Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Resumo da actuación dos Clubes galegos no Campionato de España de Clubes

 
 
Resumo da actuación dos clubes galegos no Campionato de Clubes
Boa actuación dos clubes galegos participantes na 1ª Xornada do Campionato de Clubes de División de Honra e Primeira División. Na máxima categoría  tanto os homes da Sociedade Gimnástica como as mulleres do Ría Ferrol foron terceiros nos seus encontros celebrados en Alcobendas. A destacar as victorias dos dous Victor, Riobo no 1500 e Gallego no disco e de Claudia Rojo (400mv) e Lidia Parada na xavalina. Xa na primeira división fantástico o Atletismo Femenino Celta que venceu no seu encontro con un total de 11 victorias (Laura Chapela nos 200, Esther Navarrete 1500, Uxía Pérez 3000, Jenny Fernández 3000obstáculos, Bea Viteri pértega, Lucía Pérez triplo, Eva Costas peso, Ana Revuelta disco, Noelia Ferradanes martelo, Laura Meira xavalina e o relevo 4x400). Nese mesmo encontro o Lucus foi cuarto con victoria da cadete Miriam Otero nos 100 e Paula Ferreiros nos 400. Victorias tamén para o R.C. Celta e o Afflelou Narón nos seus encontros na primera división masculino. A destacar entre os célticos as victorias de Carlos Porto, Gonzalo Basconcelos, Fernando Paredes, Luis González, David Gómez e Sergio Telleria e Mauro Triana nos 100 e 200, Miguel González, Sergio Piñón, Samuel Paz, Anxo Blanco e David Martínez por parte do Afflelou Narón. A próxima xornada disputarase o fin de semana do 7-8 de xuño.