Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 11/03/2015 . Participación Galega no Campeonato de España Juvenil en Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Participación Galega no Campeonato de España Juvenil en Pista Cuberta

Un total de 21 atletas galegos competirán o vindeiro fin de semana no Campeonato de España Juvenil de pista cubierta que se celebra en San Sebastian. Último dos campeonatos da tempada invernal en pista na que contamos con atletas con opción a podium como Paula Iglesias do Riazor Coruña nos 400 metros que acredita a mellor marca de tódalas inscritas con 57.40, Elvira Okutu do Ria Ferrol na lonxitude, Claudia Blanco do Atletismo Noia nos 1500 ó igual que o seu compañeiro de equipo Tariku Novales situado entre os primeiros do ranking tanto nos 1500 como nos 3000 (terá que decidir por unha ou outra), Miguel González do Lucus mellor marca española en 3000 con 8.29.84 ou Adrián Ben tambén do Lucus nos 1500. Completan a representación galega Angel Vargas (SGP) e Alberto López (Marineda) nos 400 e Sergio García (R.C.Celta) na altura e pértega en homes. Mais numerosa a expedición femenina con Alba Villaverde (Lugo Running) no 60, Miriam Otero (C.A. Narón) nos 200 e 400, Judit García (Ría Ferrol), Noa Rouco (Vila de Cangas) e Inés Oitavén (Riazor) tamén nos 400, Laura Santos (Atlética Barbanza) e Elba Vélez (Atlética Lucense) nos 800, ademais de Claudia Blanco nos 1500 estarán Ana García (ADAS), Lucía Suárez (Atletismo Noia) e Iria Causin (Atlética Lucense), Estela Fernández (Lugo Running) nos 60 valados e, finalmente, Paula Freiria (Ourense Atletismo) e María Rodríguez (C.A Narón) no peso.

MG