Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Ourense acolle a gran cita nacional Sub-20

Noticias FGA

Ourense acolle a gran cita nacional Sub-20

No día de onte acontecería a presentación do XLV Campionatos de España Sub-20 Masculino e o XL Campionato de España Sub-20 Feminino que convertirán a capital das Burgas no epicentro nacional do atletismo.
Nada menos que 44 anos terían que pasar para que de novo a nosa Comunidade acolla un evento destas características baixo teito, despóis de que nos anos 1972 e 1974 se disputaran os últimos e únicos Campionatos de España (Junior) na pista coruñesa do Pazo dos Deportes de Riazor. Esta mesma instalación serviría para que durante estos casi nove lustros se desenvolvera anualmente toda a actividade atlética a cuberto ata a chegada dos módulos cubertos de Lugo e Ourense. Pero sería por fin, o pasado día 16 de decembro, cando o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez materializaría todo un soño para o atletismo galego, inaugurando a Pista Cuberta de Ourense e dotando a nosa Comunidade da máis moderna e funcional instalación que polas súas características a converten nunha das máis avanzadas a nivel mundial.
Dende ese día inaugural, téñense disputado varias probas de diverso rango, malia que será a celebración deste Campionato de España o que supoña o bautizo a nivel nacional da pista pola que se estima pasen un total de 700 atletas, en representación de todas as Comunidades Autónomas (agás das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla) 500 técnicos e adestradores e un número aproximado de 3.800 persoas entre xuíces, público, organización e aficcionados que farán de Ourense e de Galicia o epicentro do deporte rei a nivel nacional.