Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A canteira do atletismo, protagonista en Lugo

Noticias FGA

A canteira do atletismo, protagonista en Lugo

Interés e emoción sen límites sería o que nos deixaría a disputa do Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub 14 por equipos que se desenvolverían nas pistas lucenses do Estadio Gragorio Pérez Rivera o pasado sábado.
Cunha pista ateigada de moitísmos participantes e sobre todo, cun gran ambiente de deportividade e festa, principiaría na xornada da mañá esta cita cos atletas Sub10. Esta competición contaba ademáis, co engadido de ter nas pistas a nada menos que a todo un campión olímpico comoFermín Cacho e un campión do mundo como Abel Antón  que de paso por Lugo, quixeron achegarse ata o Pérez Rivera para compartir cos máis novos uns intres de bo atletismo e de paso ver in situ as victorias dos clubes Atlética A Silva en homes e o C.A. Narón en mulleres.
Para os de Cerceda, este trunfo histórico representa todo un espaldarazo ó gran traballo de base que están a realizar na comarca e cuio esforzó comeza a dar resultados. Juan Loureiro gañador dos 50 m. e dos 1000 m. sería un dos atletas máis destacados do clube.  No caixón e acompañando ós gañadores, estarían o Ourense Atletismo  e ADAS Proinor.
Xa na categoría feminina sería o C.A. Narón o gañador  logo de sumar un total de 121 puntos nunha durísma loita co Vila de Cangas quen tería a mesma puntuación malia que as de Ferrolterra terían ó remate un mellor coeficiente de  postos. O terceiro lugar do podio correspondería para o Ourense Atletismo. Paula Mouzo nos 50 m., Noa Díaz nos 1.000 m e o relevo 4 x 50 serían quenes acadaran o trunfo parcial nas súas probas.
Xa na xornada da tarde sería a quenda para as demáis categorías con trunfos da Atlética Lucense e Vila de Cangas nos Sub12
Por parte das rapazas destacadas actuacións de Claudia Carcel nos 60 m. e Gema Dacosta en peso e pelota, así como tamén as do lucense Rubén Martelo gañador na marcha e dos integrantes do relevo 4 x 60
ADAS Proinor e Ourense Atletismo así como Agrupación Viguesa de Atletismo e Gimnástica de Pontevedra acompañarían os equipos gañadores no caixón de podio en homes e mulleres respectivamente.
Por último na categoría Sub14 o Ourense Atletismo en mulleres e Real Club Celta en homes serían os gañadores por equipos desta categoría con trunfos parciais para as de Ourense de Sabela Miguez nos 150 m., Anxela Seoane nos 500 m. así como de Lucas Rodríguez nos 80 m. e 150 m., e de Jacobo Briones en pértega. Compartirían postos de honra cas ourensanas RIA Ferrol e Lucus Caixa Rural Galega e cos vigueses os do Millaraio e do ADAS Proinor.