Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Primeira gran cita ao aire libre para os intereses dos nosos atletas sub18 coa disputa do Campionato Galego

"Jornadas salto con pértiga"

Vallehermoso (Madrid)

Venres 20 de maio de 2022

No día de hoxe celébrase as "Jornadas salto con pértiga" nas pistas de atletismo de Vallehermoso, en Madrid, onde competirá a nosa saltadora Diana Jiménez Guerrero.

"4ª Xornada Coruña Corre en Pista"

Pistas Universitarias de Elviña (A Coruña)

Sábado 21 de maio de 2022

O sábado en xornada vespertina dispútase a 4ª Xornada Coruña Corre en Pista" nas pistas de Elviña onde teremos presenza departamental.

Antía Martínez Queimaño competirá na proba de 300 metros valos, mentres que a súa compañeira Lía Caride Arufe o fará nos 200 metros lisos. Así mesmo, en peso 3kg teremos a presenza de Jana Cano Grueiro e Laura Castro Pereira , mentres que Marta Gómez Pico e Adriana Suárez López lanzarán na proba de martelo 3kg.

"Control"

Pistas de las Mestas (Gijón)

Sábado 21 de maio de 2022

Na tarde do sábado terá lugar un control dentro do Campeonato Asturiano sub18 e de combinadas onde na proba de lanzamento de martelo (4kg) participará a nosa atleta Lucía Majo Villegas.

 

"Campionato Xunta de Galicia Individual sub18"

Pistas de atletismo do CGTD (Pontevedra)

Domingo 22 de maio de 2022

Ao longo do día 22 disputaráse o "Campionato Xunta de Galicia sub18" onde contaremos cunha amplia representación tanto en categoría masculina como feminina.

Por un lado, en categoría masculina, na proba de 800ml estarán presentes Adrián Rivadulla Alonso e Ricardo Negrete Barrioluenga. En 1500ml tomarán a saída Sergio Fernández Rafales, Joel Novoa Gayoso Diego Sánchez Aneiros. E, na proba dos 3000ml participará Mohammed Kassimi Idrissi.

En categoría feminina, Lucía Blanco Méndez disputará os 400 metros valos, mentres que Alicia Barreiro López estará nos 400 metros lisos. Carolina Santos Villalón competirá nos 800 ml Carmen Carrera Veiga fará o mesmo nos 1500ml. Laura Rico Bouza tomará parte nas probas de lanzamento de xavelina (500 gr) e disco (1kg), mentres que Marina Pajón Area fará o menos na proba de martelo (3kg) 5km marcha.

"1ª Xornada Municipal 2022"

Pistas de atletismo de Balaídos (Vigo)

Domingo 22 de maio de 2022

O domingo pola tarde terá lugar a "1ª Xornada Municipal 2022" de Vigo, onde estarán presentes tres atletas do noso clube.

Por un lado, Xiana Lago Andrade competirá na proba de Peso 3kg e, por outro lado, Lía Caride Arufe estará presente na proba de 200ml onde tamén estará Lucía Sicre Maside, que tamén estará na saída dos 800 metros lisos.