Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Ourense recibe a Fase Final da Liga ABANCA

Noticias FGA

Ourense recibe a Fase Final da Liga ABANCA

Esta fin de semana acontecerá na Pista Cuberta de Ourense a gran cita anual das categorías de menores que convertirán a instalacións de Expourense nun auténtica marea de atletas, adestradores e familiares que disfrutarán das evolucións dos máis cativos do noso deporte.
Logo dos distintos sectores previos, un total de 48 equipos son os que finalmente accederían a esta Fase Final que se desenvolverá en dobre xornada dando comezo a primera delas as 10:30 h. ca participación dos equipos Sub10 e Sub12,  para ser a partir das 17:00 horas cando sexa o momento dos Sub14.
Durante o transcurso da xornada e sobre as doce do medio día aproximadamente,  haberá unha concentración no centro da instalación de todos os asistentes onde que se agardará un minuto de silenzo baixo o lema ” CORRER E VIVIR SEN MEDO” e na que o atletismo galego súmarase ós actos de denuncia e repulsa contra os asasinatos machistas.
A maiores as citas pedestres de Ribadavia, Lugo, Porto do Son, Vigo e A Rúa, completarán a oferta atlética do fin de semana.
Concentración do Sector de medio fondo e fondo
Noutra orde de cousas un total de 23 atletas xa confirmados, tomarán parte na concentración de Nadal do Sector de medio fondo e fondo que se desenvolverá en Ourense dos días 27 ó 29 deste mes.

Noticias Web FGA .- Información 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense

Noticias FGA

Información 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense

O próximo domingo, 23 de decembro, celebrarase na Pista Cuberta de Ourense a 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense de Atletismo. Unha vez rematado o prazo de inscrición achégase a listaxe de atletas aceptados/as no campionato (aceptados/as en  branco, non aceptados/as en amarelo) e o horario final.
A comunicación de baixas realizarase no correo-e ourense@atletismo.gal ata as 20:00 h. do venres, 21 de decembro. Tramitadas as baixas, publicarase unha nova listaxe de admitidos/as.

Noticias Web FGA .- Relación definitiva equipos clasificados Fase Final VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Relación definitiva equipos clasificados Fase Final VII Liga ABANCA

Logo de rematar o prazo establecido para as reclamacións, publícase a relación definitiva de equipos clasificados que tomarán parte na Fase Final da VII Liga ABANCA esta sábado na Pista Cuberta de Ourense a partir das 10:30 horas
Na nova relación tan só se produce un cambio na categoría Sub12 masculino, na que entra a Sociedad Gimnástica en detrimento do Franciscanos de Lugo.
Lembramos da mesma maneira o prazo para formalizar a inscrición nesta fase final será o vindeiro xoves día 20 as 20:00 horas.

 

Noticias Web FGA .- Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Noticias FGA

Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Continúase a traballar nunha normativa que regule os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, vaise demorar a normativa de uso da instalación, establecéndose o seguinte protocolo de xeito transitorio:
Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00),  terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.
As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite oxoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.
Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres, estando á espera da xuntanza a manter con Xunta e Expourense para abordar estas e demáis cuestións organizativas.

Noticias Web FGA .- Ángel Fidalgo, novo Delegado en Ourense da FGA

Noticias FGA

Ángel Fidalgo, novo Delegado en Ourense da FGA

Ángel Fidalgo Vázquez,  é por designación do Presidente da FGA, é dende o día de onte, oficialmente o novo Delegado da FGA en Ourense.
Este ourensán nado no ano 1969, viña asumindo a maior parte do peso da Delegación dende a renuncia do seu anterior responsable, sendo o primeiro dos cambios introducidos nas mesmas, polo recentemente presidente electo Isidoro Hornillos.
Figura moi coñecida no mundo do atletismo, Fidalgo estaría vencellado ó noso deporte en varias fecetas que o levaron a asumir a parcela técnica no organigrama do Club Ourense Atletismo Academia Postal compaxinándoas con tarefas de adestrador. A nivel federativo e durante os últimos anos, formou parte de varias comisións e xuntanzas técnicas dando comezo no ano 2005 a súa actividade como xuíz que o levaría no 2007 a acadar o nivel I.
Entre as súas cualidades destaca o seu carácter de diálogo e entendemento, así como o seu amplo coñocemento das necesidades do atletismo en Ourense logo de ocupar o cargo de Secretario da Delegación durante os últimos oito anos.

Noticias Web FGA .- Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Disputouse esta fin de semana a segunda das xornadas clasificatorias para a final da VII Liga ABANCA desenvolta en Ourense e na que tomarían parte os equipos das provincias de Lugo e Ourense.
Nesta xornada marcada pola moita participación, o Club ADAS sería o dominador logo de impoñerse nas categorías Sub10 e Sub12 homes. O Club Atlética Lucense faríase cos triunfos na categoría Sub14 resultando gañador o Ourense Atletismo na Sub12 feminina.
Con estos resultados xa sabemos cales os clubs clasificados para a fase final do vindeiro día 22 en Ourense, abríndose un prazo de reclamación que rematará o martes día 18 as 23:59 horas. Da mesma maneira o prazo para formalizar a inscripción nesta fase final será o vindeiro xoves día 20 as 20:00 horas.

Noticias Web FGA .- Comezan os nomeamentos e as distintas xuntanzas do novo mandato

Noticias FGA

Comezan os nomeamentos e as distintas xuntanzas do novo mandato

Conforme as funcións que corresponden ó Presidente da Federación Galega de Atletismo, derivadas da aplicación do artigo 25:  “Elección de membros da Comisión Delegada” do Regulamento Electoral, nos que se indica que “Un terzo da comisión delegada debe ser designado polo titular da presidencia da federación”, se decidiría que estes membros fosen os seguintes:
  • Club ADAS de O Barco de Valdeorras
  • Club Lugo Running by RL
  • Oscar José Seoane Vázquez
Convocatoria a Asemblea Xeral e Comisión Delegada
Noutra banda e de acordo co que determinan os artigos 18º e 22º dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Atletismo, e por orde do presidente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente ao ano 2018.
A Asemblea celebrarase no Parador de Santiago – Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela o sábado día 29 de decembro do 2018 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, para tratar os asuntos da orde do día que son os correspondentes ás funcións da Asemblea Xeral Ordinaria establecidas no artigo 18º dos actuais estatutos da FGA.
Convocatoria Xunta Directiva e Comisión Delegada
Seguindo cas distintas xuntanzas, o Presidente da FGA convoca ós membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada a unha xuntanza que terá lugar o sábado 22 de decembro as 14:30 horas nas instalacións deportivas da pista cuberta de Ourense co fin de abordar e tratar distintos aspectos de especial importancia.

Noticias Web FGA .- Nova promoción de xuízas e xuíces de Nivel I para o CGX

Noticias FGA

Nova promoción de xuízas e xuíces de Nivel I para o CGX

Un total de 28 novos e novas aspirantes galegos acaban de acceder a categoría de Xuíz Nivel I logo de resultar aptos nas distintas probas selectivas desenvoltas o pasado día 24 de novembro en Ourense ocupando o número un das mesmas Juan José Fonticoba.
Con esta nova promoción, Galicia incorpora ó seu Comité Galego un importante número de efectivos cualificados que permitirá cubrir as importantes probas de rango nacional como é o Campionato de España Máster de pista cuberta que se desenvolverá en Ourense dos días 8 ó 10 de marzo de 2019.

Relación de novos/as xuíces Nivel I

Noticias Web FGA .- A FGA asina un convenio coa Deputación de Lugo

Noticias FGA

A FGA asina un convenio coa Deputación de Lugo

Esta mañá asinouse en Lugo o convenio da subvención nominativa outorgada pola Deputación Provincial á Federación Galega de Atletismo para o desenvolvemento da Copa Deputación en Pista.
Este asinado supón un avance moi positivo de cara a asegurar a oferta competitiva no ano 2019 o que sen lugar a dúbidas beneficiará a todo o atletismo lucense e galego.
O proxecto sería propiciado polo departamento dirixido polo Deputado Provincial de Innovación e Deporte, Pablo Rivera.

Noticias Web FGA .- Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

Noticias FGA

Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

No día de hoxe transcendeu que Jose Ramón Lete volverá a ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte unha vez que sexa este xoves aprobado o seu nomeamento no Consello da Xunta.
Jose Ramón Lete (Donosti,1957) viña de ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte no anterior executivo de Mariano Rajoy permanecendo no cargo por espacio de ano e medio. Da súa ampla traxectoria destaca a de Inspector de Servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública, a de Director Xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP) e a de Director Xeral para o Deporte da Xunta, cargo que ocuparía durante varias etapas. Do mesmo xeito estaría ó fronte de cargos de responsabilidade na Comunidade de Madrid entre os que destaca o de Subdirector Xeral de Promoción Deportiva e a de Director Xeral de Deportes da citada Comunidade.
No cargo relevará a ex-xavelinista internacional Marta Míguez quen acedería a este posto logo do seu paso polo área de Deportes do Concello de Ourense. Neste curto espazo de tempo a olímpica en Sidney 2000, daríalle tempo a abordar varias medidas e accións entre as que cabe citar o programa Eu son DEGAN. De igual modo impulsaría a Comisión Galega de Control da Violencia así como a adopción de importantes medidas na loita contra a dopaxe.
Dende o atletismo galego, desexanos a maior das sortes posibles a ambos nos seus novos proxectos e cometidos.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA