Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Futuro e realidade esta fin de semana en Ourense

Noticias FGA

Futuro e realidade esta fin de semana en Ourense

A Pista Cuberta de Ourense agarda esta fin de semana a cita de dous destacados Campionatos de Galicia como son o Sub18/ Sub20 que se desenvolverá o sábado, e o Sub10/ Sub12 /Sub14 que acontecerá o domingo.
Cabe salientar o importantísimo número de preinscritos que se teñen anotado para tomar parte nestes campionatos e cuxa cifra total chega ós 2.848. Por sexos son as mulleres cun total de 1446 as que representan un maior número en relación ás masculinas con 1.402.
O importante número de solicitudes obrigará a seleccionar a un máximo de participantes por rexistros, que finalmente poderán tomar parte esta fin de semana nas pistas ourensás das que se agarda un importante número de bos rexistros e récords de Galicia.
A nivel das distintas actuacións interesantes que por ránking nacional poderemos ver no campionato Sub18 e Sub20, contarase ca participación de Carlos Argibay da Gimnástica que tomará parte como claro favorito (ante a ausencia de Víctor Mosteiro) nos 200 m. grazas ós seus 22.33 acreditados.
Mesma condición de favorito para o mediofondista do Coruña Comarca Elian Numa López nos 800 m. que intentará facer valer os seus 1:53.25 ante a non menos notoria ausencia do seu principal rival Pedro Osorio co mesmo rexistro. Na categoría feminina Irene Barreiro do Ría Ferrol loitará polo título autonómico Sub18 sobre a mesma distancia no que ten acreditados 2:14.78 acadados o ano pasado.
Nos concursos Raúl Cortizo da Gimnástica aspira ó dobre campionato de altura e lonxitude,  achegándose ca mellor marca dos participantes en ambos saltos de 1.87 m. e 6.64 m. respectivamente. Sen lugar a dúbidas será Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta quen acapare o centro de atención no mesmo foxo de lonxitude, logo do seu extraordinario campionato absoluto de Antequera onde lograría o cuarto posto con 6.10 m.
A campioa galega absoluta Nerea Iglesias do Fontes do Sar,  quen tamén tomaría parte nos absolutos de Antequera a semana pasada, buscará a mellora dos seus rexistros de 60 m. con 7.79 e dos 200 m. con 25.48.
Outras das actuacións destacadas será a da subcampioa de España Sub16 na tempada pasada,Belén Iglesias do ADAS Proinor, a cal aspira no seu debut desta categoría ó título galego dos 60 m.v.  Uxía Pereira da A.Lucense pola súa banda, tomará parte na categoría Sub20 sobre a mesma distancia na mellora dos seus 8.88 do pasado 20 de xaneiro.
A especialista en combinadas Eva Queimaño do A.F. Celta, figura inscrita nas probas dos 60 m.v., altura, lonxitude e peso, sendo outra das debutantes na categoría Sub18, Paula Piñón do A. Femino Celta, a que intente reeditar o título logrado o ano pasado no concurso de lanzamento de peso.