Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Moita deportividade e ganas no galego de Pontevedra

Noticias FGA

Moita deportividade e ganas no galego de Pontevedra

Moitísima participación e un gran ambiente tanto nas bancadas como nas pistas foi o que se vería no Campionato de Galicia  Sub10, Sub12 e Sub14 que se desenvolveu esta pasada fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra, malia o día pasado por auga.
Os preto de 600 nenos que tomarían parte nesta gran festa do atletismo base deixarían fermosas escenas de deportividade, rivalidade, amizade sacrificio e superación.
Entre todas e cada unha das destacadas actuacións de cada un dos participantes, citarenos na categoría Sub10 a Irma Veiguela do Ría Ferrol quen gañaría os 60 m. sendo prata nos 1.000 m., ó igual que Alba del Valle do Vila de Cangas, quen lograría as mesmas posicións en pelota e altura. Interesante tamén a participación de Juan Loureiro de A Silva gañador nos 500 m. e na lonxitude como a de Hugo Casañas da Sociedad Gimnástiva quen non terían problemas para proclamarse campión galego en peso e pelota.
Xa na categoría Sub12, Daniel Salgueiro do Coruña Comarca proclamaríase campión autonómico nos 60 m. e nos 500 m. da mesma maneira que Gema Dacosta do Vila de Cangas quen dominaría os lanzamentos de pelota e o peso. Nesta mesma categoría, importante participación de Alejandro Menéndez do Maristas grazas a súa prata en pelota e o título galego en peso.
Na categoría Sub14, Sabela Míguez do Ourense A. e Lucas Rodríguez do Real Club Celta resaltarían no sector de velocidade proclamándose gañadores dos 80 m. e dos 150 m. Jacobo Briones do Val Miñor sería outro dos destacados grazas ós seus triunfos nos 80 m. valos e na pértega.
Por parte do Club A Silva os seus atletas Martiño Caneda nos 220 m. v. e 500 m., Daniel Loureironos obstáculos e na xavelina e Alejandra Souto en 220 m. v. e triplo, acadarían o ouro nas súas respectivas probas.
Outro dos clubs que contaría con actuacións individuais significantes sería o Vila de Cangas grazas ós primeiros postros, entre outras, de Abril Entenza nos 80 valos e na lonxitude e de Erea Bastónquen dominaría os lanzamentos de disco e peso.
Por último a nivel de rexistros importantes as marcas de Alex Sierpes nos 2000 m. con 6:46.85; Martiño Caneda nos 220 m. v. con 31.15 e de Abril Entenza nos 80 valados con 12.81.