Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Os irmáns Chamosa impóñense no Autonómico de Marcha

Noticias FGA

Os irmáns Chamosa impóñense no Autonómico de Marcha
Os irmáns Antía e Daniel Chamosa proclamaríanse vencedores absolutos do XXIX Campionato de Marcha de inverno que se desenvolvería no día de onte nas Pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Os campións invertirían un rexistro de 24:41.92 e de 21:15.47  respectivamente nunha proba na que partían como indiscutibles favoritos. Xunto eles estarían acompañados no podium porLeyre Aramburu do A. Valladolid e Iria Rivas do A.F. Celta na categoría feminina, así como porRoberto Vieiro do A.Santiago e Brais Prieto do R.C.Celta na masculina.
No resto de categorías o máis salientable sería o Récord Galego da atleta infantil do Atletismo Vila de Cangas Sabela Castelo quen acadaría un novo tope autonómico ó rematar a súa proba de 1.000 m. marcha cun rexistro oficial de 5.16.21.
Cadro de Gañadores Galegos 
Absoluto: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Senior: Rocío Carbia (RIA Ferrol) 
Sub23: Inés Valentín (Ourense At.) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Máster M50: Pedro Abeledo (C.A.Narón)
Máster W35: Monse Pereira (C.A.Sar)
Máster W40: María Emilia Rodríguez (S.A.D.Trega)
Máster W45: Yolanda Abellán (A.F.Celta)
Sub20: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Bráis Prieto (R.C.Celta)
Sub18: Iria Rivas (A.F.Celta) Roberto Vieiro (A.Santiago)
Sub16: Nerea Lage (A. Friol) e Antón Martínez (A.Lucense)
Sub14: Xela Martínez (A.Lucense) e Elias Klein (A.Lucense)
Sub12: Laura Iglesias (A.V.de Cangas) e Christian Sierpes (S.A.Trega)
Sub10: Sabela Castelo (A.V.Cangas) e Anxo Jamardo (S.G.Pontevedra)

Noticias Web FGA .- Ourense acollerá o nacional Sub20 indoor

Noticias FGA

Ourense acollerá o nacional Sub20 indoor
Logo de que por distintos motivos o Campionato de España Absoluto non fora adxudicado a Ourense (como é normal cas sedes que inauguran a súa instalación), a cidade das Burgas será sede finalmente do XLV Campionato de España Sub20 que se desenvolverá os vindeiro días 3 e 4 de marzo.
Con esta competición, a Pista Cuberta de Ourense fará a súa estrea a nivel nacional, e sumará este importante evento ás probas do Trofeo Inaugural e Fase Final ABANCA do día 16 de decembro así como a Copa Master de Clubs do 23 do mesmo mes. Seguirán a estas citas a Copa de Clubs, o Campionato de Galicia Absoluto e Campionato de Galicia Master os días 7, 13 e 14 de xaneiro respectivamente. Rematará este primeiro ano inuagural co Campionato de Galicia Cadete para o día 11 de marzo.
Na foto, o pista cuberta de Antequera

Noticias Web FGA .- A Marcha inaugura este fin de semana os Campionatos de Galicia

Noticias FGA

A Marcha inaugura este fin de semana os Campionatos de Galicia
Un total de 159 marchadores serán os que se dean cita este sábado 25 nas pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo para disputar o que será o XXIX Campionato de Galicia de Marcha de inverno.
Esta proba, que inaugura o comezo dos Campionatos Galegos nesta nova tempada, contará con destacas presenzas dos máis importantes marchadores galegos do momento entre os que salientamos a participación dos internacionais Antía e Daniel Chamosa que tomarán parte sobre a distancia dos 5 km.
O Campionato dará comezo as 10.45 h. ca saida dos máis pequenos para  rematar en torno as 13.05 horas ca posta en marcha dos 5 km femininos.

Noticias Web FGA .- Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA

Noticias FGA

Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA
Logo da disputa o pasado sábado das tres fases de clasificación desenvoltas en Santiago, Pontevedra e O Barco de Valdeorras para a disputa da Fase Final da Liga ABANCA de menores, un total de 48 equipos véñense de clasificar para esta importante competición.
Lembramos que dos tres encontros disputados, clasificaríanse os primeiros equipos de cada categoría de maneira directa, existindo unha clasificación por mellores puntuacións dos cinco equipos restantes en base ás súas marcas.
A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.
Relación de equipos clasificados (ábrese un prazo de reclamación ata o venres día 24 ás 14:00 h.)
  • Benxamín Feminino: At. Narón*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ A.V.Atletismo/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ Riazor Coruña
  • Benxamín Masculino: Fontes do SAR*/ S.G.Pontevedra*/ ADAS-Proinor*/ Ourense At/ At. Sada/ A. A Silva/ C.A. Millaraio/ A.D.Mazi
  • Alevín Feminino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ S.G.Pontevedra/ A.F.Celta/ At.Sada/ Marineda A./ A.V.Atletismo
  • Alevín masculino: C.C.Comarca*/ S.G.Pontevedra*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ R.C.Celta/Cia. de María/C.A.Millaraio/ Marineda At.
  • Infantil Feminino: Ría Ferrol-CCA*/A.V.Cangas*/Ourense At.*/ A.V.Atletismo/ A.Sada /ADAS-Proinor/ A.A Silva/ C.A.A Estrada
  • Infantil Masculino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ ADAS-Proinor/A.A Silva/ Riazor Coruña.
(con asterisco* os equipos gañadores clasificados directamente)

Noticias Web FGA .- As importantes citas pedestres fan acto de presenza

Noticias FGA

As importantes citas pedestres fan acto de presenza
Coa chegada das datas do Nadal sucédense as mais importantes e populosas carreiras de ruta ao longo de toda a nosa Comunidade.
Se en recentes datas pasadas se disputaron a XI Coruña-10; a XL Popular Pedestre de Santiago; a X Vigo+11, e a XXXVIII Popular de Negreira, tócalle a quenda este fin de semana á clásica XLI Carreira da San Martiño de Ourense que congregará polas principais rúas ourensás a milleiros de atletas participantes.
Cerraremos este ano con outras dúas citas importantes no calendario autonómico como son a XXXII Adolfo Ros Volta á Ría que se desenvolverá o próximo día 3 de decembro en Fene e a  V Carreira Popular Sin-Son para o día 17 do mesmo mes no marítimo Concello de Porto do Son.

Noticias Web FGA .- O Galego Invernal de Marcha, inaugura a tempada

Noticias FGA

O Galego Invernal de Marcha, inaugura a tempada

Sería o dia 1 de Novembro cando arrincaba oficialmente a nova tempada 2017/2018 nun ano con importantes competicións tanto a nivel nacional, internacional como autonómico.
A desexada e flamante pista cuberta de Ourense centrará sen dúbida o calendario galego de probas, malia que serán as pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera quenes o dia 25 de Novembro acollan o primeiro dos campionatos Galegos ca celebración do Autonómico de Galicia de Marcha de inverno que dará comezo as 10.45 horas.  A esta importante cita invernal acudirán, como primeiro tests da tempada, os máis salientables especialistas do sector dende as categorías de benxamín ata a de veteranos.
Lembramos que as inscripcións pódense realizar a través do sistema online na web da RFEA (hhttps://isis.rfea.es/sirfea2/) ata ás 20:00 horas do martes dia 21 de novembro.

Noticias Web FGA .- Convocada a Asemblea Xeral e Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo

Noticias FGA

Convocada a Asemblea Xeral e Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo
De acordo co que determinan os artigos 18 e 22 dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Atletismo, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente ó ano 2017 que terá lugar no salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro (INEF) as 17.00 horas do dia 2 de Decembro na que se presentarán para aprobación, se procede entre outros, aspectos tales como o apartado de orzamentos, as cuotas de licenzas, o calendario de competicóns e normas técnicas asi como as distintas propostas presentadas polos asembleistas.
Previamente a Asemblea Xeral, celebrarase a Xunta Directiva da FGA as 11.00 horas da mañá  na que están convocados os quince membros que forman o citado estamento.

Noticias Web FGA .- Sedes e datas dos Campionatos de Galicia de Pista Cuberta

Noticias FGA

Sedes e datas dos Campionatos de Galicia de Pista Cuberta

A dirección técnica da Federación Galega de Atletismo, consultada a Comisión Delegada e estudiadas as datas dispoñibles das instalacións de pista cuberta proporcionadas por Xunta de Galicia,  Concello da Coruña e Concello de Lugo atá o día de hoxe, ven de elabrar o calendario provisional indoor pendente da súa aprobación pola Asamblea da FGA.
Nela destácanse a disputa en Ourense das competicións do Trofeo Inaugural Expourense e Fase Final ABANCA o dia 16 de Decembro  asi como a Copa Master de Clubes  o 23 de do mesmo mes. No mes de Xaneiro será cando se centralice todo o resto do calendario na que os dias 7, 13, 14  desenvolveranse  a Copa de Clubs, o Campionato Galego Absoluto e o Campionato Galego Masterpara rematar con esta instalación o dia 11 de Marzo co Campionato Galego Cadete
Malia ós seus máis de 45 anos, seguirase contando ca pista cuberta da Coruña que será sede os dias 20,21,24 e 25 de Xaneiro das probas do Circuito Coruña Corre en Pista asi como a dosCampionatos Galegos Promesa, Xuvenil,  Alevín e Benxamín.
Por último o módulo Gregorio Pérez Rivera de Lugo repite na organización do Campionato Galego de Combinadas os dias 27 e 28 de xaneiro.

Noticias Web FGA .- Invitación ó Campionato de Asturias de Cros Curto

Noticias FGA

Invitación ó Campionato de Asturias de Cros Curto

O presidente do CDB Atletismo Cidade de Lugones, Luís Menéndez en calidade de organizador do VII Memorial Héctor Fernández de Campo a Través, e Campionato de Asturias de Cros Curto, convida a algúns clubs das comunidades limítrofes a tomar parte no citado campionato.
Segundo o presidente da entidade que organiza “O motivo é o de querer potenciar a proba ata poder dar o salto a categoría nacional, polo que queremos convidar a algún club das comunidades limítrofes. Faríanos ilusión contar con participantes galegos e é por iso que poñemos a disposición un autobús, desde unha localidade que permita facer a viaxe no día, sendo a primeira carreira ás 11 horas”
A proba desenvólvese nun complexo cunha pista de atletismo de cinza e un percorrido por un bosque que a partir da categoría infantil ten abundantes subidas. A competición sitúase en Lugones a 5 Km de Oviedo e disputarase o domingo 3 de decembro de 2017.
Correo de contacto: luis080261@yahoo.es

Noticias Web FGA .- Os velocistas galegos concéntranse

Noticias FGA

Os velocistas galegos concéntranse

Co comezo da nova tempada, principian tamén as distintas concentracións que os sectores da Federación Galega, a través dos seus responsables, levarán a cabo neste novo curso. Desta vez sería o sector de velocidade dirixido por José Carlos Tuñas quen sería o primeiro en agrupar ós mellores especialistas galegos no Módulo Cuberto de Lugo os pasados dias 3, 4 e 5 de novembro.

“Nesta concentración o criterio que aplicamos foi o de convocar ós atletas participantes nos Campionatos de España das categorías xuvenil en adiante, deixando para outra convocatoria as categorías inferiores” apunta o responsable de velocidade quen ademáis salienta o gran ambiente e entusiasmo dos participantes así como as enormes facilidades dispensadas para o emprego do Módulo cuberto lucense.

Estas xornadas de Tecnificación forman parte estratéxica da política que a Federación Galega ven desenvolvendo nos últimos anos e nas que ademáis de articularse un traballo técnico específico, compleméntanse ca presenza de distintas charlas que contarían, nesta ocasión, ca participación do campión e recórdman de España dos 400 m.l. Óscar Husillos, da Doutora en Psicoloxía e Directora Técnica da  F.G.A. Madó González, a do Xuíz Nacional Manuel Garrido e a do fisioterapeuta Pablo Lourido.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA