RESULTADOS FIN DE SEMANA: Del 4 al 10 de ABRIL 2016

Resultados

COMPETICIÓN: CONTROL DE MARCAS EN PISTA
FECHA: VIERNES, 08-ABRIL-2016
LUGAR: PISTAS UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: XOGADE - I XORNADA ATLETISMO EN PISTA CATEGORÍA INFANTIL (ZONAS: A CORUÑA - FERROL)
FECHA: SÁBADO, 09-ABRIL-2016
LUGAR: PISTAS DE LA UNIVERSIDAD DE ELVIÑA (A CORUÑA)
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: I CONTROL AIRE LIBRE D.M.A. JORNADA "A"
FECHA: SÁBADO, 09-ABRIL-2016
LUGAR: CIUDAD DEPORTIVA CARRANQUE (MÁLAGA)
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: II CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"
FECHA: SÁBADO, 09-ABRIL-2016
LUGAR: CARBALLO (A CORUÑA)
 
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: CAMPEONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA - II MILLA POPULAR DE SADA
FECHA: DOMINGO, 10-ABRIL-2016
LUGAR: PASEO MARÍTIMO DE SADA (A CORUÑA)
 
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: III MEDIASAN DO CAMIÑO 2016
FECHA: DOMINGO, 10-ABRIL-2016
LUGAR: SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: VI CAMOVI (CARREIRA POR MONTAÑA "MONTES DE VIVEIRO")
FECHA: DOMINGO, 10-ABRIL-2016
LUGAR: VIVEIRO (LUGO)
 
  ver resultados

Resultados

COMPETICIÓN: XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY
FECHA: DOMINGO, 10-ABRIL-2016
LUGAR: VIGO
 
  ver resultados

 

Noticias Web FGA .- 09/04/2016 . Citius Altius Fortius cumpre 5 anos en antena

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/04/2016 . Citius Altius Fortius cumpre 5 anos en antena

O programa Citius Altius Fortius, producido pola Federación Galega de Atletismo, e emitido pola TVG2 cumpre 5 años en antena, con  máis de 230 programas.

O proxecto de divulgación da actividade atlética galega, tomou forma no ano 2011 coa intención de acercar os espectadores o atletismo, así como informar sobre a actualidade do noso deporte. O  longo destes  238 programas foron moitas as competiciones de distinta localización xeográfica as que contaron coa presencia do noso programa, para dar cumprida información sobre a evolución e actuación dos atletas galegos alá onde competían.

Citius Altius Fortius

NOTICIAS DEL CLUB: Icia Gómez, Laura Méndez y Raúl Laranjeira, cadetes del Ría Ferrol, participarán mañana sábado en una Concentración de Saltos de la Federación Gallega de Atletismo

Noticias CLUB

ACTIVIDAD:
CONCENTRACIÓN DE SALTOS DE LA FEDERACIÓN GALLEGA DE ATLETISMO
FECHA: SÁBADO, 09-ABRIL-2016
LUGAR: CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA (PONTEVEDRA)
 

Tres atletas Cadetes del Ría Ferrol, Icia Gómez Fojo, Laura Méndez Bouza y Raúl Laranjeira Varela, han sido convocados por los Responsables de Saltos de la Federación Gallega de Atletismo, a una Concentración de la Especialidad de Saltos, que se celebrará mañana sábado 9 de Abril en el Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Estros tres atletas practican la disciplina de Salto con Pértiga y se da la circunstancia que los tres entrenan con la misma entrenadora, Eva Fernández Villares, que en sus tiempos de atleta, ya destacó en esta especialidad de la Pértiga.

   ICIA GÓMEZ FOJO                (Pértiga)
   LAURA MÉNDEZ BOUZA       (Pértiga)  
   RAÚL LARANJEIRA VARELA   (Pértiga)
 

 

Circular FGA Nº: 36/2016 .- CAMPEONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 36/2016 .- CAMPEONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE

Circular FGA Nº: 35/2016 .- CAMPEONATO DE GALICIA DE CLUBES JÚNIOR

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 35/2016 .- CAMPEONATO DE GALICIA DE CLUBES JÚNIOR

Noticias Web FGA .- 08/04/2016 . Centenario do primeiro Campionato de Galicia de Cross

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/04/2016 . Centenario do primeiro Campionato de Galicia de Cross

No primeiro Campionato de Galicia de cross xuntáronse 43 corredores que procedían na súa inmensa maioría de equipos de fútbol vigués e os alemáns do Cable Alemán. O vencedor final foi un atleta de 17 anos chamado José Castillo que pasou a historia como o primeiro dos campións galegos de cross. Era un empregado de ferrocarril que pertencia ao club organizador, Vigo Sporting Club , antecesor do Celta de Vigo. No mes de maio dese mesmo ano disputouse no Campo de Monelos (A Coruña) o primeiro Campionato de Galicia de pista. Chamáronlle “olimpiadas” porque era o xeito de chamarlle, nesa época, a tódolas reunións atléticas, pola similitude cos Xogos Olímpicos. Xuntáronse media centena de atletas de Ferrol, Madrid, Vigo e A Coruña. Foi a primeira vez que tivemos un enfrentamento de atletas de varias partes de Galicia e foron os atletas de Vigo os que tomaron ventaxa gracias a influencia alemana que ademáis participaron habitualmente cun equipo propio (Sport Germania) en tódalas competicións destacadas de atletismo. O primeiro campión de España galego foi un deses alemáns que afincouse en Vigo, españolizou o seu nome de Wilhem por Guillermo (Bachmann), http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003909037&page=16&search=ba...
casou cunha galega, tivo dous fillos galegos e morreu nos anos 60 despois de medio século de vida na nosa terra.
A Coruña e Vigo foron os primeiros impulsores do atletismo galego que incialmente estivo moi vencellado aos equipos de fútbol. Moitos eran os xogadores dese deporte que practicaban ambos deportes xa que naquela época consideraban ao deportista como unha personal integral que cultivaba tódolos deportes e buscaba a súa formación completa en tódolos aspectos posibles. Eran denominados “sportmen”, palabra de claro orixe británico. 
Despois desta primeira fase de formación comenzaron a xurdir clubs máis estrucuturados. No ano 1920 aparece o Comesaña, o decano do noso atletismo, e xunto cos Exploradores terían unha gran rivalidade atlética no cross. Aos primeiros os denominaban os “finlandeses” en honor aos atletas de ese país que eran os dominadores do fondo mundial e os segundos os chamaban os “Boys” xa que eran Boys Scouts. 
Cando falamos de centenario é do atletismo masculino. A chegada do atletismo feminino tivo que esperar aos anos 60. Na II República tivemos en Pasarón (Pontevedra) unha exhición das irmás Moles, dúas das mellores atletas españolas da época. Ambas chegaron a ter a mellor marca mundial de lanzamento de martelo. Pero foi unha mera anécdota, o franquismo considerou co atletismo era masculinizante e deixou a muller relegada a labores de nai e ama de casa. Esa discriminación, por razóns de sexo, comenzou a cambiar nos anos 60 e A Coruña foi unha das zonas pioneiras do inicio do atletismo feminino nesta segunda etapa. Antes, na República, as mulleres fixeron atletismo pero só en Madrid e Cataluña. Froito desa discriminación histórica, tivemos que esperar a Barcelona 1992 para ter a nosa primeira olímpica feminina.

 

O 9 de abril de 1916 celebrouse en Vigo o primeiro Campionato de Galicia de cross. Estamos, polo tanto, no centenario do atletismo galego. O noso deporte chegou a nós, inicialmente, polos esforzos dos ingleses e alemáns e chegaron a Vigo a traballar para o Cable Inglés e Cable Alemán. Eran compañías de telégrafos que, ademáis de traballo, trouxeron actividades deportivas na que o atletismo xogou un papel fundamental. No 1913 celebrouse o primeiro gran mitin de atletismo tamén en Vigo e onde eles tiveron un papel preponderante na organización. Esta colaboración rematou co inicio da Iª Guerra Mundial no 1914 pero a semente estaba plantada. 
Despois de cada Xogos Olímpicos, de principios do século pasado, produciase un efecto propagandístico por todo o mundo. Estamos nunha sociedade onde obviamente non había a “mass media” que temos agora pero a prensa escrita tiña un papel fundamental e despois dos Xogos de Londres 1908 e Estocolmo 1912 produciuse unha expansión do atletismo a nivel mundial que chegou a Galicia gracias a eses inmigrantes alemáns e ingleses. 
No 1916 celebrouse o primeiro Campionato de España de cross e un par de meses xa estaba disputándose o primeiro Campionato de Galicia da historia. Os organizador foi o club Real Vigo Sporting Club. A ese esforzo, incial, sumouse “Handicap” (Manuel de Castro), que foi un defensor a ultranza do atletismo a pesar de que el era un home de fútbol pero de gran peso xa que escribía, adestraba e estaba moi en contacto coas forzas vivas da época. Handicap foi o precursor do que sería a primeira selección galega de cross que acudiría a un Campionato de España y tamén foi un dos que loitou porque tiveremos en Galicia un Campionato de España de pista. Os seus esforzos víronse recompensados no 1921 cando tivemos a edición do quinto Campionato de España de pista no Campo de Coia en Vigo.

 

Noticias Web FGA .- 08/04/2016 . A Xunta e Expourense subscriben convenio para a construccion da Pista Cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/04/2016 . A Xunta e Expourense subscriben convenio para a construccion da Pista Cuberta

A pista cuberta de Ourense está máis cerca de facerse unha realidade, despois de moito tempo loitando por dotar a Galicia dunha Estos días o Secretario Xeral para o Deporte e o  Patronato da Fundación de Ferias e Exposiciones de Ourense, Expourense suscribiron un convenio para a construcción da Pista de Cuberta de 200 m en Galicia, no recinto ferial.

 

 

A infraestrutura hidráulica no recinto ourensán contará con 6 rúas en pista circular de 200 metros de perímetro, 8 rúas en pista recta, zona de lanzamento de peso, zona de saltos de altura, lonxitude e pértega

 

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa destacou o feito de que Galicia vaia a albergar unha instalación destas características, das que só existen outras dúas en España. Esta pista é necesaria para o atletismo galego. É un día moi importante para Ourense e o atletismo, e para Galicia e o deporte en xeral. Será a terceira pista hidráulica en España, un sistema innovador que permite compatibilizar os usos en Expourense.

No Diario Oficial de Galicia publicarase o anuncio da licitación conxunta do proxecto e da obra que, sufragada integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte, ascenderá a máis de 2.700.000 euros.

 

Noticias Web FGA .- 07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1Km

O vindeiro domingo 10 de Abril a localidade coruñesa de Sada acolle por segundo ano consecutivo  o Campionato de Galicia de Milla en Ruta e de 1Km.

O circuito está homologado pola FGA con saida e a meta estarán situadas na Casa da Cultura , Pintor Llorens. As probas darán comezo as 10h , e a entrega de premios as 13:30h.

Entre os atletas máis destacados encontrase Victor Rioboo, quen xa foi medallista nun Campionato de España da especialidade, Fernando Vales e Pedro Ossorio son outros dos candidatos nas súas respectivas categorias. En Mulleres as favoritas son, Eva Cid en categoria Promesa, Elba Velez en Xuvenil, Laura Santos en Xunior e Sandra Mosquera na categoria Absoluta.

Noticias Web DELEGACIÓN FGA SANTIAGO .- CONTROL DE MARCAS VENRES 08/04 e XORNADA ESCOLAR EN PISTA

Del. SANTIAGO

CONTROL DE MARCAS VENRES 08/04 e XORNADA ESCOLAR EN PISTA

O vindeiro venres celebrarase no Estadio de Santiago de Compostela un control de marcas para as categorías infantil e superiores. Consulta aquí o horario:

HORARIO CONTROL DE MARCAS 08 – 04

Ao día seguinte, no mesmo escenario celebrarase a I xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín. Consulta aquí o horario:

HORARIO XORNADA ESCOLAR EN PISTA 09 -04

Noticias Web DELEGACIÓN FGA OURENSE .- Cambio de Sede da FGA en Ourense

Del. OURENSE

Cambio de Sede da FGA en Ourense

Durante a pasada semana a Xunta de Galicia trasladou as dependencias das Federacións Deportivas en Ourense a unhas novas instalacións.

A nova ubicación, das Federación Deportivas, situase no baixo da grada de preferencia do Campo de Futbol de O Couto, con entrada pola rúa Carlos Maside.

Polo tanto, a partir de hoxe, a nova dirección da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, e a seguinte:

Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo

Rúa Carlos Maside, s/n – Local 2

32002 – Ourense

Os horarios de atención, teléfonos e direccións de correo electrónico seguen a ser os mesmos.

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS