Irene Bonafonte acada unha fantástica 3ª posición no "LV Cross Internacional de Catalunya"

"LV CROSS INTERNACIONAL DE CATALUNYA CIUTAT DE GRANOLLERS"

Instalaciones Municipales de Granollers

No día de hoxe disputouse o "LV Cross Internacional de Catalunya" onde a nosa atleta Irene Bonafonte acadaría unha maravillosa  terceira posición ao realizar unha marca de 30'51'' sobre os 8km do circuito de Granollers.

Resultados da nosa canteira en Lugo e A Coruña

" RESULTADOS 4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

A competición de Lugo celebrada onte, día 4 de decembro, déixanos as seguintes marcas dos nosos atletas:

  • Bruno Castro Pereira fixo unha marca de 4m na proba de lonxitude.
  • Adriana Castiñeira realizou unha marca de 1.38m na proba de altura, mellorando así a súa anterior marca. Desafortunadamente, na proba de 500m tivo que abandonar.
  • Irma Veiguela Tizón realizou unha marca de 1.35m  na proba de altura, mentres que na proba de 500 metros acadou unha marca de 1:26.4 min.
  • Carmen Grandal Ardao conseguiu unha marca de 1:29.7 min na proba dos 500 metros.
  • Daniela Calvo Prados fixo unha marca de 1:40.5 nos 500m.

       Resultados módulo cuberto   

       Resultados aire libre

"RESULTADOS I CONTROL DE INVERNO"

Pistas Universitarias de A Coruña

Por outra banda, nas Pistas Universitarias de A Coruña, as nosas atletas realizaron as seguintes marcas:

  • Noa Seoane Rubiños  conseguiu unha marca de 9.51s na proba dos 60ml, quedándose moi preto da súa mellor marca.
  • Alicia Jove Novo acadou unha marca de 1:35:57 min na proba de 500 metros, preto tamén da súa mellor marca.
  • Lara Fernández López fixo unha marca de 3:33:81 min na proba de 1000ml.

       Resultados I Control Inverno A Coruña

Fantástica fin de semana para os nosos nenos e as nosas nenas, deixando un bo sabor de boca despois de tanto tempo sen competir.

A nosa atleta Diaou na concentración de Navidad da RFEA.

CAMPUS DE NAVIDAD SUB-20 PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA (PNTD) 

Nerja (Málaga)

27 de Decembro 2021 - 30 de Decembro 2021

O noso clube estará representado por partida doble na concentración que realiza a RFEA dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva, ao ser convocados para a mesma a nosa atleta Diaou Diallo Chao e o seu adestrador Marcelino Crespo Rabanal.

¡Noraboa a ambos!

Carolina Santos e Ricardo Negrete coa selección galega de campo a través.

"CAMPIONATO DE ESPAÑA CAMPO A TRAVÉS CSD"

Centro Ecuestre El Asturcón (Oviedo)

Domingo 5 de Decembro de 2021

O domingo 5 de decembro celébrase o "Campionato de España de Campo a través sub16 e sub18 por federacións autonómicas" no Centro Ecuestre El Asturcón, en Oviedo.

Nesta competición o noso clube estará representado da man da atleta sub18 Carolina Santos e do atleta sub16 Ricardo Negrete, ambos integrantes da selección galega de campo a través.

A carreria sub 16 de homes comezará ás 11:25h mentres que a sub18 de mulleres terá lugar ás 11:55h. Se poderá ver toda a competición a través do streaming da LigaSports TV

¡Moitísima sorte para os nosos e para toda a expedición galega!

Lugo, A Coruña e Granollers, próximas citas con representación do clube.

"4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

Sábado 4 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse o 4º Control da delegación de Lugo onde a nosa canteira estará representada na categoría sub14 polos seguintes atletas:

Na proba de lonxitude homes formará parte o noso atleta Bruno Castro Pereira, mentres que na proba de 500ml mulleres participarán as atletas Adriana Castiñeira de Castro, Irma Veiguela Tizón, Carmen Grandal Ardao e Daniela Calvo Prados. Así mismo, as atletas Adriana e Irma formarán parte tamén da proba de altura.

 

"I CONTROL DE INVERNO"

Pistas Universitarias de A Coruña

Sábado 4 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse o I Control de Inverno de A Coruña onde tamén estará representada a nosa canteira na categoría sub12 polos seguintes atletas:

Noa Seoane Rubiños tomará parte na proba de 60ml, Alicia Jove Novo participará na proba de 500ml e Lara Fernández López realizará o mesmo na proba dos 1000ml.

 

"LV CROSS INTERNACIONAL DE CATALUNYA CIUTAT DE GRANOLLERS"

Instalaciones Municipales de Granollers

Domingo 5 de Decembro de 2021

O domingo 5 de decembro dará lugar o LV Cross Internacional de Catalunya onde o noso clube estará representado pola atleta absoluta Irene Bonafonte.

Diana Jiménez acada unha marca de 3,45m en Gallur

"REUNIÓN FAM 1"

Pista Cuberta Gallur (Madrid)

Domingo 28 de Noviembre de 2021

Esta mañá disputouse a "Reunión FAM 1" na Pista Cuberta Gallur, en Madrid, onde participou unha das nosas atletas. Diana Jiménez Guerrero, adestrada por Verónica López, acadaría a segunda posición en salto con pértiga cunha marca de 3,45m.

 

 
 

HISTORIA DEL CLUB A TRAVÉS DE ARTÍCULOS SALIDOS EN PRENSA (1987-2013): La Voz de Galicia / Viernes, 20 Diciembre 1996 .- Dos atletas ferrolanos, en el cross de Venta de Baños

HISTORIA DEL CLUB A TRAVÉS DE ARTÍCULOS SALIDOS EN PRENSA (1987-2013): EL IDEAL GALLEGO / Viernes, 20 Diciembre 1996 .- El atletismo de la comarca sigue dando alegrías

HISTORIA DEL CLUB A TRAVÉS DE ARTÍCULOS SALIDOS EN PRENSA (1987-2013): La Voz de Galicia / Miércoles, 18 Diciembre 1996 .- Los mejores atletas gallegos. El Memorial Adolfo Ros destacó por la calidad de los participantes

HISTORIA DEL CLUB A TRAVÉS DE ARTÍCULOS SALIDOS EN PRENSA (1987-2013): La Voz de Galicia / Lunes, 16 Diciembre 1996 .- Serafín Pórtela se impuso en la maratón Volta á Ría de Ferrol

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS