Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 28/02/2015 . Amplia participación no Campeonato de Galicia Cadete de Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación no Campeonato de Galicia Cadete de Pista Cuberta

Celebrouse o penúltimo dos Campeonatos de Galicia  da tempada nas pistas de Riazor, o Campeonato de Galicia Cadete con enorme participación especialmente nas probas de velocidade. Estos atletas buscaban as últimas oportunidades para facer a mínima para o Campeonato de España que se disputará en Sabadell o 21 e 22 de marzo. Salientar a Claudia Torres vencedora nos 50 metros con 6.88, no salto de lonxitude con 5.02 e nos 300 metros con 43.92, Santiago Represas do Club Atletismo Sada que igualaba o record galego da categoria con 6.34 nos 50 e Olaia Becerril do AVA campeona Galega de salto de altura con 1.54 e subcampeona na longitude con 5.01. 
Bos rexistros en lanzamento de peso de Olmo Pruneri do Atletismo Noia con 13.00 e Mar Pérez do Ava con 11.04 en ambos casos minima para o Nacional ó igual que o podium dos 50 valados femenino con Natalia Mondelo do Adas con 8.16, Eva Queimaño do Ava con 8.20 e Uxia Pereira do Lucus con 8.32. No medio fondo a atleta do Ria Ferrol Lucia Sicre vencia con un bo rexistro de 1.40.47 mentras que en homes en duas carreiras mais tacticas o gañador sería Roi Estevez con 1.35.05. Por último, destacar o atleta do Lucus Xavier Esteban que con 1.70 vencía na altura.

EG