Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: FERROL360.ES / Lunes, 15 Diciembre 2014 .- Fene celebrará a II San Silvestre para despedir o ano

 
 
Ferrol360
 

Fene celebrará a II San Silvestre para despedir o ano

FERROL360 | Luns 15 decembro 2014 | 17:45

As carreiras populares gañan adeptos cada día que pasa e de seguro que moitos pensarán que non hai mellor xeito para despedir o ano que calzarse as zapatillas e correr algúns quilómetros. Para eles está pensada a carreira de San Silvestre que o Concello de Fene celebra o 31 de decembro.
A cita será ás 17:30 horas, partirá da praza do Concello e non hai límite de idade para os participantes, así que poden acudir pequenos e maiores. O percorrido, polo tanto, é apto para todos os públicos, duns catro ou cinco quilómetros, e discurrirá polas parroquias urbanas de Fene e Perlío.
Os nados en 2007 e anos precedentes deben formalizar a súa inscripción na web daFederación galega e abonar unha cuota de tres euros. O prazo pecharase unha hora antes da carreira. Aqueles que nacesen en anos posteriores non precisan anotarse na carreira.
Por outra banda, reeditarase o concurso de disfraces. Así que aqueles que se animen e se fotografíen no photocall, que se instalará no salón de plenos, optarán a diferentes premios. Os interesados poden consultar o regulamento tanto na web municipal .
Desde o Concello confían en igualar ou incluso mellorar o éxito da edición pasada da San Silvestre e convidan a todos os veciños a sumarse á carreira e disfrutar desa xornada practicando deporte en boa compaña.
O alcalde, a concelleira de Deportes e o gañador da última carreira 10K de Fene presentaron a II San Silvestre (cedida)

O alcalde, a concelleira de Deportes e o gañador da última carreira 10K de Fene presentaron a II San Silvestre (cedida)

Imprimir esta noticia