Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: FERROL360.ES / Viernes, 26 Diciembre 2014 .- Este domingo celébrase a X Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos

 
 
Ferrol360
 
Este domingo celébrase a X Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos
FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 15:18
As áreas de Deporte dos concellos de Ares e Mugardos organizan a X Carreira Popular de Fin de Ano, que se desenvolverá este domingo día 28. A cita comezará ás 11:00 horas e sairá e rematará no pavillón municipal de Ares.
En total, serán dez quilómetros nos que os corredores compaxinarán o deporte e o carácter festivo da carreira. Debido ao carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin trofeos para os vencedores, senón que ao remate haberá un sorteo de diferentes agasallos e cestas de Nadal.
Tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira integrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que conta cunha cronometraxe similar á dunha proba oficial. Polo tanto, a proba deportiva conta con todos os ingredientes para xuntar aos case 400 corredores maiores de catorce anos que tomarán parte na mesma.
Tanto na chegada, disposta na pista exterior anexa ao pavillón polideportivo de Ares, como no transcurso da proba na zona de Mugardos ubicarase un punto de avituallamento sólido e líquido para os participantes.
Ademais, tanto as policías locais dos concellos de Ares e de Mugardos como as agrupacións de voluntarios/as de Protección Civil de ambos concellos porán en marcha un dispositivo de tráfico e control das vías polas que discorre o evento co obxectivo de preservar a seguridade e control da proba.
Exhibición de danza
Seguindo coa programación de actos culturais e deportivos co gallo das festas do Nadal, o pavillón polideportivo municipal de Mugardos acollerá este sábado unha exhibición de danza, baile moderno e ximnasia rítmica a cargo dos alumnos e alumnas das escolas municipais de ambos concellos. A cita dará comezo ás 17:00 horas e está pensada para a participación de toda a familia.