Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 08/03/2015 . Campionato de España Júnior: 7 medallas e tres mellores marcas galegas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/03/2015 . Campionato de España Júnior: 7 medallas e tres mellores marcas galegas

 7 medallas no Campionato de España Júnior celebrado en Valencia dos atletas galegos, un total de 26 atletas competian nas pistas de atletismo do velodromo Luis Puig con resultados destacados. Na xornada do sábado tres medallas de prata a cargo de Claudia Rojo en pentatlon con 3541 puntos novo record galego da categoría, medalla de prata igualmente con record júnior para Carmela Cardama nos 3000 metros lisos con 9.33.01 e medalla de prata para a lanzadora do Atletismo Vila de Cangas Raquel Villa en peso con 12.14. Na xornada do domingo Saleta Fernández con 1.71 proclamábase Campioa de España, subcampionato para Jorge Puig de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 3.59.30 e de Angela González del Comesaña nos 800 metros con 2.12.63 con novo record galego júnior, por último Sara Pino del Lucus colgábase o bronce na final de altura con 1.64. 
Outras actuacións destacadas foron os dous cuartos postos de Anxo Blanco del Club Coruña Comarca en lonxitude e triplo salto, os cuartos postos de Eugenia Gil del Marineda Atlético con 57.01 en 400 metros e de Miguel Otero del Real Club Celta nos 800 metros, así como os postos de finalistas de Iria Forján e Javier García del Riazor Coruña con 7.12 nos 60 metros, de Adrián Lago del Comesaña nos 1500 metros con 4.02.10 e de José María García do Lugo Running con 1.59.12 nos 800 metros.

Dende a FGA queremos felicitar todos os medallistas, asi como a todos os atletas, clubs e adestradores polo gran campionato realizado  Actuacción Gallega

Fotos : Flor Currás