Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 13/03/2015 . CPTO. DE GALICIA E PROVINCIAL DE 10.000 - TROFEO CLUB DEPORTIVO AURUM

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
13/03/2015 . CPTO. DE GALICIA E PROVINCIAL DE 10.000 - TROFEO CLUB DEPORTIVO AURUM

No Campionato Provincial de 10.000 m.lisos establécese unha mínima de participación (marca inferior a 50’ en 10.000 metros en pista ou 10km. en ruta) na categoría masculina. Disputaranse as seguintes categorías iunior, promesa, senior, veterán a (35 a 44 anos), veterán b (45 a 54 anos), veterán c (55 a 64 anos), veterán d (65 ou máis anos) e absoluta. 
O Club Deportivo Aurum, entidade organizadora do Campionato Provincial de 10.000 metros, entregará medalla o vencedor de cada unha das categorías a disputar (masculina e feminina) e trofeo ós tres primeiros clasificados do Campionato Provincial de 10.000 m.l. na categoría absoluta masculina e feminina.No campionato provincial, realizarase unha clasificación por equipos, entregandose premios os 3 primeiros clubes con ficha dilixenciada pola Delegación FGA en Ourense en categoría masculina e feminina, sumando os rexistros dos 3 primeiros integrantes do clube que cheguen a meta independientemente da serie ou campionato no que participen. 
O Club Deportivo Aurum, entidade organizadora, establece os seguintes premios en metálico (120€-80€-50€-30€) para as catro millores marcas masculinas e femininas das carreiras de 10.000metros disputadas

Club Deportivo Aurum e a Federación galega de atletismo organizan o vindeiro domingo 22 de marzo o 4º Trofeo Club Deportivo Aurum CAmpionato de Galicia e Provincial de 10.000 na Pista de Atletismo Campus Universitario de Ourense co patrocinio da Vicerreitoria do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, Concellería de Deportes e Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e a colaboración de Cocacola e Deimpresión. 
Participantes: Atletas con licencia federativa en vigor para a tempada 2014-2015. 
Inscripcións: Ata as 20:00 horas do martes 17 de marzo na intranet da RFEA . Os atletas deberán aportar a súa millor marca na proba (ruta ou pista) para ser encuadrados nunha das series que se disputan. Retirada de dorsais e confirmación de participación en Secretaria de Competición ata 40’ antes do inicio da proba na que se atopa inscrito. Protocolo de camara de chamadas apertura 20’ antes do comezo da proba e peche 10’ antes do comezo da proba na que se atopen inscritos.
Regulamentos: Para o Campionato de Galicia de 10.000 metros, circular FGA 
(Ir a noticia ampliada)