Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Programación da Pista Cuberta de Ourense

Noticias FGA

Programación da Pista Cuberta de Ourense

Logo das varias xuntanzas mantidas en relación ó emprego da Pista Cuberta de Ourense, vense de programar as seguintes datas para ou seu uso.
1. Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense
O vindeiro 16 de decembro de 2017 celebrarase o Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense, organizado polo Concello de Ourense e Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta xornada desenvolverase pola mañá a Fase Final da Liga ABANCA para as categorías Benxamín-Alevín-Infantil estando previsto un Acto Inaugural na que haberá distintas probas abertas a todas as categorías.
2. Campionatos de Galicia na Pista Cuberta de Ourense
A inauguración da Pista Cuberta de Ourense permitirá asumir, dentro das datas dispoñibles, os Campionatos de Galicia máis importantes da tempada. Tendo en conta que os Campionatos de España celebraranse máis tarde, a Federación Galega de Atletismo completará as programacións cas instalacións de Lugo e A Coruña.
A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo propuxo á Comisión Delegada da Asemblea Xeral as datas para a celebración dos Campionatos de Galicia de Pista Cuberta que se celebrarán en Ourense:
23-30/12/2017 Campionato Galicia Máster (Veteranos).
06-07/01/2018 Campionato de Galicia de Probas Combinadas.
07/01/2018 Copa de Clubs de Pista Cuberta.
13/01/2018 Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 de Pista Cuberta.
14/01/2018 Campionato de Galicia Sub18 e Sub20.
3. Campionatos de España de Pista Cuberta en Ourense.
A Secretaría Xeral para o Deporte xunto á Federación Galega de Atletismo, veñen de solicitar á Real Federación Española de Atletismo a organización do Campionato de España Sub 20 os días 3 e 4 de marzo de 2018.