Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Escola Galega de Marcha evoluciona cara un perfil menos especializado

Noticias FGA

A Escola Galega de Marcha evoluciona cara un perfil menos especializado

O técnico, lucense de nacemento pero pontevedrés de adopción, Carlos Morales Velasco (Lugo, 1989) , facía pública fai uns días a súa intención de deixar o cargo de Director da Escola Galega de Marcha cuxo cargo viña ocupando e simultaneando co de Responsable Técnico do Sector da FGA durante os últimos anos.
Antes de abordar os motivos que o conducirían a deixar a dirección da Escola, quixemos preguntarlle sobre as orixes da mesma.
“A Escola Galega de Marcha (ESGAMAR) naceu no 2008 grazas ó apoio da Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Atletismo, co gran Santi Pérez como director. Grazas a esta Escola fóronse iniciando moitos marchadores en Galicia a nivel xeral e na zona de Pontevedra a nivel particular”
 Moitos anos de actividade que chegan ó seu fin…“Así é, co paso dos anos foise transformando en Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra ata terminar en simplemente Deporte Escolas de marcha, e a partir de agora Deporte Escolas de Atletismo, un proxecto máis a nivel provincial e de atletismo xeral”
Con todo elo decides deixar a dirección desta nova etapa… “A verdade é que puiden seguir á fronte deste novo proxecto pero non me vía polo desgaste dos últimos tempos e sobre todo porque leva perder recursos e posibilidades para a marcha atlética e o sector. Aínda que si estou a axudar ao novo director”
Facendo un repaso, moitos teñen sido os marchadores que pasaron por aquí… “Nestos nove anos de Escola saíron e pasaron por ela catro directores ademáis de min (Santi Pérez, Jorge Silva e Óscar Fernández), moitos adestradores ou monitores (Jose A. Pardal, Juan Ramilo, José Calvar, Samantha Mulloni, Carmen Escariz, Valeria Fernández, Sebi Piñeiro e non quixera deixar a niguén… ) e sobre todo, os protagonistas, os atletas. Moitos deles acabarían sendo medallistas galegos, uns cantos medallistas nacionais e uns poucos, atletas internacionais como  por exemplo Fran Durán, Daniel Chamosa, Antía Chamosa, Carmen Escariz e Iria Rivas. E mesmo dous másteres, Conchy Campos e Montse Pereira sen esquecer ós que estaban xa antes do proxecto como Eva Mª Iglesias ou Juan Carlos Ríos”
Supoñemos que moitos teñen sido os que colaboraron con este proxecto facendo que fora posible “A axuda recibida foi moi importante, e aproveito para dar as grazas a todos os mencionados anteriormente e a outros moitos que axudaron ao longo desta década no proxecto, vénme á mente moitos pais e afeccionados como Fermín Durán, Manolo Teijeiro, Alberto Rivas e moitisimos máis con maior ou menor relación. A todos e cada un dos os implicados, parabéns e grazas a todos pola axuda.
Un novo enfoque que cambia o plantexamento inicial da Escola… “Si, neste proxecto novo o obxectivo é a iniciación e promoción do deporte, nin sequera a competición de marcha especificamente,  senón de atletismo en xeral. O plantexamento é loxico en parte xa que vai de cinco anos en adiante e a esas idades especializar en marcha ou calquera única cousa non é o ideal”
Continúas ó fronte do sector Técnico de Marcha como responsable do mesmo, pero supoñemos que con novos proxectos…  “Pois agora toca mirar cara adiante coa cabeza ben alta ,orgullosa e satisfeita da nosa parte. Seguirá habendo moita marcha tanto en Pontevedra e arredores, como en Galicia. Como dicía o primeiro slogan que lembro “GALICIA MOITA MARCHA”. A verdade que non foi todo como eu esperaba…pero en parte foi un soño cumprido e prefiro quedar co positivo, sen criticar nada nin a ninguén e asumindo o malo. Quero rematar dando de novo as grazas a todos por estes dez anos e en especial os tres últimos que me tocan. Grazas tamén ao Club Atletismo Cuntis EMD, CA Vila de Cangas e resto de clubs implicados no proxecto”.