Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARIA.COM / Viernes, 2 Enero 2015 .- A Carreira de San Xiao será o día 11

 
 
 

A Carreira de San Xiao será o día 11

As incricións poderán formalizarse ata o 6 de xaneiro na páxina web da Federación Galega de Atletismo

Brais Canosa al cruzar la meta | Adán PuentesA concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, anunciou esta mañá a apertura do prazo de inscricións para a XXXII Carreira Popular San Xiao UDC 25. Unha proba que servirá para dar o pistelazo de saída ao calendario deportivo organizado pola administración ferrolá para este ano 2015 e que nesta ocasión se organiza de maneira conxunta coa Universidade da Coruña, aproveitando a conmemoración do vintecinco aniversario da institución académica na cidade.

Así as cousas, Martínez Galdós explicaba que a carreira terá lugar na xornada do domingo 11 de xaneiro polas rúas do centro urbano da cidade con saída ás once da mañá das inmediacións do pavillón polideportivo de Esteiro. No que atinxe ás inscricións, estas poden formalizarse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, tanto no caso daqueles que participen na categoría absoluta (no enderezo www.carreirasgalegas.com) como para os que o fagan na categoría escolar (www.fgatletismo.es/ferrol). Estes a súa vez se dividirán nas modalidades benxamín, alevín, infantil e cadete. Tamén hai categoría específica para persoas en cadeira de rodas e con discapacidade visual. O prazo para anotarse remata o martes 6, ás 22 horas, para os que o fagan na absoluta e o mércores para os incluídos na escolar.