Noticias FGA

Noticias Web FGA .- A Copa de Clubs Máster, agarda polos gañadores e gañadoras

Noticias FGA

A Copa de Clubs Máster, agarda polos gañadores e gañadoras

Esta fin de semana Riazor dará acollida a segunda edición correspondente a Copa de clubs Máster en pista cuberta que contará coa participación dun total de 146 atletas en representación dun total de once clubs.
Na categoría feminina tomará parte o club que defende o título acadado na primeira edición do ano pasado o Samertolameu, e na que xunto él competirán na loita polo mesmo trofeo o Club Atletismo Sada o Atletismo Narón e o C.A.I A Estrada debutantes nesta Copa.
A categoría masculina contará con máis rivalidade xa que serán nada menos que sete as formacións que loiten pola Copa. Ca ausencia do gañador do ano pasado ADAS Proinor, o favorito a priori será o C.A. Santiago quen o ano pasado acadaría o subcampionato, malia que para elo terá que competir contra os equipos de Marineda Atlético, Sanmertolomeu, C.A.Narón, C.A. Sada,Ourense Atletismo, e o C.A. O Pino.
A nivel individual, contarase ca participación do medallista internacional Xosé Luis Otero Cepeda quen defenderá as cores do C.A. Santiago sobre a proba dos 1.500 m.
A competición, que se tería que adiantar sobre a data prevista inicialmente (ó precisar o Concello a instalación para a disputa da Copa da Raíña de Hockey patíns), desenvolverase a unha soa xornada dando comezo as 16:30 h. para rematar sobre as 19:20 h.
 

Noticias Web FGA .- O futuro e presente do Campo a Través deuse cita en A Rúa

Noticias FGA

O futuro e presente do Campo a Través deuse cita en A Rúa

Excelente xornada a vivida no día de hoxe no Concello de A Rúa na que se presenciaría un bo número de probas correspondentes á disputa de varios campionatos de Galicia de campo a través.
A gran festa do atletismo na que se convertiría a xornada, daría comezo as 10:30 horas ca posta en marcha do Memorial Alejandro Lorenzo, reservada para as categorías base Sub10, Sub12 e Sub14 do noso atletismo.
Importantes e destacadas actuacións da canteira no Memorial Alejandro Lorenzo
Cun ceo moi nubrado na que de maneira intermitente a choiva faría acto de presenza, daríase a saída ás atletas da categoría Sub10. Sobre unha distancia de 800 m. os títulos individuais serían para Carmen Paz do Atletismo Noia e José Hervella do ADAS Proinor. Por equipos sería precisamente o ADAS o gañador na categoría masculina, correspondendo ó Ourense Atletismo o campionato galego na categoría feminina.
Na categoría Sub12 o protagonismo foi para a formación do C.A. Vila de Cangas quen se imporía nas dúas categorías no apartado de clubs acadando ademáis a súa atleta, Sabela Castelo, o título de campioa galega. Nos homes sería un dos favoritos, Alex Sierpes do C.A.Trega quen se fixera co título.
Se o Vila de Cangas dominaba a categoría anterior, sería a Atlética Lucense quen fixo ó propio na última das carreiras Sub14 que pechaba o Memorial. Os lucenses impuxéronse por clubs tanto en homes como en mulleres, sendo ademáis  unha das súas atletas máis talentosas, Xela Martínez, quen se proclamaría campioa galega desta categoría. Nos homes e no terreo individual, a victoria sería para Mohamed Norddine do Franciscanos de Lugo.
Moita competitividade no Galego Sub16 e Sub18
Seguindo ca disputa desta xornada tan propia do campo a través a nivel climático, ás 12.05 h. dábase a saida da proba Sub16 sobre unha distancia de 2.700 m. para as participantes. Nesta carreira Laura Carracedo do C.A.A Estrada resultaría vencedora a nivel individual sendo Pablo Vázquez do Real Club Celta quen ademáis de impoñerse, contribuiría de maneira importante ó triunfo dos celestes por clubs. Nas mulleres, o Ourense Atletismo colleitaría novamente outro título malia susto que nos deixaría (afortunadamente sen importancia) unha das súas máis destacadas atletas, Carolina Santos.
Na Sub18 cumpriríanse os pronósticos con triunfos dos e das favoritos e favoritas, así Carla Guisande do C.A.Beade e o atleta internacional El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio A Estradaproclamaríanse campións galegos xunto ós equipos da Atlética Lucense en homes e o Atletismo Friol en mulleres
ADAS Proinor estrea o casilleiro do galego de clubs mixto.
Por último na primera edición correspondente ó I Campionato de Galicia por relevos mixto, o trofeo iría parar as vitrinas da formación valdeorresa do ADAS Proinor integrada por  Sandra Mosquera, Iván Roade, Joana Filipa Pereira, e Alejo Ares Prada, quenes estarían acompañadas no podio pola Sociedad Gimnástica e polo Lucus Caixa Rural Galega en segunda e terceira posición respectivamente.
Agradecemento
Ó remate, o alcalde do Concello de A Rúa Luis Fernández, quixo amosar a súa gratitude a FGA pola súa implicación atlética con este Concello nos últimos anos, facéndolle entrega dunha placa ó seu presidente, Isidoro Hornillos.
 

Noticias Web FGA .- Queimaño e Saínz Maza, dominaron o galego de combinadas

Noticias FGA

Queimaño e Saínz Maza, dominaron o galego de combinadas

Baixo un calendario oficial de probas ateigado de grandes citas, desenvolveríase no módulo cuberto de Lugo esta fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.
Nesta edición os títulos corresponderían ós atletas internacionais do Celta, Eva Queimaño con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza, con 4.698 p. quenes cumpriron os pronósticos proclamándose campións galegos absolutos.
A celeste tan só cedería no concurso de altura que sería gañado por Lucía Seijas da Atlética Lucense (prata con 2.666 puntos) así como na proba dos 800 m. na que sería superada pola leonesa  Raquel Martínez quen tomaba parte fora de concurso. A medalla de bronce foi para a tamén céltica Sub23 Xela Calvo con 2.377 puntos
A atleta Sub16 do Franciscanos de Lugo Lucía Sánchez del Valle sería outra das destacadas xa que establecería no concurso de Pentathlon unha puntuación de 3.240 puntos o que podería representar (á espera do que determine o CGX) un novo récord galego Sub16.
Nos homes Adolfo Saínz Maza dominaría o concurso de lonxitude con 6.52 m.; peso con 11.54 m. e altura con 1.92 m. sumando un total de 4.698 puntos. O subcampionato de Galicia iría parar ás mans de Alejandro Romero do Atletismo Narón con 4.025 puntos sendo o bronce para o tamén naronésAdrián Carreira con 2.506 puntos
Os campións de Galicia na presente edición foron os seguintes:
  • Campións galegos absolutos:  Eva Queimaño do A.F. Celta con con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza do R.C. Celta con 4.698 p.
  • Categoría Sub16: Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo con 3.240 p. e Mateo Aller do C.A. Millaraio con 2.900 p.
  • Categoría Sub18: Andrea Reija do A.F. Celta con 2.991 p. e Yago Boleas da S.Gimnástica con 4.209 p.
  • Categoría Sub20: Eva Queimaño do A.F. Celta con 3.120 p. e Mario Cabaleiro do C.A. Santiago con 3.735 p.
  • Categoría Sub23: Xela Calvo do A.F. Celta con 2.377 p.
  • Categoría Máster masculino: José Domínguez da Atlética A Silva con 3.103 p.; Fernando Míguez do C.A. Sada con 2.280 p. e Javier Viteri do Ourense Atletismo con 2.828 p.
  • Categoría Máster feminino: Cristina Estévez do A.F. Celta con 2.955 p.

Noticias Web FGA .- Cambio de data na II Copa de Clubs Máster

Noticias FGA

Cambio de data na II Copa de Clubs Máster

A II Copa de Clubs Máster desenvolverase no Pazo dos Deportes de Riazor o vindeiro día 2 de febreiro, logo de que o Concello da Coruña anunciara que as datas nas que estaba fixado (16 de febreiro), estarán ocupadas para acoller a disputa da Copa Raíña de Hockey Patíns.
Esta medida, que obriga a adiantar a celebración do campionato unha semana, sería consultada no día de onte ós membros da Comisón Delegada que darían a súa conformidade ó citado cambio.
Por tal motivo o prazo límite de presentación do estadillo para aqueles clubs interesados, pasará a ser a do luns día 28 antes das 20:00 h.

Noticias Web FGA .- A Rúa acolle a gran festa do campo a través galego

Noticias FGA

A Rúa acolle a gran festa do campo a través galego

Chega esta fin de semana ó Concello de A Rúa unha das citas máis importantes da tempada de campo a través na que presenciaremos unha boa cantidade de Campionatos de Galicia nas súas distintas categorías e modalidades. Baixo unha participación de preto de novecentos atletas, iranse desenvolvendo ó longo da mañá cada un dos eventos programados a partir das 10:30 h. e no que a novidade máis importante será a disputa da primeira edición do campionato autonómico mixto por relevos.
A primeira das probas que abrirá esta macro xornada será o XXIII Memorial Alejando Lorenzo, reservado para as categorías menores Sub10, Sub12 e Sub14  que arrincará as 10:30 horas da mañá. Nesta edición, preto de 500 atletas chegados de todas as partes da nosa comunidade competirán sobre distancias que irán dende os 800 m. ata os 2.500 m. e no que poderemos ver as evolucións dos que no día de mañá estarán chamados a ser os novos referentes dunha modalidade con moito peso e importancia histórica no noso deporte.
Continuando cas distintas carreiras programadas, o Alejandro Lorenzo dará paso sobre as 12:05 horas, ó Campionato de Galicia Sub16 e Sub18 individual e por equipos na que contaremos con algúns dos atletas máis importantes que xa o ano pasado amosarían as súas credenciais. Entre eles se atopan Antón Martínez da Atlética Lucense, bronce no galego escolar Sub16 e Brais Picóndo Fontes do Sar , gañador galego Sub14.
A debutante na categoría Sub16 feminina Carolina Santos do Ourense Atletismo parte a priori como unha das favoritas ó título nesta categoría ó igual que a tamén “nóvel” Laura Carracedo do A. Estrada, que estará na loita polas postos de honra.
Na categoría Sub18 masculina o indiscutible protagonista será de novo unha das xoias do atletismo galego, o atleta internacional de San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui que debería estar acompañado por Hugo García do R.C. Celta e por Martín Rivera do Ourense Atletismo como atletas importantes na loita polas medallas.
Non menos interesante será a carreira Sub18 feminina na que tomarán parte prácticamente a totalidade das medallistas galegas do ano pasado na Sub16 e Sub18 e na que se atopan Elsa Penado At. Tui, Carla Guisande do Beade, Noelia Sánchez do Friol, así como Paula de la Torre e Blanca Armenteiros da Gimnástica.
Por último, a xornada atlética pechará as 13:45 horas ca saída da primeira edición correspondente óCampionato de Galicia de relevos mixto. Neste formato, na que os equipos están compostos por dous homes e dúas mulleres, a emoción estará garantida ca presenza de doce equipos entre os cales se atopan tanto a Sociedad Gimnástica de Pontevedra  (con Manuel Hurtado, Carlos Porto, Eva Cid e Inés Castaño) e o ADAS Proinor  (Alejo Ares, Iván Roade, Sandra Mosquera e Joana Monteiro) cuxa loita será sen lugar a dúbidas, un dos pratos fortes da xornada.

Noticias Web FGA .- Chamosa e Vieiro, poñen calidade na Marcha galega

Noticias FGA

Chamosa e Vieiro, poñen calidade na Marcha galega

A marchadora internacional Antía Chamosa do A. Valladolid (Sub23) e Roberto Vieiro do C.A. Santiago, (Sub20), proclamaríanse esta fin de semana campións galegos absolutos de Marcha na edición autonómica que se desenvolvería en A Pobra do Caramiñal. Xunto eles, estarían no caixón dos premiados os atletas Máster José Fernández do Celta (Máster 35) e Juán Manuel Morales do Marineda, así como Iria Rivas do Ría Ferrol e Inés Valentín do Ourense Atletismo na categoría feminina.
O día, que a nivel climatolóxico sería propio da estación invernal, contaría cunha destacada presencia de marchadoras e marchadores achegados de todas as delegacións que competirían contra o rigor das inclemencias, amosando as gañas de facer unha boa competición. Esta proba contaba ademáis, co engadido de ser determinante para establecer a selección que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España da modalidade que acontecerá no Vendrell.
Continuando cos resultados e dando paso ó resto de categorías Antón Martínez da A. Lucense proclamaríase campión galego Sub16 sobre nos 5 km. cun rexistro de 26:24 sendo a marchadora do Ourense A. Silvia Ramos a dominadora na categoría feminina con 29:12
Na categoría Sub14 Pablo Sánchez da A. Lucense subiría ó mais alto do podiu con 15:50, indo a parar o título feminino á marchadora do ADAS Proinor María Martín con 17:10.
O Vila de Cangas tería en Sabela Castelo a súa protagonista Sub12 sobre a proba dos 2 km. con 10:36 correspondendo a primeira posición na categoría masculina para Alex Sierpes do Trega.
Por último, o triunfo dos máis cativos na Sub10 e sobre 1 km., iría parar a Sheila Varela do Ourense Atletismo con 6:01 e a Tomás Bautista do A. Porriño con 6:02.
No resto de resultados:
Brais Prieto do Durango Kirol con 48:55 na Sub23; Iria Rivas do Ría Ferrol con 52:56 na Sub20; Hugo Martínez da A.Lucense con 50:26 e Nerea Lage do A.Friol con 59:00 na Sub18; Conchi Campos do A. Cuntis con 59:14 na Máster 35; Manuel Polo do A. Narón con 54:35 na Máster 45 e Pedro Abeledo do A. Narón con 1h.00:23 na Máster 50.

Noticias Web FGA .- Ourense vibrou cun fantástico campionato

Noticias FGA

Ourense vibrou cun fantástico campionato

Remataría no día de hoxe a edición número trixésimo cuarta correspondente ó Campionato de Galicia de Pista Cuberta na que os bos rexistros e a emoción estarían presentes ó longo das dúas xornadas desta importante cita autonómica que pecharía con catro novos récords autonómicos (un igualado)
Por sectores e comezando ca velocidade, Javi García imporíase nunha emocionantísima final dos 60 m. a Javi Cancela por tan só unha centésima, marcando o atleta do Lugo RC Ramos Loures 7.00 polos 7.01 do santiagués. Na categoría feminina “explosión” da santiaguesa do Fontes do Sar Sub18Nerea Iglesias quen tomaba parte tanto nos 60 m. como nos 200 m. Nestas distancias non só imporía o seu dominio, que fan dela a líder da velocidade curta galega, si non que ademáis a marca acreditada nos 200 m. de 25.48 representa un novo récord galego Sub18, igualando de igual modo o seu propio tope autonómico dos 60 m.l. con 7.79 acadado a semana pasada nesta mesma instalación o que a convirten na clara protagonista destos campionatos.
O coruñés do Playas de Castellón, Mauro Triana competindo pola rúa exterior, establecería un formidable rexistro de 21.48 sobre os 200 m. que o deixarían as portas do récord galego que él mesmo ten de 21.45, e que o convirten no líder claro do ranking nacional da proba así como un dos serios aspirantes ó título nacional absoluto do vindeiro día 16 e 17 de febreiro en Antequera.
De novo Paula Iglesias do Riazor Coruña protagonizaría unha das sorpresas do campionato ó establecer na proba dos 400 m. un novo récord galego Sub23 cun rexistro de 55.11 que melloran en 24 centésimas o récord que ela mesma tiña dende o ano pasado, e que confirman á atleta coruñesa como unha das grandes especialistas nacionais da especialidade ó situala de segunda no ranking nacional da súa categoría.
Nos homes Sergio Teixeira do Coruña Comarca lograría o seu primeiro título autonómico na distancia dos 400 m. cuns moi interesantes 49.22 (MMP) sendo segundo David Abalde que tamén baixaría da barreira dos “cincuenta” con 49.65.
Os valados tiveron acento lucense como ven sendo habitual nos últimos tempos. Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural proclamaríase campión galego con 8.24 (MMT) mellorando os 8.34 que tiña dende fináis de decembro, correspondendo o título feminino para Uxía Pereira da Atlética Lucense que baixaría dos nove segundos con 8.92
Continuando co medio fondo, a mundialista Solange Pereira que viña de competir o día anterior en Valencia acadando a mínina europea para Glasgow na proba dos 1.500 con 4:10.39, non quixo perder a cita autonómica tomando a saída sobre os 800 m. que remataría cun rexistro de 2:06.95, ocupando o segundo lugar a tamén internacional Sub20 Lucía Sicre do Ría Ferrol quen cun excelente crono de 2:15.07 sitúase nos primeiros lugares do ranking nacional na súa categoría. En homes, salientable a actuación do Sub20 Elian Numa López do Coruña Comarca, quen entraría en meta cun importante rexistro de 1:53.25 (MMP) que de igual modo,  colócano nos postos altos do ranking nacional da súa categoría
Na proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., Alejo Ares do ADAS Proinor en excelente estado de forma, lograría o triunfo cun rexistro de 3:57.30 polos 4:02.57 dun dos a priori favoritos, Gonzalo Basconcelo. Nas mulleres emoción e calidade de Alice Marie Genevieve do A.F.Celta na procura da súa selección con Francia para tomar parte nos europeos de Glasgow . O seu rexistro de 4:17.45 si ben é mínima, non lle permite a súa presencia. No tocante a actuación das galega, o novo valor emerxente da distancia, a gimnástica Sub18 Paula de la Torre imporíase cun bo rexistro de 4:50.10 ocupando a segunda posición Sandra Mosquera a tres segundos da campioa.
Na carreira de fondo dos 3.000 m. púdose presenciar a veteranía e calidade de Manuel Hurtado,quen “debutaría” ós seus 35 anos nun galego indoor, sumando un título máis no seu palmarés con 8:21.39 e igualando a súa MMP. Nesta mesma distancia o atleta Sub18 El Mehdi El Nabaoui do C.D. San Paio A Estrada deixaría unhas excelentes sensacións, acadando o terceiro lugar no absoluto ó establecer un rexistro de 8:29.24 que o colocan de maneira moi destacada ó fronte do ranking nacional da súa categoría.
Uxía Pérez Bugarín protagonizaría unha interesantísima e emocionante carreira nos 3.000 m. que lle darían a medalla de ouro con 10:03.26 por diante de Laura Santos do Lucus de a tamén lucense Sub14 Xela Martínez quen establecería un formidable rexistro de 10:14.10
Xa nos concursos e comezando cos saltos, a pértega masculina tería un claro dominador enMiguel Cajaraville do R.C. Celta impoñéndose con 4.61 m. a un Santi Ferrer que chegaría ata os 4.51 m. sendo en mulleres Bea Viteri quen cumpliría os pronóticos ó rebasar o listón a 3.61 m. Na altura os protagonistas serían os atletas de combinadas Lucía Seijas da E.A. Lucense e o internacional do Celta Adolfo Sáinz Maza os dominadores  logo de impoñerse con 1.62 m. e 1.91 m. respectivamente.
Un dos principais focos de atención estaría no corredor de lonxitude onde tomaría parte o olímpicoJean Marie Okutu quen chegaría ata os 7.59 m. mellorando a súa MMT de 7.34 m. o que lle permite liderar o ranking nacional absoluto. Neste mesmo concurso, pero na categoría feminina, a Sub20 internacional do A.F. Celta  Olaia Guisela Becerril, marcharía ata os 5.80 m. do seu quinto salto, mellorando en 40 cm. a súa MMT e escalando postos ata o terceiro lugar do ranking nacional da súa categoría.
O concurso de triplo tería de novo a Sub16 Alba Cuns do Atletismo Negreira, a súa principal protagonista xa que ademáis de acadar o título galego absoluto con 11.72 m. lograría un novo récord galego da súa categoría ó mellorar os 11.69 m. que ela mesma tiña dende o pasado 12 de xaneiro e que confirman a esta talentosa saltadora, como unha das “revelacións” da tempada. Nos homes, Anxo Blanco da Gimnástica tería que agardar ata o seu último salto para mellorar por seis centímetros os 14.69 m. do segundo intento de Alberto Elena do Celta, quen non completaría por problemas físicos o seu concurso de triplo.
Para rematar, o lanzamento de peso daría un novo título a Víctor Gallego da Gimnástica, que segue a incrementar a súa lenda que o confirman como o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Desta vez gañaría con 16.31 m. do seu último lanzamanto. Xa en mulleres, victoria paraRaquel Villa do A.F. Celta quen acreditaría 11.32 m. polos 11.22 m. da xavelinista internacional da Gimnástica Andrea González.

Noticias Web FGA .- Trinta anos de marcha nos campionatos de Galicia

Noticias FGA

Trinta anos de marcha nos campionatos de Galicia

Preto de 160 marchadoras e marchadores tomarán a saída o sábado día 19 a partir das 16:45 horas no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta que se desenvolverá polas rúas do Concello de A Probra do Caramiñal, e que se disputará conxuntamente co I Trofeo de Barbanza de atletismo en ruta. Con esta edición cúmprense trinta anos de marcha nos campionatos galegos no que ven representando un importante e destacadísimo sector do noso atletismo.
A nivel de inscritos, contarase cá actuación da atleta internacional Antía Chamosa do C.A. Valladolid quen tomará parte na proba dos 10 km. xunto a súa compañeira de equipo Leyre Aramburu. Xunto elas, destacada presenza de Mar Chillón do A.F. Celta, e das dúas marchadoras do Ría Ferrol, Iria Iglesias e Samantha Mulloni.
Na categoría masculina Daniel Chamosa, quen está saindo dunha lesión, parte como cabeza de cartel dunha proba que contará ca presenza do actual campión Jose Fernández do R.C. Celta quen aspira a reter o título. Juan Manuel Morales do Marineda será outro dos atletas importantes que estará na loita polos postos de honra. Xunto eles, Roberto Vieiro do C.A. Santiago e Brais Prieto do Durango Kirol conformarán este pelotón de destacados marchadores.
Esta cita servirá como último test importante de cara a establecer a lista de seleccionados e seleccionadas que representarán a Galicia no Campionato de España do vindeiro día 10 de febreiro no Vendrell.

Noticias Web FGA .- Ourense ultima os preparativos para o seu absoluto

Noticias FGA

Ourense ultima os preparativos para o seu absoluto

Este vindeiro fin de semana a Pista Cuberta de Ourense, vivirá a súa gran festa atlética da tempada en interior ca disputa do Campionato de Galicia Absoluto e Sub 23 que xuntará a un importante número de atletas.
A partir das 10:30 horas do domingo máis de 600 atletas femininos e masculinos tomarán parte nesta edición trixésimo cuarta na procura dun bo rexistro co cal poder satisfacer as distintas aspiracións de cada un deles e delas.
Haberá como é costume nesta cita, moita emoción e igualdade nas probas,  favorecéndose o feito de que este ano se decidira incluir a competición no calendario nacional ca finalidade de favorecer a presenza de atletas importantes.
Por parte destacada galega contaremos ca actuación da mundialista absoluta Solange Pereira nos 800 m. e nos 1.500 m. e que xunto ó olímpico Jean Marie Okutu en lonxitude e a internacional en triplo Ruth Ndoumbe darán cartel a esta importante cita.
Como atletas comunitarios destacados confírmase a presenza do gran valor luso do medio fondo, a atleta Sub20 cuarta sobre os 1.500 m. nos mundiais da súa categoría de Tampere, Mariana Machado quen tomará parte nos dos 800 m. e dos 1.500 m.  compartindo distancias con outra das destacadas, a francesa nas ringleiras do Celta Feminino, Alice Marie Finot.
Xunto elas e eles estarán tamen algúns dos atletas importantes así como os máis emerxentes do noso atletismo entre os que salientamos a Lucía Sicre do Ría Ferrol quen tomará parte nos 800 m.;El Medhi el Naboaui do C.D. San Paio A Estrada quen o fará sobre os 3.000 m.; Eva Queimaño do A.F. Celta no concurso de altura; Mauro Triana do Playas de Castellón sobre os 200 m.; Alejandro Fernández do Ourense At. nos 3.000 m.;  Adolfo Sainz Maza do R.C.Celta sobre  a pértega, altura e 60 valados; Andrea González da S.G. Pontevedra en peso; Olaia Guisela Becerril do A.Femenino Celta en lonxitude e Paula Iglesias do Riazor Coruña nos 400 m. entre outros e outras.

Noticias Web FGA .- A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Noticias FGA

A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Atletismo Femenino Celta con 79 puntos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 88 p. proclamáronse no día de hoxe campións da XV Copa de Galicia de pista cuberta que se desenvolvería nas instalacións cubertas de Expourense baixo un gran ambente deportivo.
Unha vez máis o equipo masculino pontevedrés revalidaría o título copeiro que leva gañando nas últimas cinco edicións ó mesmo que as atletas do Celta Feminino que de igual modo, repiten título por cuarta vez consecutiva.
Xunto ós campións masculinos, estarían ocupando postos de podio o Atletismo Narón con 72,5 puntos e o Atletismo Santiago con 68 p.,  sendo a Sociedad Gimnástica con 78 p. e o Ría Ferrol con 72,5 p. os que farían o propio na categoría feminina.
A tónica dominante sería o gran ambente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferencia.
Compre salientar o trunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos a formación que preside Paula Mariño. Non menos meritorio sería tamén por parte viguesa pero masculina, a súa remontada ata casi rozar o podio malia a descalificación de David Ngwudile nos 200 m. e na que o Atletismo Santiago non deixaría pasar a oportunidade de seguir facendo historia e medrando no deportivo ó facerse ca terceira praza.
Por parte do equipo pontevedrés os trunfos parciais virían da man de Carlos Porto sobre os 1.500 m. con 4:04.58, Joao Alexandre Riveiro nos 60 m. valos con 8.31, David Ferrer en lonxitude con 6.85 m , Santi Ferrer en pértega con 4.50 m., Victor Gallego e peso con 15.93 m. así como a proba de relevos que sería gañada cun rexistro de 4:37.74
No tocante ó Atletismo feminino Celta as súas victorias virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 cun excelenre rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e  equipo de relevos con 5:29.55

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA