Dous segundos postos para os nosos canteiráns no cross de San Miguel de Oia

"44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia"

San Miguel de Oia, Vigo

Domingo 19 de Decembro de 2021

Hoxe pola mañá disputouse o "44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia" onde tivemos representación da nosa canteira.

Irma Veiguela Tizón acadaría o segundo posto sub14 tras percorrer, aproximadamente, 1km e medio, mentres que Hugo Veiguela Tizón faría o mesmo  na categoría sub10 sobre unha distancia de 700m aproximadamente.

¡Noráboa a ambos!

 

Bos resultados este fin de semana para as nosas atletas.

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Se pensades que as alegrías veñen só dende Salamanca estades equivocados. Elena Llobera Miro competiu onte nos 60ml do "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde mellorou a súa marca realizada fai sete días ata deixala en 8s. ¡Noráboa Elena!

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Criterium autonómico PC + Control" no Velódromo Luis Puig, en Valencia, onde participou a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro na proba de 60ml, realizando unha marca de 7.85e na proba de 200ml cruzou a línea de meta nun tempo de 26.23s.

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de onte competiu unha das nosas lanzadoras no "Jornada de lanzamiento de disco" disputada en Madrid. Iris de Castro González foise ata os 40.10m na proba abosulta femenina de disco (1kg).

 

Salamanca é sinónimo de alegría este fin de semana para o noso clube.

"Resultados Campeonato autonómico 200mv absoluto + Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Maravillosas noticias chégannos dende Salamanca este fin de semana. A nosa atleta Paulette Fernández Ngo despedíase da tempada e do noso clube, nada máis e nada menos, que cun RÉCORD DE ESPAÑA na proba de 200 metros valos do "Campeonato autonómico de 200mv absoluto", ao realizar unha marca de 27.82s. Dende aquí, desexámoslle moita sorte no novo clube para a próxima tempada. ¡Noráboa, Paulette!