Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Os lanzamentos sacan músculo en Pontevedra

Noticias FGA

Os lanzamentos sacan músculo en Pontevedra

Destacado Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16/18/20 o presenciado a pasada fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra ca presenza de casi un cento de lanzadores.
A nivel xeral, efectuaríanse rexistros moi destacados que poñen en valor o nivel deste importante sector estratéxico para o noso deporte. Ademáis a notoria progresión dos “xóvenes valores” garanten no futuro a continuidade do peso a nivel nacional, e mesmo internacional, dos lanzamentos galegos que historicamente teñen mantido.
En canto a nivel de actuacións, destacaremos o concurso do atleta Sub20 do Real Club CeltaNicolás García quen no lanzamento de disco alcanzaría os 57.52 m. o que representa un novo récord de Galicia da súa categoría. Este rexistro supón unha mellora de máis de tres metros con relación ó anterior tope autonómico que posuía Martín Liste dende o ano 2015, representando da mesma maneira, a mínima de participación para o Campionato de Europa Sub20.
Outras das novas importantes que nos deixaría a cita autonómica, sería a consecución de varios rexistros que pasan a liderar o ránking nacional e que irían a cargo de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol en xavelina Sub20 con 43.82 m.; Irene Gómez do A.F. Celta en martelo Sub20 con 60.60 m. e a de Nicolás Ortega do Coruña Comarca quen faría o propio co lanzamento de disco Sub16 con 49.88 m..
En canto ó resto de resultados, salientar os 45.25 m. de Aarón Otero en martelo Sub16; Laura Ricoen xavelina Sub16 con 31.97 m. Daniel Mato en xavelina Sub18 con 47.71; Eric Méndez con 55.84 m. e David García con 54.27 m. en martelo Sub18; Nicolás García en disco Sub16 con 57.52 m.; Yago Araujo en martelo Sub16 con 61.68 m. e Jonatas Pereira en xavelina Sub16 con 56.03 n.
Por último, apuntar a interesante disputa mantida no concurso de disco Sub18 entre Paula Piñón do A.F. Celta e de Antía Sestelo do Ría Ferrol con triunfo final para a lanzadora celeste con 34.97 m. polos 34.35 m. da ferrolá.