Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Un campionato galego heptaolímpico

Noticias FGA

Un campionato galego heptaolímpico

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos en Pontevedra, volve de novo este sector e no mesmo escenario a ser protagonista nesta fin de semana. Será en concreto o sábado a partir das 09:45 cando poidamos presenciar o comezo do VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno que ademáis será a primeira edición do AutonómicoSub-20 de lanzamentos longos.
Entre a relación de inscritos destacan a participación de dous atletas olímpicos, a do lanzador tetraolímpico Frank Casañas (Atenas-04, Pekín-08, Londres-12, Río-16) e a do triolímpico David Martínez Varela (Barcelona-92, Atlanta-96 e Sidney-00) quenes darán categoría a esta edición tomando parte no concurso de disco as 17:15 horas. Nesta mesma proba tamén contaremos ca presenza de Victor Gallego da Gimnástica e Martín Brea do C.A.Santiago. O celeste Nacho Fernández será outros dos que tomen parte nesta cita no concurso de martelo as 13:00 horas
Na categoría feminina abrindo o campionato, poderemos presenciar a evolución da xoven promesa dos lanzamentos galegos Irene Costas quen tomará parte, debutando na súa nova categoría Sub-18, no lanzamento de martelo as 09:45. Xa na xavalina e sobre as 12:00 horas, intervención da atleta internacional Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol quen intentará superar a barreira dos corenta metros.