Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

RESULTADOS: VIII TROFEO ALFONSO POSADA EN PISTA AIRE LIBRE (Vigo, 28.May.2014)

 
VIII TROFEO ALFONSO POSADA EN PISTA AIRE LIBRE
Fecha:   Miércoles, 28 de Mayo de 2014
Lugar:   Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo)
Ayer miércoles 28 de Mayo, se celebró en el Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo), el VIII TROFEO ALFONSO POSADA en Pista Aire Libre, en el que participó una atleta de categoría Promesa del Ría Ferrol, que tuvo una destacada actuación:
  • LETICIA FERNÁNDEZ BARBOSA​, ganó los 1.500 m.l. Absolutos, con una marca de 4:24.99, que es mejor marca de la Temporada y marca mínima para participar en los próximos Campeonatos de España Absoluto y Promesa de Pista Aire Libre.
VIII Trofeo Alfonso Posada
O disco quentou o ambiente, e Frank Casañas (PÁX. Castelló) non decepcionou. Por dúas veces lanzou o artefacto a 62.76 m, un cm máis que en Qatar, na Diamond League, o día 9, e mellor marca española do ano; secundouno Víctor Gallego (SGP), con 53.56 m, que segue sendo o 4º español. A outra proba de lanzamentos, o martelo absoluto saldouse coa vitoria de Pablo Denís (AD Marathón), cun rexistro de 63.51 m, mellorando a súa marca desta tempada e empatando co 7º nacional. Na súa volta á competición, Nacho Fernández (RCCV) asinou 54.05 m. 
Simultáneamente disputáronse as series de 100, con vento legal e favorable. Os máis rápidos foron Sergio Rodríguez Teixeira (CoCo), 11.14 e a portuguesa Cláudia Rodrigues, 12.77. Tamén en salto de lonxitude houbo dúo gañador hispano-luso. Alberto Elena(RCCV) saltou ata os 6.66 m e Cláudia Rodrígues repetiu trofeo con 5.71 m. 
O salto con pértega volveu mostrarnos un excepcional Sergio Tellería(RCCV), que pulverizou a súa marca voando sobre 4.82 m. En rapazas, gañou Beatriz Viteri (CAFC) con 3.61 m. 
Nos 1500 m, Leticia Fernández Barbosa (R. Ferrol) impúxose con claridade, facendo mellor marca desta tempada, 4.24.99, seguida por Jenny Fernández (Val Miñor) con 4.34.71. A final masculina foi do máis emocionante da xornada cun apertado final no que Gonzalo Basconcelo (RCCV), con 3.59.81 se adiantou a Adrián Lago (CSC), 4.00.13. 
Beira Lima(Portugal) con 59.31 e Sergio González, (SGP), 53.51 gañaron os 400 m. En 1000 m, a portuguesa Silvia Silva adiantou por centésimas a María Pérez Boente (CSC), 3.13.08 por 3.13.80. A vitoria masculina foi para Lorenzo González (Val Miñor), cun crono de 2.42.19.
Cronica y fotos gentileza de For Currás
Boa participación e boas marcas, os mellores ingredientes para gozar dunha gran xornada atlética e a mellor homenaxe que se pode ofrecer a alguén que dedicou a súa vida e o seu tempo ao Atletismo. 
É o que nos deixou o VIII Trofeo Alfonso Posada celebrado en Balaídos a tarde do mércores, para deleite dos afeccionados. Cun total de duascentas participacións, de toda Galicia e Portugal, foron varias as probas que mostraron un nivel satisfactorio. Os gañadores recibiron o trofeo de mans do propio Alfonso Posada.  (ir a noticia ampliada)                                                            

Fuente:   Federación Gallega de Atletismo