Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- AMPLIA REPRESENTACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

 
 
Amplia representacion galega no Campionato de España Cadete
Un total de 34 atletas galegos (22 mulleres e 12 homes) participaran esta fin de semana no Campionato de España Cadete que se celebrará en Punta Umbría (Huelva). Nas mulleres a participación mais amplia está nos 100m na que estarán Miriam Otero, Alba Villaverde, Claudia Torres, Andrea de Paz e Carmen Gómez. A velocista do Afflelou Narón Miriam Otero estará tamén nos 300m xunto con Laura González. Nos 600m tomarán a saída Raquel Meaños, Judit García e Elba Vélez mentres que nos 1000m estarán Claudia Blanco e Arantxa Pérez. Unha única representante estará nos 1500 obstáculos, Iria Causin, e nos 3000 Aida Martínez. En saltos a representación galega contará con Raquel Peña na pértega, Elena Freiria na lonxitude e triple e Sara Amoedo e Paula Freiria tamén no triple. Completase a participación femenina con Lucía Sandar na xavalina, Andrea González no hexatlón e Antia Chamosa, Leyre Aramburu e Noa Ramíez nos 3000 marcha. Mais reducida será a representación masculina con Alejandro Parcero nos 100, Iván Carnero nos 100 e 300, Pablo Rodriguez nos 300, Abraham Rodriguez e Pablo Rial nos 600. A participación maioritaria estará nos 1000 con Lorenzo González, Jorge Sieira, Pablo Monteagudo e Adrián Vázquez. Por último, nos concursos estarán Alexander Barreiro no triple e Michael Ansah e Pedro Bastos no martelo.