Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Premiacións do V Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña 2017

Noticias FGA

Premiacións do V Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña 2017

O vindeiro xoves día 25 de Outubro procederase a entrega dos trofeos ós gañadores do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2017 no salón de actos do citado organismo.
Como todos os anos agárdase que un bo número de atletas e acompañantes acuda a este premiación que contará ca asistencia dos máximos dirixentes políticos.
Para confirmar a asistencia ó acto prégase mandar un correo electrónico (así como o número de acompañantes) antes do día 21 as 23.59 a competicion@atletismo.gal
Gañadores por categorías do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2017
Categoría Absoluta: Rocío Alvite e Amador Pena
Máster 1: Eusebia Maldonado e Amador Pena
Máster 2. Elena Miguens e Manuel Oliver Pérez
Master 3. Carmen García e José Suárez
Máster 4. Elvira Tresguerras e Ramiro Pérez
Sub23. Rafel Gómez
Sub18. Vanessa Juncal e Javier Rodríguez
Sub16. Alejandra Domínguez e Antonio Luaces
Sub14. Enma Argibay e Mario Seoane
Sub12. María Fernández e Daniel Salgueiro
Sub10. Alba Morales e Javier Picos
Club Absoluto Femino. Atletismo SAR
Club Absoluto Masculino. Atletismo SAR
Club Feminino Menores. Atletismo Millaraio
Club Masculino Menores. A.D. Olimpia

Noticias Web FGA .- Comunicación urxente para os organizadores de probas en ruta

Noticias FGA

Comunicación urxente para os organizadores de probas en ruta

Segundo vimos anunciando, o día 21 de outubro remata o prazo para a tramitación e presentación de toda a documentación que a  Dirección General de Tráfico (DGT) esixirá ós organizadores para a celebración de probas de ruta na tempada 2018/2019
Adxúntase un arquivo -remitido pola citada institución- ca información dos prazos, criterios e algunhas reglas básicas que deben terse en conta para acadar correctamente a mencionada autorización.
 

Noticias Web FGA .- Membros electos á Asemblea Xeral da FGA

Noticias FGA

Membros electos á Asemblea Xeral da FGA

Logo do remate do prazo de reclamación, proclámase de maneira definitiva a relación de membros electos á Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo.
Logo desta proclamación, éntrase de cheo na seguinte fase electoral na que se presentarán as candidaturas tanto á Presidencia como a Comisión Delegada.

Noticias Web FGA .- Acordo definitivo sobre o ámbito federativo das carreiras de montaña

Noticias FGA

Acordo definitivo sobre o ámbito federativo das carreiras de montaña

O pasado día 26 de xullo o Consello Superior de Deportes publicou un acordo definitivo sobre a identificación das Carreiras de Montaña e das “Trail Running” clarificando que corresponde a Real Federación Española de Atletismo a súa competencia ata os 2.000 m. de altitude e non a Federación Española de Deportes de Montaña en base ós argumentos indicados:
Nos propios estatutos da International SkyRunning Federation, entidade á que está afiliada a FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña) que identifica as Carreiras por Montaña como aquelas feitas “por unha altitude superior aos 2000 metros, cunha inclinación mínima do 6% e unha dificultade de escalada que non exceda o grao II”.
Ademais, nos propios estatutos da IAAF (International Association of Atletics Federations), entidade á que se atopa asociada a RFEA (Real Federación Española de Atletismo) que define o Trail Running como “as carreiras que teñen lugar nunha ampla variedade de terreos, incluíndo camiños de terra, camiños forestais e carreiros de vía única, nunha contorna natural en campo aberto, tal como montañas, desertos, bosques e chairas, principalmente fóra da estrada”. En consecuencia, rexéitanse os argumentos indicados pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña) dirixidos a evitar que o Consello Superior de Deportes aceptase a modificación de estatutos realizada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) reflectindo esta realidade xurídica. Para ese efecto, a Federación Galega de Atletismo iniciou os trámites para a modificación dos seus estatutos que se aprobarán neste 2018.

Noticias Web FGA .- Licenzas 2018/2019: Normativa e novidades

Noticias FGA

Licenzas 2018/2019: Normativa e novidades

Acábase de publicar a normativa de licenzas para a tempada 2017/2018, agardándose un incremento na tramitación das mesmas que continúe ca línea alzista dos últimos anos.
Como principal novidade para este ano, e no cumprimento da nova regulamentación europea de protección de datos de carácter personal, estáblecese  a obligatoriedade do asinado do consentimento do tratado de datos, requisito sin o cal non se poderá tramitar ningún tipo de licenza.
Outra das novidades importantes e da que xa vimos informando, corresponde a caducidade das licenzas que pasarán a ter unha cobertura de 14 meses (ata o 31 de decembro 2019). Con esta medida preténdese adaptar a vixencia das mesmas ó ano natural que se fará plenamente no ano 2020.
Por último a equiparación das cuotas dos atletas individuais a do resto de federados constitúe outro apartado novedoso para esta nova campaña.

Noticias Web FGA .- Resultados provisionais a membros da Asemblea Xeral

Noticias FGA

Resultados provisionais a membros da Asemblea Xeral

Logo do proceso de votación que tería lugar durante esta fin de semana e na que se elixiría a composición dos membros da Asemblea Xeral da FGA para os estamentos de atletas (de Pontevedra) xuices e adestradores, os resultados son os seguintes;
A seguinta cita cas furnas será o vindeiro día 10 de novembro ca o Constitución da mesa electoral para elección da presidencia/comisión delegada e votación

Noticias Web FGA .- Chega outubro cargado de importantes citas

Noticias FGA

Chega outubro cargado de importantes citas 

Casi a piques de dar comezo o último mes da presente tempada, son varias as citas importantes que o calendario de actividades atléticas galegas ten pendentes.
Para comezar, a ferrolá Lucía Sicre tomará parte nan proba dos 800 m. nos Xogos Olímpicos da Xuventude que terá el lugar en Bos Aires do 11 ó 16 de outubro. A esta cita chega a xoven promesa como líder do ranking nacional cunha MMP de 2:10.63 logo de convertirse nunha asidua nas convocatorias internacionais nesta tempada.
O calendario electoral tamén contará no mes de outubro con datas importantes como son a elección a membros da Asemblea Xeral así como a presentación das candidaturas á presidencia e Comisión que lembramos rematarán no día 10 de novembro ca votación dos/as aspirantes da que sairá o novo/a mandatario/a do atletismo autonómico.
Seguindo con citas destacadas,  tanto o Franciscanos de Lugo como a Agrupación Viguesa de Atletismo tomarán parte no Campionato de España por Clubs Sub16 Final B1 que se disputará en Gijón o día 6 de outubro xunto as formacións da Universidade de León, Ciudad de Lugones, Atletismo Santurtzi e Bidezabal , o que sen lugar a dúbidas constituirá un notable peche de campaña para estas dúas formacións.
En canto a probas en ruta a disputa da multitudinaría e clásica A Coruña 10 o día 7, constitúe unha cita obrigada para os amantes do pedestrismo. Xunto ela, o Medio Maratón de Pontevedra- Caixa Bank do día 21, representa outro importante reclamo para a cidade do Lérez o mesmo que a popular e xa tradicional Carreira do Correo Gallego que este ano cumple 41 anos. Xunto elas os Circuitos da Deputación da Coruña segue avanzando no citado mes e na que nos atoparemos ca  XXXVI Carreira Pedestre da Amaía (6 de outubro), a V Carreira Popular Concello de Fisterra  (14 de outubro) e a XIX Carreira Pedestre Popular Concello Ames (21 de outubro). Non menos importante son os Circuito de Corresán de Santiago ca súa Ruta da Prata – Angrois do día 13, ou a de Correndo por Ourense que se achega a Carreira da Carballeira o día 21.
As citas da IX Carreira Pinga a Pinga do día 6 en Marín; a IX Carreira Popular Concello de Xermade do día 13, o VIII Memorial Manuel Bergueiro da Estrada e a II Carreira Solidaria para as familias Desfavorecidas de Cambre, ambas no día 14 , así como a X Carreira Popular Arumes do Corgo – Memorial Quique Casanova do día 20,  constitúen tamén unha oferta interesante para quenes gusten do asfalto.
Para rematar o XXIII Cros Escolar A.D.Castro – San Miguel do día 28 marcará o comezo da tempada de campo a través da nosa comunidade.

Noticias Web FGA .- O atletismo galego elixe ós/ás membros da Asemblea Xeral este sábado

Noticias FGA

O atletismo galego elixe ós/ás membros da Asemblea Xeral este sábado

O calendario electoral da Federación Galega de Atletismo continúa avanzando cara ese día 10 de novembro no que se producirá a votación ó/á futuro/a presidente/a do organismo deportivo autonómico.
Antes desa data, outra non menos importante cita cas urnas, será a designación dos membros da Asemblea Xeral este sábado día 29 de 16:00 a 20:00 horas. Para elo constituirase unha mesa por circunscripción cuxa ubicación estará nos seguintes locais:
A Coruña (Sede FGA) Avenida de Glasgow 13. Complexo Deportivo de Elviña.
Lugo (Delegación FGA en Lugo) Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Ourense (Delegación FGA en Ourense) Estadio de O Couto.
Vigo (Delegación F.G.A. en Vigo) Casa do Deporte. Fotografo Luis Ksado 17.
Ferrol (Delegación F.G.A. en Ferrol) Pistas de Atletismo de A Malata.
Pontevedra (Delegación F.G.A. en Pontevedra) Estadio da Xuventude – CGTD.
Santiago (Delegación F.G.A. en Santiago) Estadio da Universidade.
O Barco de Valdeorras (Delegación F.G.A. en Valdeorras) Estadio de Calabagueiros.

A proclamación provisional de candidatos electos farase o día 2 de outubro sendo a súa proclamación definitiva o día 10 do mesmo mes.

Noticias Web FGA .- Resolución definitiva das bolsas concedidas para o grupo de rendemento do CGTD

Noticias FGA

Resolución definitiva das bolsas concedidas para o grupo de rendemento do CGTD

Resolución definitiva das solicitudes rendemento 2018-19

 

Noticias Web FGA .- Cambios nas licenzas para esta tempada

Noticias FGA

Cambios nas licenzas para esta tempada

No día de hoxe están convocados na sede da RFEA en Madrid, todos os Secretarios Xerais das distintas Federacións territoriais na procura de fixar posturas no tocante as normativas de licenzas de cara a presente tempada, entre outras cuestións.
Como principal novidade, compre salientar que a vixencia tanto de fichas como dos seguros terá unha duración este ano de catorce meses co obxecto de adaptar a tempada ó ano natural e facer que xa no 2020 acaden esta condición plenamente.
En breve publicarase a Normativa de Licenzas e seguros para a tempada actual.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA