"44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia"
San Miguel de Oia, Vigo
Domingo 19 de Decembro de 2021
Hoxe pola mañá disputouse o "44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia" onde tivemos representación da nosa canteira.
Irma Veiguela Tizón acadaría o segundo posto sub14 tras percorrer, aproximadamente, 1km e medio, mentres que Hugo Veiguela Tizón faría o mesmo na categoría sub10 sobre unha distancia de 700m aproximadamente.