Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Interesante Sub20 e Sub23 o disputado na Malata

Noticias FGA

Interesante Sub20 e Sub23 o disputado na Malata 

Polas pistas da Malata de Ferrol desfilarían esta pasada fin de semana os distintos atletas que tomaron parte no Campionato de Galicia Sub20 e Sub23 e na que os diversos obxectivos e metas de cada un deles marcarían un moi interesante campionato.
Para comezar, na categoría Sub20 o máis salientable sería a actuación de Daniel Armada do Vila de Cangas quen se faría cos títulos de velocidade tanto dos 100 m. como na dos 200 m. e na queLucía Ferrer da Gimnástica sería quen de impoñerse do mesmo modo nos 100 m. e nos 100 valos.
O atleta do Lucus Santiago Rozas, e facendo honra a ese importante núcleo de valos da capital lucense, lograría a victoria en ambas probas sendo notable os 15.07 dos 110 m.v.
Importante rexistro tamén o de Elian Nuna do Coruña Comarca nos 400 m. nos que marcaría un crono de 49.17. Os concursos de lonxitude e  triple, terían en Alexander Barreiro do Lugo Running ó seu dominador quen ademáis acreditaría na última proba uns excelentes 14.19 m.
Autoridade no medio fondo e fondo de Aida Martínez do ADAS-Proinor quen colleitaría os ouros nas probas do 800 m. e dos 3.000 m.
Por parte da Gimnástica destacada actuación das súas atletas Andrea González gañadora do peso, xavelina e bronce en disco,  e de Claudia Puig quen se imporía en disco sendo prata en xavelina e bronce en peso.
O campionato contaría ca atracción da marchadora internacional Antía Chamosa quen non defraudaría establecendo un excelente rexistro de 24:30.85
Jaime Arias do Riazor Coruña sería ó claro protagonista dos lanzamentos logo de impoñerse no peso, disco e xavelina – proba esta última con destacado lanzamento de 52.66 m.- ó igual que nos saltos Saray Amoedo do Vila de Cangas fixera o propio ca lonxitude e triplo.
Si a categoría Sub20 nos deixaba estos excelentes resultados non menos interesantes serían os presenciados no Sub23 na que depararían a consecución dun total de 15 mínimas para o Nacional de Soria.
No sector de velocidade tanto Javier García do Lugo Running como Paula Iglesias do Riazor cumpriron os pronósticos e dominaron este sector na que ademáis salientarían esos 10.85 nos 100 m. do coruñés.
Interesante actuación de Luis del Río do Real Club Celta quen sería capaz de doblar tanto nos 400 m. como nos 800 m. facéndose cos títulos autonómicos.
Novamente os lucenses Iago Núñez do Lucus e Estela Fernández do Lugo Running non darían opción o resto de rivais, proclamándose campións nas dúas probas de valos.
Nos lanzamentos o halteriófilo internacional Martín Liste do Club A Silva, quen simultanea ambos deportes, subiría ata o máis alto no caixón do podio en peso e disco, salientando neste mesmo sector o rexistro de 51.49 m. de Sergio Paredes da Gimnástica no martelo.