Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Serie municipal: Interesante xornada de atletismo en vésperas das finais nacionais de clubs

 
 
26/06/2014 . Serie municipal: Interesante xornada de atletismo en vésperas das finais nacionais de clubs
Onte mércores disputouse a 6ª Xornada da serie municipal con menos participantes do habitual-en torno a 150 - debido á celebración este sábado de todas as finais de Liga nacional, pero con gran calidade nalgunhas das probas, e a presenza de atletas portugueses e un grupo do Tenerife Caixa-Canarias. 
A tarde arrancou cun concurso de martelo de gran nivel. Aos habituais Isaac Vicente, Pablo Denis, ambos os dous do Marathón, e Nacho Fernández (RCCV), sumáronse os irmáns Vital e Silva, plusmarquistas portugueses, deixando marcas por enriba dos 60 m. A mellor foi para Vicente con 68.83 m, na mesma liña das súas últimas actuacións, e buscando eses 70 metros que se lle resisten. 
Especial emoción tiveron tamén as carreiras de 800 m. Na feminina, Jenny Fernández Massó (Val Miñor) exerceu de "lebre", con moi boas sensacións, e a vitoria disputáronsea Leticia Fernández Barbosa (Ría) e Yuliana Velasquez (A.D.Marathón), impoñéndose esta con 2.09.21 sobre os 2.09.70 da tudense. 
A masculina contou cun plantel destacado, e discorreu moi igualada, con catro corredores entrando en meta nun intervalo dun segundo. O triunfo apuntoullo Jose González Portero (ADAS), 1.54.84, seguido polo canario Rosendo Lorenzo, 1.55.15, e os atletas do ADAS Ivo Maseda, 1.55.58 e José Mª Díaz, 1.55.83. 
Outras actuacións destacadas foron as dos pertegueiros céltico Sergio Tellería e Beatriz Viteri, que seguen competindo a bo nivel e superaron o listón a 4.81 m e 3.71 m respectivamente. David Gómez gañou a lonxitude saltando 6.80 m no seu último intento e Inés Martínez(SGP) foi a mellor en altura con 1.56 m. 
Nos 3000 m, rotundo triunfo do portugués Pedro Cruz, cun tempo de 8.27.67, seguido do seu compatriota Bruno Herriques, 8.36.84 e o xuvenil do Noia, Tariku Novales con 8.39.81.  Resultados