Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

Noticias FGA

A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

A Federación Galega de Atletismo está presente na feira de Sportur Galicia. Este Salón do Deporte e Turismo Activo, está orientado e destinado a todo o público deportista en calquera das súas modalidades e que vai dende os afeccionados, principiantes, maiores, nenos etc. Os visitantes que se acheguen encontrarán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
O evento que se inauguraría no día de hoxe no recinto Feiral de Expourense, estará aberto ata o sábado día 17.
Todos aqueles que visiten o noso stand ou que estén a seguir as nosas Redes Sociais (Twiter e Facebook) entrarán no sorteo dun chandal de competición da Federación Galega.