Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Apretada axenda para o noso clube esta fin de semana

"Miting Ciutat de Mollet"

Mollet del Vallés

Venres 27 de maio de 2022

Hoxe celébrase o "Mitin Ciutat de Mollet" na localidade catalana de Mollet del Vallés onde estarán presentes na proba de 1500ml as nosas atletas Silvia Guerra e Marina Bagur, mentres que nas probas de 800ml e 400ml competirá Ona Alonso.

"V Trofeo Atletismo Barbarza"

Estadio da Alta (A Pobra do Caramiñal)

Venres 27 de maio de 2022

Na tarde de hoxe dispútase o "V Trofeo Atletismo Barbanza" onde contaremos coa presenza de Carolina Santos na proba de 800ml, Irma Veiguela nos 500ml, Xiana Lago en lanzamento de peso e Laura Rico na proba de xavelina 600g.

"XXXV Gran Premio Internacional Cantones de A Coruña - Trofeo Sergio Vázquez"

A Coruña

Sábado 28 de maio de 2022

O sábado pola tarde terá lugar o Gran Premio Internacional de marcha de A Coruña onde a nosa marchadora Iria Rivas estará competindo co mellorcito do panorama internacional na proba de 20km marcha.

"XXXI Reunión Internacional Ciudad de Valladolid - Trofeo Ana Pérez"

Valladolid

Sábado 28 de maio de 2022

O sábado pola tarde disputaráse tamén a "Reunión Internacional Ciudad de Valladolid -Trofeo Ana Pérez" onde competirán Talia Mara Pérez na proba de 100ml, Rocío Díaz en altura e Iris de Castro en disco 1kg.

"XXVII Trofeo Excmo. Ayto. Ciudad Real"

Ciudad Real

Sábado 28 de maio de 2022

Na xornada vespertina de mañá teremos competindo en Ciudad Real a Celia Muñoz na proba de 200ml.

"Xogade Atletismo en pista - Campionato Provincial sub10-sub12 e probas combinadas sub14"

A Pobra do Caramiñal

Domingo 29 de maio de 2022

O domingo dispútase o Campionato Provincial de XOGADE en A Pobra do Caramiñal onde estará presente a nosa canteira.

En categoría benxamín só estará presente Marcos Mauriz nas proba de 500ml 50ml.

En categoría alevín masculino soamente teremos a participación de Hugo Veiguela na proba de 500ml. Pola outra parte, en categoría femenina participarán Lara Fernández na proba de 500mlAlicia Jove en 500ml lonxitude, Noa Seoane nos 500ml 60ml Claudia Garrido en 60ml lonxitude. Asimismo, estará presente o relevo 4x60ml.

En categoría infantil teremos nas probas combinadas a Bruno Castro, Marina Blanco, Virginia Blanco Daniela Calvo.

"Trofeo 40è Aniversari AAC"

Barcelona

Domingo 29 de maio de 2022

O domingo en xornada matinal celébrase o "Trofeo 40 aniversari AAC" en Barcelona onde estará presente Ona Alonso nos 400 metros lisos.

"5ª Xornada Coruña Corre en Pista 2022"

A Coruña

Domingo 29 de maio de 2022

O domingo en xornada vespertina A Coruña acolle a "5ª Xornada Coruña Corre en Pista 2022" na que estarán presentes Sergio Fernández, Mohammed Kassimi, Diego Sánchez e Joel Novoa na proba de 1500ml. Na proba de lanzamento de xavelina 500g competirá Laura Rico, mentres que en 300 ml competirán Aldara Ruiz, Aroa amado que tamén fará os 600ml, e Ángela Vera que compaginará a proba cos 100ml.