal e mínima para o Campionato Nacional sub18, rebaixando o tempo requerido en case 3 segundos.

Antía Martínez Queimaño acadou o 4º posto na proba de 60 metros valos realizando mellor marca da tempada ao parar o crono en 9.10s.

 

 

 

 

En Salamanca celebrouse o "IV Control Autonómico Absoluto" onde Talía Mara Pérez Dambrauskas correu os 60ml facendo un rexistro de 7.58s en semifinais e 7.56s na final e, na proba dos 200ml, parou o crono en 24.47s facendo mellor marca persoal, novo récord asturiano e mínima para o Campionato Nacional de PC. Por outra banda, Laura Alonso da Costa participou na proba de 400ml do "Contro RFEA" realizando unha marca de 55.77s.

En Madrid celebrouse o "Campeonato Autonómico de Pista Cubierta" onde Diana Jiménez Guerrero acadou o subcampionato de salto con pértega cun salto de 3.66m e Yaiza Sanz Calvo términos no 12 posto na proba de salto de lonxitude cuna salto de 5.27m.

 
Por outro, na localidade mallorquina de Inca disputouse o "Campeonato Balear de Campo a Través" onde Marina Bagur Olives conseguiu alzarse con título autonómico de cross cun tempo de 34'39'' nos 9,3km do percorrido.

E, en Oviedo, celebrouse o "Campeonato Asturiano Absoluto y sub23" onde Rocío Díaz Granda saltou 1.63m na proba de salto de altura que lle serviu para subirse ao caixón máis alto do podium.

Fin de semana competitivo para o noso clube

"XXXVII Cto. Xunta de Galicia Absoluto-sub23 Pista Cuberta"

Pista Cuberta de Atletismo (Ourense)

Sábado 12 de febreiro de 2022

Este sábado celébrase o Campionato Galego absoluto e sub23 en Pista Cuberta onde contaremos coa seguinte representación:

  • Xiana Lago Andrade participará na proba de lanzamento de peso (4kg).
  • Alicia Barreiro López correrá os 400ml.
  • Diaou Diallo Chao tomará parte na proba de triple salto.
  • Lia Caride Arufe correrá os 200ml.
  • Antía Martínez Queimaño participará nos 60mv.
  • Ricardo Negrete Barrioluenga fará o mesmo na proba de 800ml.

A Federación Galega retransmitirá a través da súa canle de youtube tanto a xornada matinal como a xornada vespertina.

"Xogade - Campo a Través- Campionato Provincial A Coruña 2022"

A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Sábado 12 de febreiro de 2022

Esta fin de semana dispútase en A Pobra do Caramiñal o "Campionato Provincial de campo a través" en categorías de base, onde contaremos cunha amplia representación da nosa canteira.

En categoría benxamín participarán Martín Castiñeira de Castro, Laura Fernández Pérez e Cayetana Rey Dobarro. En categoría alevín teremos a Fabian Iglesias Sanmartin, Hugo Veiguela Tizón, Manuela Baeza Rey, Gala Fernández Castro, Lara Fernández López, Alicia Jove Novo, Mencía Padín Sanesteban, Lorena Piñeiro Anca, Carla Rioseco San José, Adriana Sedes Montero e Noa Seoane Rubiños. En categoría infantil contaremos coa participación de Eugenia Baeza Rey, Virginia Blanco López, Julia Casal Fernández, Adriana Castiñeira de Castro, Marta Cuadrado Dorrio, Carolina Piñeiro Anca, Olga Sánchez Romar e Irma Veiguela Tizón. E, por último, en categoría cadete tomará parte Aroa Amado Prieto.

"IV Control Autonómico Absoluto e Control RFEA de 400ml"

Pista Cubierta de Salamanca

Sábado 12 de febreiro de 2022

Mañá sábado dispútase o "IV Control Autonómico Absoluto e RFEA" en Salamanca onde teremos a participación de Talia Mara Pérez Dambrauskas nas probas de 60 e 200ml e Laura Alonso da Costa nos 400ml.

"Cto. Absoluto de Madrid"

Pista Cubierta de Atletismo de Gallur (Madrid)

Domingo 13 de febreiro de 2022

Este domingo dispútase o "Campeonato madrileño de Pista Cubierta" onde na proba de salto con pértega teremos a nosa atleta Diana Jiménez Guerrero.

"Cto. Balear de Cross"

El Serral de ses Monges, Inca (Mallorca)

Domingo 13 de febreiro de 2022

El municipio mallorquín de Inca acogerá este domingo el "Campeonato Balear de Cross" onde competirá a nosa atleta Marina Bagur Olives na categoría absoluta sobre unha distancia de 10km aprox.

"Campeonato Asturiano de Pista Cubierta"

Palacio de los Deportes (Oviedo)

 12 - 13 de febreiro de 2022

Entre o sábado e o domingo disputarase o "Campeonato Asturiano de Pista Cubierta" onde, na xornada do domingo, entrará en liza a nosa atleta Rocío Díaz Granda na proba de salto de altura.

Marta se reafirma e consigue nova marca persoal

No día de hoxe celebrouse o "Miting Internacional de Catalunya Pista Coberta" en Sabadell, onde Marta Pla Botella deleitounos, unha vez máis, na proba de 800ml reafirmando o bo estado de forma no que se atopa ao parar o crono en 2'10''77, o que supón nova marca persoal. Por outra parte, Irene Bonafonte tivo que abandonar nos 1500ml.

¡Noráboa Marta! 

 

Boa actuación da nosa canteira na festa galega de campo a través

A Pobra do Caramiñal convertiuse na festa galega de campo a través en categorías menores ao celebrar esta mañá o “Campionato Galego de Campo a Través” onde tivemos unha amplia representación dos nosos canteiráns obtendo os seguintes resultados:

Categoría sub10 masculina:

  • Martín Castiñeira de Castro finalizou en 27ª posición cun tempo de 4:06.
  • Daniel Fachal de Castro acabou en 46ª posición cun tempo de 4:26.

Categoría sub12 masculina (1,4km):

  • Hugo Veiguela Tizón conseguiu un 17º posto cun tempo de 5:33.
  • Arsenio Romero López acadou a 77ª posición cun tempo de 6:34.

Categoría sub12 feminina (1,4km):

  • Lara Fernández López rematou a proba en 2ª posición cun tempo de 5:34.
  • Carla Rioseco San José conseguiu o 3º posto cun tempo, tamén, de 5:34.
  • Noa Seoane Rubiños quedou en 5ª posición cun tempo de 5:35.
  • Adriana Sedes Montero finalizou no 19º posto cunha marca de 6:02.
  • Gala Fernández Castro alcanzou a 31ª posición cun rexistro de 6:12.
  • Claudia Garrido Gimeno cruzou a línea de meta en 61ª posición cun tempo de 6:32.
  • Manuela Baeza Rey fixo o mesmo en 94ª posición parando o crono en 7:10.

E, por equipos, a boa actuación de todas elas as levou ata a segunda posición.

Categoría sub14 masculina (1,8km aprox.):

  • Billy Delgado Días acadou a 55ª posición cun tempo de 7:49.
  • Bruno Castro Pereira finalizou no 81º posto cunha marca de 8:33.
  • Brais Troitiño Díaz conseguiu rematar a proba en 84ª posición cun rexistro de 8:57.

Categoría sub14 feminina (1,8km aprox.)

  • Irma Veiguela Tizón conseguiu o 6º posto cun tempo de 6:59.
  • Adriana Castiñeira de Castro quedou en 45ª posición realizando un tempo de 8:07.
  • Olga Sánchez Romar consegui a 65ª posición parando o crono en 8:28.

Categoría sub18 masculina (3,6km aprox.):

  • Ricardo Negrete Barrioluengo alcanzou o 4º posto cun tempo de 12:15.
  • Joel Novoa Gayoso acabou en 17ª posición empregando un tempo de 13:10.
  • Marcos Pérez Calvo alcanzou o 21 posto cun tempo de 13:20.
  • Diego Sánchez Aneiros acabou en 30ª posición cunha marca de 13:37.
  • Sergio Fernández Rafales rematou no 43º posto cun rexistro de 14:13.

Categoría sub18 feminina (3,6km aprox.):

  • Carolina Santos Villalón conseguiu o 2º posto cun tempo de 14:01.
  • Carmen Carrera Veiga quedou en 5ª posición cun tempo de 14:32.

¡Noráboa a tod@s!

Varias medallas autonómicas e mellores marcas persoais acadadas esta fin de semana

Comezamos a crónica desta fin de semana en Santander coa participación de Paula González na proba de 60mv da primeira Xornada do Campionato Absoluto de Inverno onde acadou unha  marca de 8’’85 en semifinais e 8’’70 na final.

En Salamanca celebrouse o “Control RFEA de 200ml” onde participou Talia Mara Perez Dambrauskas facendo un tempo de 24’’52, o que supón un novo recórd asturiano.

Adrián Rivadulla participou no “Control de inverno ao aire libre” celebrado en Pontevedra onde conseguiu unha marca de 2’06’’05 na proba de 800ml. Ademáis, esta misma localidade celebrou o “Campionato Galego de Lanzamentos longos” onde Xiana Lago Andrade conseguiu a medalla de prata en lanzamento de disco (1kg) cun lanzamento de 35m65. Por outra banda, Laura Rico Bouza conseguiu o 5º posto na proba de lanzamento de xavelina (600g) cunha marca de 32m45.

 

Entre o sábado e o domingo disputouse o "Control Inverno FGA Pista Cuberta" en Ourense onde estiveron dúas das nosas atletas.  Por un lado, Lia  Caride Arufe disputou os 200ml acadando un tempo de 28"72. Por outro, Antía Martínez Queimaño participou na proba de 60 metros valos parando o crono en 9"63.