Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Esta fin de semana deixounos varias marcas persoais

Diana Jiménez participou na tarde do venres nas xornadas de salto con pértega celebradas nas Pistas de Vallehermoso, en Madrid, onde conseguiu saltar 3.85m.

Por outro lado, esa mesma tarde, en A Pobra do Caramiñal tivo lugar o “V Trofeo Atletismo Barbanza” onde Irma Veiguela conseguiu a 2ª posición na proba de 500ml cun tempo de 1:25.87. Carolina Santos conseguiu a victoria nos 800ml cunha marca de 2:21.45, moi preto da súa mellor marca.

En lanzamento de peso (4kg) Xiana Lago acabou en 1ª posición cunha marca de 11.18m, mentres que en lanzamento de xavelina (500g) Laura Rico acabou en 2ª posición cun lanzamento de 36.20m, mellorando a súa mellor marca persoal.

E na localidade catalana de Mollet del Vallés celebrouse o “Miting Ciutat de Mollet” onde estiveron presentes tres das nosas atletas. Por un lado, Marina Bagur e Silvia Guerra competiron na proba de 1500ml acadando a 1ª e 4ª posición, respectivamente, cunhas marcas de 4:33.08 e 4:43.68. Por outro lado, a súa compañeira Ona Alonso disputou os 400ml conseguindo a 5ª posición cun tempo de 1:01.74.

Xa na xornada vespertina do sábado celebrouse en A Coruña o “Gran Premio Internacional Cantones de A Coruña” onde a nosa marchadora Iria Rivas estivo presente nos 20km marcha acadando a 31ª posición cunha marca de 1h59.35.

En Ciudad Real, coa disputa do “Trofeo Excmo. Ayto. Ciudad Real” competiu Celia Muñoz nos 200ml conseguindo a 3ª posición cun rexistro de 25’’76.

Na “Reunión Internacional Ciudad de Valladolid – Trofeo Ana Pérez” competiron Talia Mara Pérez nos 100ml conseguindo a 3ª posición cunha marca de 11’’96 e Iris de Castro na proba de lanzamento de disco (1kg) cun rexistro de 40.33m.

E para rematar a xornada do sábado, en Gijón disputouse a 2ª xornada do Campionato Asturiano sub20 onde estivo presente Paula González conseguindo o subcampionato autonómico na proba de 100ml cun tempo de 12’’79.

Na xornada do domingo tivo lugar o Campionato Provincial de XOGADE en A Pobra do Caramiñal onde a nosa canteira conseguiu bos resultados cun sinfín de mellores marcas persoais.

En categoría sub10, Marcos Mauriz conseguiu dous 3º postos nas probas de 50ml e 500ml, cunhas marcas de 8’’50 e 1:44.53, respectivamente, o que supón dúas novas marcas persoais.

En categoría sub12, Hugo Veiguela obtivo a 4ª posición na proba de 500ml obtendo tamén unha mellor marca cun tempo de 1:35.88. Na proba feminina de 500ml as nosas atletas conseguiron facer triplete ao conseguir subir ao podio en primer lugar Noa Seoane cunha nova marca persoal de 1:29.83, Lara Fernández no 2º posto cunha marca persoal de 1:30.60 e Alicia Jove con outra marca persoal de 1:31.36.

Na proba de 60ml Noa Rubiños fíxose coa victoria cun tempo de 8’’79, conseguindo así unha nova marca persoal. Claudia Garrido pola súa parte conseguiu a 14ª posición cun tempo de 9’’72.

E na proba de lonxitude Alicia Jove e Claudia Garrido acadaron a 6ª e 7ª posición respectivamente, cunha marca de 3.33m e 3.32m.

O relevo feminino 4x60 acadaría a 2ª posición cunha marca de 36’’75.

E, por último, en categoría sub14 nas probas combinadas Bruno Castro acadou a 7ª posición cunha marca de 1052 ptos., Virginia Blanco quedou en 5ª posición con 1268 ptos. e Daniela Calvo rematou no 9º posto con 1108 ptos.

Por outra banda, en Coruña disputouse a V Xornada Coruña Corre en Pista 2022 onde Joel Novoa, Diego Sánchez e Sergio Fernández competiron nos 1500ml conseguindo a 9ª, 13ª e 16ª posición respectivamente cunhas marcas de 4:31.43, 4:48.82 e 5:02.17.

Na proba de lanzamento de xavelina, Laura Rico conseguiu a 1ª posición cun lanzamento de 33.41m. Así mismo, Aldara Ruiz competiu conseguiu o 5ª posto nos 300ml cun tempo de 46’’06, mentres que a súa compañeira Aroa Amado acabou en 8ª posición cun tempo de 47’’27. Ademáis, Aroa competiu nos 600 ml onde conseguiu a 5ª posición cunha marca de 1:49’’90.

¡Noráboa a tod@s!