"XLIX Campeonato de España sub20 en Pista Cubierta"
Antequera (Málaga)
12-13 de marzo de 2022
A localidade malagueña de Antequera acolle esta fin de semana o Campeonato Nacional sub20 de PC onde teremos a catro atletas do noso clube.
Todo o campionato se poderá seguir a través do canle LaLigaSportsTV.
"XV Campionato Xunta de Galicia sub10 - sub12 - sub14 en Pista Cuberta"
Ourense
Sábado 12 de marzo 2022
O sábado disputaráse en Ourense o Campionato Galego de categorías menores onde teremos representación da nosa canteira.
Por un lado, en categoría feminina sub10 participará Laura Fernández na proba dos 500ml. Por outro, en categoría sub12 participará Lara Fernández nos 1000ml, mentres que nas probas de 60ml e 500ml correrán Noa Seoane e Alicia Jove
E, por último, en categoría masculina sub14 teremos a Bruno Castro nas probas de 60ml e lonxitude, mentres que en categoría feminina sub14 participará Irma Veiguela nas probas de 60ml e 500ml.
"Campeonato de España CSD Campo a Través"
Cerro de los Ángeles, Getafe (Madrdi)
Domingo 13 de marzo de 2022
O domingo dispútase o Campeonato de España CSD Campo a Través por autonomías en Getafe, onde a selección galega sub18 contará con 3 atletas do noso clube. Por un lado, en categoría masculina estará Ricardo Negrete e, por outro, en categoría feminina, a selección autonómica contará coa presenza de Carolina Santos e Carmen Carrera.
A competición poderáse seguir a través do canle LaLigaSportsTV.
¡Moita sorte a tod@s!