Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Santander, Avilés e Guadalajara punto de interese para os/as nosos/as atletas

Noticias FGA

Santander, Avilés e Guadalajara punto de interese para os/as nosos/as atletas

Varias son as frontes que a nivel nacional estarán abertas esta fin de semana para os nosos/as atletas.
Para comezar a capital cántabra de Santander, será a sede o sábado do XXXIII Campionato de España dos 100 km. absoluto e máster á que acuden os atletas do Esprintes Ourense, José María Levoso e Marisol Gómez, así como o representante do Verxel Nutrición, Ramón Villar.
A nivel de clubs o foco de atención estará en Guadalajara onde se densenvolverá o V Campionato de España de Clubs Sub14 e na que a nosa comunidade acode cos equipos do AVA, Franciscanos de Lugo e Ría Ferrol en mulleres. Nos homes tomarán parte as formacións do Millaraio e Atlética Lucense.
Para rematar a Selección Galega Sub16 acode ó Estadio avilesino “Yago Lamela” para tomar parte o sábado e o domingo no Campionato de España por Seleccións Autonómicas na que defenderán o quinto posto acadado o ano pasado en Lorca e na que os nosos virían cun total de nove medallas.