Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 16/04/2015 . XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/04/2015 . XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Excmo. Concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 18 de abril en Lugo, en xornada de tarde, o XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera, a celebrar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de XuicesO nome deste Memorial é en honra dun dos grandes artífices do atletismo lucense moderno e que levou a éste a unha proxección nacional sobre todo na década dos 60, e está considerado a gran festa do atletismo en pista no ámbito provincial. Así clubes de toda a provincia e de toda a xeografía autonómica estarán presentes na que será a posta de largo dunha nova tempada de aire libre.
Como atletas locales destacados estarán presentes Manuel Uriz que fora campion de España no 2013 no lanzamento de xabalina un dos lucenses con maior proxección no panorama atlético nacional na proba, Paula Ferreiros e Miguel Pérez e tamén a monfortina Saleta Fernández, no que será o seu debut cos cores do F.C Barcelona nunha competición na capital do atletismo provincial. 
Debido o alto número de inscritos, tivemos que modificar o horario, sendo o horario DEFINITIVO o seguinte: 

Horario – DEFINITIVO

 

Noticias Web FGA .- 16/04/2015 . Xa podes coñecer o teu dorsal na Coruña 42

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/04/2015 . Xa podes coñecer o teu dorsal na Coruña 42

Publicamos as listas de inscritos cos números asignado para as carreiras de 10 Km. E Maraton Coruña 42 que se celebra o próximo domingo 19.        Regulamento

Inscritos 10 K.   Inscritos Maraton.  

 

Noticias Web FGA .- 15/04/2015 . No día de hoxe deixounos Suso Alonso, parte da historia do atletismo compostelano, galego e nacional

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/04/2015 . No día de hoxe deixounos Suso Alonso, parte da historia do atletismo compostelano, galego e nacional

Nos últimos anos padecía unha grave enfermidade, o seu amor polo atletismo palpábase nas competicións nas que colaboraba ou xestionaba e no seu traballo a diario. Formou parte de numerosas comisións e comités, entre eles salientar a sua membresía á Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo e o seu cargo como 1º Director Técnico da FGA trala súa constitución como federación, periodo na que acompañouno como Presidenta do Comité Galego de Xuices Dª. Rosa Janeiro, a súa viúda, a quen enviamos unha forte aperta. Tamén foi delegado da Delegación de Santiago e como xuiz foi convidado e actuou nos Xogos Olímpicos do Barcelona 92, sempre sendo un gran referente dos xuíces galegos. Suso era unha persoa de trato cercano, amable, traballador e moi sociable. Dende a FGA lamentamos esta perda dun ser excepcional e desexamos transmitir o noso pésame para toda a súa familia e amigos.

 

Noticias Web FGA .- 14/04/2015 . Listado de inscritos no Campionato de Galicia de Maratón

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Listado de inscritos no Campionato de Galicia de Maratón

A falta de seis días para a disputa da IV edición de Coruña 42 son mais de 225 os atletas que participarán no Campionato de Galicia de maratón. Nesta ocasión contaremos ca presenza do atleta do New Balance Lolo Penas no seu debut na maratón e con Pedro Nimo, ainda que o santiagués non estará o 100% por mor de problemas físicos que de seguro lle impedirán loitar polo triunfo. Se prevé un campionato de moito nivel.

NOTAS IMPORTANTES:

* Lembramos que os atletas que non se inscribirán con marca saíran no último caixón.  

*Os corredores que no maratón utilizen avituallamiento personal terán que acreditar a unha persona na zona habilitada no Palacio de Exposiciones e Congresos de A Coruña (PALEXCO) o sábado 18 en horario de 09:00 a 21:30 ou domingo na Plaza de María Pita de 06:45 a 07:30. No caso de non acreditar a ninguén é imposible para a organización controlar que ningún atleta comete un erro na recollida directa da mesa, polo que non se fai responsable nestes casos".

Lista de inscritos

Mais informacion

 

Noticias Web FGA .- 14/04/2015 . I Meeting Popular en pista Celta Atletismo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/04/2015 . I Meeting Popular en pista Celta Atletismo

O Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Feminino Celta, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Comité Galego de Xuíces, Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e ABANCA, organizarán no mes de Maio o "1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO". 
Dita competición nace coa intención de impulsar a competición de pista no Atletismo Popular e darlle difusión á competición de Liga Nacional de Clubs de División de Honra que terá lugar ese mesmo día; nun mesmo día convivirán o atletismo popular co atletismo en pista ao máximo nivel. Ademais, tamén haberá competición para os nenos e nenas en idade escolar. 
Data e instalación: O "1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO" terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio a partir das 10:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos (Vigo). 
A inscrición estará aberta a ata o 05/05/15 ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo   Inscripción     Regulamento

 

Noticias Web FGA .- 13/04/2015 . Campionato de Galicia de Clubes de Pista Aire Libre

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Clubes de Pista Aire Libre

O vindeiro 25 de abril disputarase nas pistas da Malata de Ferrol o Campeonato de Galicia de Clubes de Pista ó aire libre cos seguintes equipos participantes:

Homes: R.C. Celta, C.A. Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Lucus Caixa Rural, Riazor, C.A Santiago e Vila de Cangas

Mulleres: Ría Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural, C.A. Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, ADAS e Riazor

*Lembramos que por acordo da Comisión de clubes a participación estará limitada por: senior, veteranos, promesa e junior (unha proba individual e un relevo), xuvenil (unha proba individual e un relevo si son carreiras non exceda os 210m) e cadete (unha soa proba das autorizadas para a sua categoría)

MG

 

 

Noticias Web FGA .- 12/04/2015 . Victorias santiaguesa na MediaSan

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Victorias santiaguesa na MediaSan

Exito de participación e organización da MediaSan unha proba con saída no concello de Arca-Pedrozo e chegada a bela plaza do Obradoiro en Santiago e que percorre os últimos kilómetros do Camiño . Nesta edición os primeiros en cruzar a liña de meta foron os Pedro Nimo e David Santos con 1.13.23 seguido a menos de un minuto de Juan Pena. Nas mulleres a clara victoria para outra santiaguesa Raquel Suárez con un tempo de 1.31.13 seguida de Mela Penas (1.35.28) e Fátima Paz (1.37.26).

MG

 

Noticias Web FGA .- 12/04/2015 .- Angela González e Ero Doce campeóns de Galicia de milla en ruta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Angela González e Ero Doce campeóns de Galicia de milla en ruta

O Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1km celebrado esta mañá na fermosa localidade de Sada confirmou que os atletas das categorías junior veñen pisando forte. Así, Angela González (Comesaña SC) e Ero Doce (Ría Ferrol) proclamaronse vencedores absolutos completando o podium Eva Cid (Comesaña e primeira promesa) e a xuvenil Elba Vélez (Atlética Lucense). Nos homes podium completamente junior con Adrián Lago (Comesaña SC) na segunda posición e Ivo Maseda (Lugo Running) na terceira. Cristian Montecelo (Atletismo Friol) primer xuvenile e Olaf Araujo foron os outros campeóns da distancia. Xa na proba de 1km, Pedro Osorio (Ría Ferrol) e Lucía López (Franciscanos) en cadete, Carlos Alvarez (Franciscanos) e Ainara Rodríguez (Lourenzá) en infantil, Anxo Losada (Verín) e Gabriela Quintás (Olímpico de Vedra) en alevín e Diego Rodríguez (Franciscanos) e Xela Martínez (Atlética Lucences) son os novos campeóns de Galicia da distancia. Disputaronse tamén as probas para veteráns, populares e pre-benxamins nunha competición magnificamente organizada polo Club Atletismo Sada. 

MG

 

Noticias Web FGA .- 08/04/2015 . Campeonato de Galicia de Milla e 1 km en ruta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de Galicia de Milla e 1km en ruta

Aínda que con algunhas ausencias importantes como os vencedores absolutos da tempada pasada, o vindeiro domingo celebrarase o Campeonato de Galicia de Milla e 1000 en ruta na localidade de Sada. O Campionato organizado pola FGA e o club Atletismo Sada disputarase nun circuito recentemente homologado que percorre grande parte do Paseo Martítimo da localidade. A saída e metea estarán situadas na zona  da casa da Cultura "Pintor Llorens". Alén das probas para as diferentes categorías federadas disputarase tamén unha milla popular femenina e masculina e probas para os pre-benxamins. Os dorsales poden recollerese durante o sábado no Decatlón de Oleiros así como ate unha hora antes da proba o mesmo domingo. 

*Lembramos a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas

MG

 

Noticias Web FGA .- 07/04/2015 . Actualización técnica para Xuíces árbitros Nacionaís e Xuíces árbitros

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Actualización técnica para Xuíces árbitros Nacionais e Xuíces árbitros

Un total de 14 xuíces galegos participarán no Seminario para Xuíces Arbitros Nacionais e Xuíces Arbitros do Comité Nacional que se celebrará o vindeiro 11 de abril no CAR de León:

Jorge Blanco, Eloy Bretal, Raúl Bretal, Manuel Garrido, José Mª Guijarro, Angel López-Montesinos, José Manuel Martínez, Yolanda Pavón, Mª Carmen Pérez, Inocencio Pérez, Loreto Pérez, Mª Dolores Rojas, Mª Carmen Torres e Jorge Touriño

MG

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA