Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Xa se pode delixenciar a nova Licenza de Ruta e Trail Running

Noticias FGA

Xa se pode delixenciar a nova Licenza de Ruta e Trail Running

Xa se pode dilixenciar en Galicia a Licenza de Ruta e Trail Running, aprobada pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo e feita conxuntamente coa Real Federación Española e resto de Federacións Autonómicas.
Os ámbitos na que se poderán empregar serán:
  1. Autonómico
  2. España, Andorra, Pirineo Francés, Portugal e Marrocos
  3. España, Europa e Marrocos
  4. Mundial, agás países en conflicto de guerra
Esta nova licenza representa para os amantes do “Trail Running” un conxunto de importantes medidas nas que cabe citar a ampla oferta deportiva, así como a cobertura sanitaria tanto nos adestramentos como na propia competición.
Normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña e trail 2018 – 2019
Seguindo con este asunto, vense de facer pública mediante a Circular FGA 07/2019 as condicións ofertadas pola citada Federación no tocante a normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña a trail onde se recollen todos aqueles aspectos organizativos, económicos e funcionáis destas probas.

VER CIRCULAR 

Noticias Web FGA .- Emoción e espectáculo na Copa de Clubs

Noticias FGA

Emoción e espectáculo na Copa de Clubs

Chega este domingo á instalación cuberta de Ourense unha das competicións máis vibrantes e vistosas de cantas se poden disfrutar no calendario atlético de probas oficiais nesta tempada. A Copa de Clubs de Pista cuberta, da o pistoletazo de saida ás grandes citas por equipos que este ano terán por sede os principais esciarios galegos e que esta fin de semana xuntarán na cidade das Burgas, a un total de dazaseis equipos e a preto de 250 atletas na procura deste prezado título en xogo.
A priori na categoría masculina a Gimnástica de Pontevedra parte como claro favorito logo de impoñerse nas catro últimas edicións, malia que haberá que agardar ó que faga o Celta quen xa desbancaría ós pontevedreses do título de aire libre do ano pasado. Da mesma maneira na categoría feminina serán as celestes quenes partan con esa etiqueta de favoritas a expensas do que poidan facer Ria Ferrol, ADAS Proinor e Gimnástica de Pontevedra aspirantes claras a podio e título.
A nivel individual contarase ca presenza de destacados atletas entre os que cabe citar a Javi Cancelas do A. Santiago e Nerea Iglesias do Ria Ferrol quenes tomarán parte nos 60 m.l.  Elian Nuna, quen corre como filial do LUCUS, competirá sobre os 400 m. sendo o celeste Gonzalo Basconcelo quen o faga sobre os 1.500 m.  Alex Fernández do Ourense Atletismo, que sobre o asfalto ven de amosarse intratable, sairá nos 3.000 m, contando os concursos cas actuacións tanto de Anxo Blanco en Triplo como de Victor Gallego en peso, ambos da Gimnástica.
No tocante a categoría feminina, Raquel Lameiro en triple e Sandra Mosquera nos 3.000 m. competirán ca camiseta do ADAS Proinor, facendoo ca do A.Femenino Celta Eva Quimaño en altura,  Andrea Pais nos 200 m. e Alice Marie Genevieve nos 1.500 m.

 

Noticias Web FGA .- Nova composición da Xunta Directiva da FGA

Noticias FGA

Nova composición da Xunta Directiva da FGA

Continúanse perfilando as distintas áreas e estructuras internas da Federación Galega de Atletismo neste novo mandato. Isidoro Hornillos, presidente da FGA e profesor da Universidadade de A Coruña, rematou a composición da Xunta Directiva que acompañarán ó ex atleta olímpico en Moscú 80, nesta nova lexislatura que acaba de principiar
Lalo Gómez, vicepresidente primeiro 
No apartado de vicepresidencias sitúase ó fronte Eladio Gómez experto en marketing e empresario do sector deportivo.  Xuíz, atleta e presididente do Club Atletismo Aurum, iría gañando importancia e proximidade no entorno federativo nos últimos anos. El ocupará a vicepresidencia primeira sendo o responsable da coordinación con todos os estamentos atléticos.
Catro vicepresidencias
Ramiro Cillera será outras das incorporacións. Licenciado en ADE pola USC, este empresario dos Seguros e do Téxtil e presidente do C.D. San Paio a Estrada, ocupará a Vicepresidencia Deportiva.
Iván Sanmartín, Licenciado en Educación Fisica é o actual delegado da FGA en Santiago. Este técnico de deportes do concello de Ames é o principal impulsor do atletismo na capital galega e asume a Vicepresidencia de Estructura Territorial .
Jesus Vázquez , Vicepresidente da área de Relacións institucionais e Sociais. Mestre especialista en Educación Física, cursa na actualidade o grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, sendo profesor de primaria. Conta con experiencia na xestión e adestramento deportivo en diferentes modalidades.
Ramón Tasende, asume a Vicepresidencia da Área de Formación. Este histórico atleta internacional dos anos 70, preolímpico en Munich 1972,  leva toda a súa vida vencellado ó atletismo en distintas facetas, entre elas a de adestrador. A nivel laboral ocuparía varios postos en áreas no Concello da Coruña.
Catorce vogais: atletas, directivos, xuíces e adestradores
Nas área de vogais están representados todos os estamentos do atletismo galego sendo nada menos que cinco os presidentes de clubs que formarán parte deste novo proxecto directivo aportando a súa visión e capacidade.
José Antonio Alvarez, inxeñeiro en Telecomunicacións e presidente do Ourense Atletismo, José David García, presidente do C.A. Millaraio., Diego González, Enxeñeiro Naval, e presidente do Club Pinarium de Marín, Miguel Soto Castiñeira, Enxeñeiro Técnico en Informática e responsable de Decathlon, é o actual presidente del C. A Naron, Angel Serantes, especialista e asesor fiscal é Presidente do Real Club Celta Atletismo e adestrador.
Importantes atletas internacionais tamén estarán presentes no novo organigrama
Rosa Sierra Palmeiro, Licenciada en Matemáticas e en Educación Física, foi marchadora internacional na década dos 90. Actualmente á atleta master.
Julia Vaquero Licenciada en Educación Física. A histórica e lexendaria atleta galega asume este cargo para aportar a súa experiencia e coñecementos.
Esther Pedrosa, técnica deportiva, desenvolve a súa actividade profesional no servizo de deportes da USC. Atleta máster con máis de doce medallas en competicións europeas e mundiais.
Teresa Castro, Licenciada en Medicina. Exerce como médico en Vimianzo acadando como atleta máster o último subcampionato mundial por equipos
Veteranía, capacidade e unha dilatada experiencia
Santiago Ferrer, profesor de ensino secundario.  Este adestrador nacional seguirá aportando e sumando dende a súa calidade de xuíz e atleta como xa o fixera tanto na área técnica como nas distintas comisións nas que tomaría parte.
Eloy Bretal operario da industria conserveira e xuíz nivel III. É o actual presidente do Comité Galego de Xuices
Carmen Torres profesora de instituto dos seus ciclos formativos. Esta xuíz olímpica nivel IIII sería a Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
A maiores contarase ca incorporación de Flor Currás, funcionaria do ensino secundario, profesora de inglés e experta en Comunicación así como a do experto e Licenciado en Economía Juan Guerrero Pascual, quen a nivel laboral ocupa o cargo de asesor empresarial.
A eles sumamos os distintos membros que xa integraban algúns dos cargos de organización e responsabilidade da FGA entre os que se atopa Carlos Castro, Licenciado en Educación Física e actual Secretario Xeral;  Madó González, Doutora en Psicioloxía e Directora Técnica; Yolanda González, Diplomada en Empresariais e actual Tesoureira;  Dolores Rojas, Licenciada en Psicioloxía e Xerente;  Paulino Cartelle, militar de profesión e Delegado da FGA en Ferrol;  David Ferrer, Licenciado en Educación Física e Delegado federativo en Pontevedra;  Angel Fidalgo, funcionario do Estado e Delegado da FGA en Ourense;  José Manuel Rodríguez, Licenciado en Dereito e Delegado da FGA en Lugo;  Manuel Rodríguez, traballador do sector da construcción e Delegado no Barco, e por último Miguel Martínez vinculado ó mundo deportivo en varias disciplinas e Delegado en Vigo.

Noticias Web FGA .- Importantes incorporacións no Sector Técnico da FGA

Noticias FGA

Importantes incorporacións no Sector Técnico da FGA

Continúanse a perfilar os distintos sectores estratéxicos federativos deste novo mandato que contarán con importantes cambios na área técnica.
A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo, Madó Gonzalez, non dubida en amosar as súa satisfación polo comezo deste novo curso “ A verdade e que conseguimos perfeccionar un organigrama técnico de primeirísimo nivel na que contamos con experiencia, veteranía e calidade malia que por riba de todo elo destaco a ilusión, grado de compromiso e ganas de traballar de todos eles”
Continuidade e novas caras
No tocante ao sector de valos, segue á fronte un ano máis José Vicente Veiga (Malpica, 1961. Licenciado en CC da AF e do Deporte). Un referente no panorama atlético galego, que xunta veteranía, experiencia e un amplo coñocemento do seu sector.
Ó fronte da velociodade seguirá Jose Carlos Tuñas (Lugo, 1962) quen nos últimos anos ven impulsando con notable éxito un sector que xa conta con importantes velocistas no panorama nacional.
Na Marcha e Medio Fondo e Fondo seguirán respectivamente tanto Carlos Morales (Lugo, 1986. Licenciado en E. Fisica) como José Manuel Peña ó fronte dos mesmos ca misión de seguir impulsando estos sectores nos que a nosa comunidade é punteira e líder a nivel nacional.
No apartado de novas incorporacións moitas teñen sido as efectuadas. Para comezar o biolímpico vigués David Gómez (O Rosal, 1981) asumirá as parcelas de Responsable de Combinadas e de Saltos Verticais nas que aportará o seu coñocemento e experiencia tanto na parcela técnica de adestrador como na competitiva de alto nivel.
Verónica Cores (Vilagarcía, 1979. Licenciada en E. Física), é outra das caras que se incorporan neste novo organigrama federativo nos saltos horizontais. A exatleta campiona galega, licenciada en INEF e presidenta do Mazí aunará todas esas cualidades no sector buque insignia do noso atletismo nos últimos anos.
Os lanzamentos, a gran aposta
Sen lugar a dúbidas é no sector de lanzamentos onde se van a producir un maior un número de cambios e novas incorporacións. O seu responsable Raimundo Fernández (A Coruña 1947. Licenciado en E. Física) apostará este ano pola inclusión de todo un plantel de luxo para o seu organigrama “sen lugar a dúbidas tanto por cualificación na que prácticamente todos son licenciados en educación física como por experiencia e currículo, temos o mellor plantel técnico de lanzamentos de España” manifesta este histórico adestrador.
Para comezar será nada menos que o pentaolímpico Frank Casañas (Cuba,1978. Licenciado en E. Física) quen estará ó fronte da parcela técnica de disco sumando o seu impresionante currículo internacional ca súa formación de Licenciado en Educación Física.
Outro atleta internacional, Necho Fernández (A Coruña, 1970. Licenciado en E. Física) ocupará o cargo de responsasable de xavelina. Este campión de España ven de desenvolver nos últimos anos tarefas técnicas de adestrador na Escola de Lanzadores de A Coruña.
Víctor Gallego (Vigo, 1986. Licenciado en E. Física) será outra das novas incorporacións no sector de peso. O capitán da Gimnástica é todo un referente no sector dos lanzamentos do noso atletismo ó ser xunto a Ánxeles Barreiro o atleta con máis títulos galegos autonómicos acadados.
José Manuel Hermida, (Vigo, 1958) o principal impulsor dos lanzamentos na zona sur da nosa comunidade e un dos artífices da importancia estratéxica deste sector no noso atletismo, continuará ó fronte do concurso de martelo.
Por último o presidente do Club Atlética A Silva, Pepe Domínguez (Lalín 1972. Licenciado en E. Física) será quen coordine a área de promoción dos lanzamentos na nosa comunidade. O seu excelente traballo como técnico na zona de Cerceda e a súa traxectoria atlética como atleta Máster, valeríalle este recoñecemento.

Noticias Web FGA .- Equipos clasificados para a XV Copa de Clubs

Noticias FGA

Equipos clasificados para a XV Copa de Clubs

Xa temos a relación provisional de clubs que tanto por clasificación directa como por estadillo están chamados a tomar parte na XV Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta que acollerá Ourense o vindeiro día 13 de xaneiro.
Serán un total de 8 entidades tanto femininas como masculinas as que tomarán parte nesta cita, das cales as catro primeiras clasificadas do pasado Campionato de Galicia de Clubs ó aire libre están seleccionadas de maneira directa. O resto de formacións foron escollidas de entre os que mellor puntuación obtiveron mediante estadillo de marcas da tempada 2017/2018 así como da tempada actual ata o 30 de decembro de 2018 (malia que os seus atletas ano 2018 pertenceran a outro club).
Tanto o Atletismo Feminino Celta en mulleres como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes aspiran a revalidar o título do ano pasado acadado nestas mesmas instalacións.
Establécese un prazo de reclamacións ata as 14:00 horas do día 6 de xaneiro
Relación de clubs femininos: Atletismo Femenino Celta, Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Asociación Deportiva Atlética do Sil (ADAS), Atlética Lucense, Lucus Caixa Rural Galega, Riazor Coruña e C.A. Santiago (pedentes de posibles reclamacións)
Relación clubs masculinos: Real Club Atletismo Celta, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, C.A. Santiago, C.A. Narón, Lucus Caixa Rural Galega, Atlética Lucense, Ourense Atletismo e A.Viguesa de Atletismo (pedentes de posibles reclamacións)

Noticias Web FGA .- A Asemblea Xeral da FGA pechou o ano ca súa convocatoria en Compostela

Noticias FGA

A Asemblea Xeral da FGA pechou o ano ca súa convocatoria en Compostela

O atletismo galego celebrou na tarde de onte nun fermoso paraxe, o Parador dos Reis Católicos (Santiago de Compostela),  a Asemblea Xeral da FGA que ten carácter anual. Cos habituais puntos do orde do día: actas, calendarios, orzamentos, normativas, propostas…, desenvolveuse a xuntanza nunha ambiente constructivo que facilitou notablemente o debate e os acordos.
Foron bastantes os asembleístas que asumían por primeira vez a responsabilidade de representar aos seus Estamentos. Tras a benvida do presidente da FGA e facer un minuto de silencio en memoria das persoas finadas no último ano que tiveron vinculación directa co atletismo galego e tras aprobar as actas de anteriores xuntanzas, Isidoro Hornillos fixo un repaso xenérico do acontecido no último ano e da situación do atletismo galego.
Na súa intervención, o presidente da FGA destacou as actuacións internacionais dos atletas galegos; ás dos clubs, tanto nas diferentes ligas como a nivel de base; as actividades do Comité Galego de Xuíces e adestradores. Tamén fixo repaso da evolución das licenzas que seguen medrando de forma moi positiva en todos os estamentos; a ampla actividade desenvolta anualmente con 368 competicións oficiais en Galicia; tamén á situación das instalacións e medidas do Plan Galego da FGA 2018-2022, entre outros.
Os seguintes puntos, estudo das propostas dos asembleístas e  orzamentos, incluído o custo de licenzas, foron tratados e, nos casos necesarios, sometidos a aprobación por parte dos representantes. Todos eles gozaron do respaldo da Asemblea Xeral. Dous deles foron a aprobación, como novidade no atletismo galego, da licencia de Ruta/Trail Running e a licenza de organizador.
Atención especial tivo o debate en torno a o calendario de competicións e normativa en xeral. Tras á defensa que fixo a Directora Técnica e recoller as propostas dos asembleístas alcanzouse un consenso.
A xuntanza da Asemblea Xeral Ordinaria rematou con rogos e preguntas nas que houbo mencións a moitos aspectos do atletismo galego, xerando un debate construtivo.
A continuación se celebrou, como único punto na Orde do Día, a Asemblea Extraordinaria de modificación de Estatutos da FGA, aprobándose tamén a reforma. Na mesma se recoñece a especialidade de Trail Running entre as disciplinas da FGA, seguindo os pasos da Federación Internacional (IAAF) e Real Federación Española de Atletismo.
Tras elo o presidente da FGA despediuse de todos os representantes, desexando un feliz ano 2019.

Noticias Web FGA .- Éxito da concentración de fondo e medio fondo

Noticias FGA

Éxito da concentración de fondo e medio fondo

Continúan a desenvolverse as distintas actividades do Plan Galego de Técnificación Atlética en cada un dos distintos sectores. En concreto e aproveitando estas datas do Nadal,  estase a desenvolver estes días baixo a dirección do responsable do sector de Medio Fondo e Fondo da FGAJosé Manuel Peña, unha concentración na Pista Cuberta de Ourense.
A esta cita, na que están tomando parte tanto atletas como adestradores, a tónica dominante está a ser tanto o formidable ambiente de traballo como o compañeirismo existente. Da mesma maneira no día de hoxe contaríase ca presencia do atleta internacional Miguel González Carballada quen estaría compartindo unha charla co grupo de concentrados e na que se falaría entre outros temas tando dos valores do deporte, como da xestión do éxito deportivo.

Noticias Web FGA .- Xuntanzas e campionatos marcan esta fin de semana

Noticias FGA

Xuntanzas e campionatos marcan esta fin de semana

Intensa actividade a que a o atletismo galego vivirá este último fin de semana do ano no tocante a xuntanzas e competicións
Para comezar, o sábado desenvolverase no Hostal dos Reis Católicos de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da FGA , estando convocados un total de 73 membros que acudirán en representación dos estamentos de atletas, xuices, adestradores e clubs. Nesta xornada que dará comezo as 16.30 horas, debatiranse todos aqueles aspectos importantes que marcarán as líneas maestras de actuación do atletismo galego no tocante a organización, calendario, orzamentos e demáis propostas presentadas polos asambleistas.
V Campionto de Galicia de Combinadas por clubs
Noutro orden de cousas o sábado e domingo na pista cuberta de Ourense, acontecerá o V Campionato de Galicia de Probas combinadas por clubs na que tomarán parte un total de dez formacións dende as categorías Sub16 en adiante. As entidades que confirmaron a súa presencia son as do Real Club Celta e Atletismo Femenino Celta, Sociedad Gimnástica, A.Viguesa de Atletismo, C.A. Millaraio, Atlética Lucense, Ourense Atletismo, Atletismo Narón, Franciscanos de Lugo e Atletismo Deza.

Noticias Web FGA .- Diversión, lecer, solidariedade e deporte para pechar o ano

Noticias FGA

Diversión, lecer, solidariedade e deporte para pechar o ano

Hoxe imos falar das orixes dunha das probas clásicas por estas datas máis importantes do escenario atlético de ruta, as San Silvestres. 
Discorriría o ano 270 cando viu a luz o que sería un dos Papas, segundo os cronistas, con máis humildade e caridade de todos cantos se coñecen. Dende moi novo, destacaría por estas e outras virtudes en parte grazas á formación recibida polo presbítero romano Cirino, cuxos ensinos farían del un personaxe moi popular na época. Investido Papa no ano 314, estaría ó fronte da iglesia ata o 31 de decembro do ano 337 no que finaría, convertíndose precisamente esta data na que se elixiría para homenaxear ó Santo Pai coñecido co nome de Silvestre.
Continuando ca nosa historia, habería que agardar un bo número de séculos para que un xornalista brasileiro e amante do atletismo, chamado Casper Libero, de visita por Francia, quedara abraiado ó contemplar unha carreira nocturna na que os seus participantes percorrían as rúas da súa capital parisina portando fachos. A idea xurdiu de súpeto, e xa ó ano seguinte convertido en director do xornal Gaceta Esportiva de São Paulo, impulsaría unha carreira para despedir o ano, tomando para elo o nome do Santo Silvestre. Inmediatamente, e logo de varios cambios e modificacións o longo dos anos, a idea xerminou de tal maneira, que sería copiada e adaptada por múltiples países.
En España chegaría no ano 1964, sendo un entusiasta galego, Antonio Sabugueiro quen impulsaría esta iniciativa organizando na capital do Estado a I San Silvestre Vallecana, decana e referente de todas cantas acontecen no noso país.
En Galicia impulsaríanse varios anos despois, e malia que nalgúns casos comezarían de maneira intermitente, a súa implantación sería definitiva xa a mediados e finais dos anos 70.
Importante oferta de probas oficiais na nosa comunidade
Malia que as motivacións personais son ben distintas, a tónica dominante de todos cantos participan é a que impulsaría no seu día Casper Libero, non sendo outra que a de despedir ó ano da maneira máis divertida, festiva e deportiva posible e que pasa casi xeneralmente por adoptar calquer tipo de disfraz ou vestimenta o máis creativa e ocurrente posible. O espazo de solidaridade e recadación para os máis necesitados non está rifado co lecer, pasando da mesma maneira a formar parte da axenda destas probas en moitos casos.
É precisamente esta filosofía a que perseguen as sete San Silvestres incluidas no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo que darán comezo xa o día 29 ca VI San Silvestre Concello de Fene. Un día despóis, o 30, desenvolverase  II San Silvestre Concello de Ordes, para dar paso ó ultimo día do ano ó resto de probas comezando pola VIII San Silvestre Pontesa, a San Silvestre Ourensá, a II San Silvestre de Monterroso, a San Silvestre Compostelá, e a San Silvestre Betanceira.

Noticias Web FGA .- Valores e deporte foron da man na Fase Final ABANCA

Noticias FGA

Valores e deporte foron da man na Fase Final ABANCA

Deportividade, emoción, compañeirismo e sobre todo moitas ganas de participar sería o que no día de onte puidose ver durante o transcurso da Fase Final da VII LIga ABANCA de categorías de menores que tería lugar na Pista Cuberta de Ourense e que serviría para inaugurar a primeira das grandes citas da tempada.
48 clubs e preto de 800 atletas serían os que se deron cita para tomar parte en dobre xornada nesta importante competición do atletismo base na que os grandes protagonistas serían as nenas e nenos que encheron o recinto feiral baixo un gran ambiente de festa.
Por clubs as victorias corresponderon para o ADAS Proinor nas categorías Sub10 e Sub12 homes e para o Ourense Atletismo na Sub12 feminina. O C.A. Sada subiría ó mais alto do podio na Sub10 feminina correspondendo o triunfo por equipos na Sub14 para o Vila de Cangas nas rapazas e para a Atlética Lucense nos rapaces.
Minuto de emoción e silencio
Sen lugar a dúbidas un dos momentos máis especiais acontecería cando no centro da pista todos os asistentes gardarían un minuto de silencio como repulsa os crimes e violencia machistas baixo o lema de “Vivir e correr sen medo” que enchería de emoción todo o recinto ferial

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA