A fin de semana competitiva comezou coa "II Xornada Copa Deputación de Lugo" cunha amplia participación da nosa canteira tanto ao aire libre como no módulo cuberto, onde conseguiron bos resultados nas diferentes probas disputadas.
Na proba de 60ml sub12 competiron Hugo Veiguela, Arsenio Romero e Carolina Ramil conseguindo unha marca de 9.99s, 10.37s e 10.57, respectivamente. Nos 60ml absoluto Ricardo Negrete pararía o crono en 8.03s. Na proba de salto de lonxitude participou Rosalinda Ogie voando ata os 4.28m.
Por outro lado, nas probas disputadas ao aire libre a nosa atleta Xiana Lago lanzou o artefacto 28.28cm na proba de lanzamento de disco. En categoría sub12 tivemos a participación nos 500ml de Manuela Barza facendo unha marca de 1'48''31, Carolina Ramil cun tempo de 1'54''33, Hugo Veiguela rematando en 1'45''58 e Arsenio Romero, quen cruzaría a línea de meta en 1'55'83. Na proba do km sub12 Noa Seoane e Alicia Jove finalizaron a proba cun rexistro de 3'41''97 e 3'43''24, respesctivamente. Na media volta á pista Adrían Rivadulla faría unha marca de 25.18s, Joel Novoa rexistrou un tempo de 26.27s, Alicia Barreiro fixo 26.67s, as irmás Lucía e María Blanco pararon o crono en 28.01s e 29.63s e Candela Ruiz faría o mesmo nun tempo de 31.39s. Nos 300ml tomaron a saída Aroa Amado realizou un tempo de 48.17s, Aldara Ruiz quedaría preto da súa compañeira cun tempo de 48.30s, Desiré Manso acabou en 49.15s e Noa Grandal consegui rematar en 52.10s. E, nos 1500ml, participaron Joel Novoa e Marcos Pérez parando o crono en 4'37''59 e 4'59''77, respectivamente.