Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 28/02/2015 . Amplia participación no Campeonato de Galicia Cadete de Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación no Campeonato de Galicia Cadete de Pista Cuberta

Celebrouse o penúltimo dos Campeonatos de Galicia  da tempada nas pistas de Riazor, o Campeonato de Galicia Cadete con enorme participación especialmente nas probas de velocidade. Estos atletas buscaban as últimas oportunidades para facer a mínima para o Campeonato de España que se disputará en Sabadell o 21 e 22 de marzo. Salientar a Claudia Torres vencedora nos 50 metros con 6.88, no salto de lonxitude con 5.02 e nos 300 metros con 43.92, Santiago Represas do Club Atletismo Sada que igualaba o record galego da categoria con 6.34 nos 50 e Olaia Becerril do AVA campeona Galega de salto de altura con 1.54 e subcampeona na longitude con 5.01. 
Bos rexistros en lanzamento de peso de Olmo Pruneri do Atletismo Noia con 13.00 e Mar Pérez do Ava con 11.04 en ambos casos minima para o Nacional ó igual que o podium dos 50 valados femenino con Natalia Mondelo do Adas con 8.16, Eva Queimaño do Ava con 8.20 e Uxia Pereira do Lucus con 8.32. No medio fondo a atleta do Ria Ferrol Lucia Sicre vencia con un bo rexistro de 1.40.47 mentras que en homes en duas carreiras mais tacticas o gañador sería Roi Estevez con 1.35.05. Por último, destacar o atleta do Lucus Xavier Esteban que con 1.70 vencía na altura.

EG

 

Noticias Web FGA .- 26/02/2015 . Cambio de horario do Campionato de Galicia de veterans

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/02/2015 . Cambio de horario do Campioato de Galicia de veterans

Unha vez revisadas as inscricións admitidas para o Campionato de Galicia veterans de pista cuberta, a organización varia o horario da circular da FGA 17-2015           

Novo Horario

 

Noticias Web FGA .- 26/02/2015 . Cambio no Horario do Campionato de Galicia cadete

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/02/2015 . Cambio no Horario do Campionato de Galicia cadete

Unha vez revisadas as inscricións admitidas para o Campionato de Galicia cadete de pista cuberta, a organización varia o horario da circular da FGA 14-2015           

 Novo Horario

 

Noticias Web FGA .- 24/02/2015 . Fin de semana de Campionatos de Galicia en pista cuberta: o cadete e veteranos pechan a tempada baixo teito

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/02/2015 . Fin de semana de Campionatos de Galicia en pista cuberta: o cadete e veteranos pechan a tempada baixo teito

O Pazo dos Deportes da Coruña, acolle este fin de semana os dous últimos campionatos baixo de teito da tempada. 
O sábado celébrase o Campionato de Galicia da categoría cadete, onde se darán cita un grande cantidade de atletas dos anos 2000 e 2001, en todas as probas hai cantida de atletas coas marcas mininas esixidas pola FGA para poder tomar parte da competición. 
Moitos dos atletas que tomaran parte no evento tratasen de mellor os seus resgistros e lograr marca para poder disputar o nacional da categoría que se celebrara os días 21 e 22 de marzo en Sabadell
Lista de atletas inscritos 

Campionato de Galicia de Veteranos 
Cunha grande inscrición, o domingo dia 1 daranse cita os veteranos para tratar moitos deles conseguir a minima para disputar o Nacional o próximo dia 6 ao 8 en San Sebastian. 
O noso veteranos demostrasen un vez mais o seu espírito deportivo e competitivo 
Listado de inscritos

 

Noticias Web FGA .- 24/02/2015 . Presentación en Cangas do Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/02/2015 . Presentacion en Cangas do Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

No dia de hoxe celebrouse a presentación o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos, que se celebrara o próximo dia 1 de Marzo. A rolda de prensa contou coa presenza do Concelleiro de deportes do Concello de Cangas, o presidente da FGA, o director técnico da FGA en Vigo e a Presidenta do Club local o Vila de Cangas 
Na rolda de prensa de citaron aos atletas que confirmaron a súa inscrición para este importante evento, que contara coa presenza de Isaac Vicente e Noelia Ferradanes en martelo, Borja Barbeito e Felicia Moldovan en xavelina, Victor Gallego e Belen Toimil en disco, polo que se prevé un gran Campionato e os diversos campeoanes galegos e nacionais demostrasen a súa gran calidade técnica    Listados de inscritos

 

Noticias Web FGA .- 23/02/2015 . Gala Anual do Atletismo Galego . Este venres a partir das 19:30 horas . Moi importante confirmar participación

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
23/02/2015 . Gala Anual do Atletismo Galego. Este venres a partir das 19:30 horas. Moi importante confirmar participación

O Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada acolle este venres día 27 a Gala Anual do Atletismo Galego. Este prestixioso evento que organiza a FGA en colaboración co Concello de Sada terá inicio ás 19:30 horas e nela participarán perto de 200 atletas e numerosos clubes, entidades privadas, administracións públicas e adestradores e xuices premiados pola súa colaboración no atletismo galego e polos seus méritos acadados nesta tempada.

É moi importante que todos os premiados e os que desexen acudir confirmen a súa participación a través deste formulario.

https://docs.google.com/forms/d/1dRCwK-5EecEl31--O7f4F89Ub1mcGDxSCCsbGe0eT8A/edit#

 

Noticias Web FGA .- 22/02/2015 . Solange Pereira ouro, Belen Toimil plata e Mauro Triana bronce no Campeonato de España Absoluto de Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Solange Pereira ouro, Belen Toimil plata e Mauro Triana bronce nos Campeonatos de España Absoluto de Pista Cuberta

A segunda xornada dos Campeonatos de España Absolutos que se celebraron na localidade malagueña de Antequera depararon fantásticos resultados ós atletas galegos. As medallas da xornada do sábado de  Jean Marie Okutu ouro en salto de lonxitude con mínima para o Europeo de Praga e Ana Peleteiro bronce en triple salto ademais do record galego de Mauro Triana nos 200 metros lisos, o atleta do Coruña Comarca lograba na mañá de hoxe a sua primeira medalla nun Campeonato absoluto sendo terceiro con 21.77 no 200 metros. Asemade, Belén Toimil lograba a medalla de plata en lanzamento de peso con 15.27 e Solange Pereira convertiase en Campeona de España en pista cubierta dos 1500 metros con 4.23.06, nesta mesma carreira sensacional Leticia Fernández do Ría Ferrol que foi cuarta. Destacamos tambén o novo record galego de triple salto de Alfonso Palomanes (FCB) con 16.08 que lle valeu o cuarto posto. Salientar, tamén, a participación dos outros finalistas da xornada Victor Riobo (C.A Santiago), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) e Sergio Rodríguez (Coruña Comarca) na final B dos 200.     Actuacción Galega

EG

 

Noticias Web FGA .- 22/02/2015 . Isidoro Hornillos felicita personalmente o home que bateu o record dos 200 m en pista cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Isidoro Hornillos felicita persoalmente o home que bateu o record dos 200m en pista cuberta

O presidente da FGA Isidoro Hornillos felicita ó novo plusmarquista galego de 200m en pista cuberta e flamante medalla de bronce nos Campeonatos de España  celebrados esta fin de semana en Antequera. Nun sinxelo acto  encontraronse Mauro Triana e Isidoro Hornillos xunto co adestrador e responsable do sector de velocidade Carlos Tuñas no que celebraron o final dun récord de 33 anos. Nunca antes o atletismo galego tivera tres homes con menos de 22 segundos en pista cuberta.

O presidente quere, tamén, felicitar a tódolos medallistas da fin de semana.

 

Noticias Web FGA .- 22/02/2015 . Elhissouf Abdelmajid e Raquel Suarez vencedores no VII Medio Maratón A Coruña21

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Elhissouf Abdelmajid e Raquel Suarez vencedores no VII Medio Maratón A Coruña21

Expectación no VII Medio Maratón Coruña 21 con un novo trazado polas rúas herculinas a unha única volta, excepcional a participación con mais de 2000 atletas e con nomes importantes principalmente entre os participantes masculinos. Como novedade a disputa simultánea da proba de medio maratón con vehiculo adaptado que serían os primeiros en tomar a saída ubicada o igual que a meta na zona do Parrote.  Entre os atletas galegos destacar a Alejandro Fernández que tras a sua lesión demostrou en Friol no Campeonato de Galicia de Cross encontrarse totalmente recuperado e Manuel Penas como declararía en dias previos co obxetivo do Maratón e tras uhna breve pausa por lesión presentabase na liña de saída para comprobar a sua evolución e acumular adestramento. Desde o primeiro kilometro os favoritos tomaron a cabeza destacando a Robert Wambua atleta keniata con unha marca acreditada de 1.03.19, Alejandro Fernández do Club 3&run by Pedro Nimo Club de Corredores que o ano pasado fora quinto con 1.04.46, o marroquí Elhissouf Abdelmajid con 1.02.47 e o ugandés Dikson Huru con 1.02.05 especialista también en probas de campo a través. Nese grupo deixabase ver tamén Hassam Lekhili por detrás Manuel Penas do New Balance Team, Cesar Ramiro Saracho atleta promesa de Triathlon Arteixo e outros atletas galegos que marcaban un ritmo de inicio de 3.15. En mulleres Raquel Suarez do Club Ria Ferrol quen o ano pasado corria en 1.22.44 en Coruña con outro trazado e en esta ocasión desde o inicio pusoxe en cabeza da proba femenina pasando xa con ventaxa con respecto a Elena Ferreiro, Ana Belén Losada e María del Carmen Penas. A cabeza de carrera non variaria ata o final, por detrás van subindo posicións Javi Paredes e Carlos Villamor. O circuito permitía uns últimos kilómetros favorables baixando desde a zona da Torre de Hercules ata o Castillo de San Antón en donde o público esperaba a chegada dos atletas na zona do Parrote. A victoria final sería para o atleta marroquí Elhissouf Adelmaid con 1.04.37 e en mulleres para Raquel Suarez que melloraba o seu rexistro terminando en 1.20.59. Completaron o podium en homes Alex Fernández con 1.04. 57 e Robert Wanbua con 1.05.32 e en mullleres Elena Ferreiro e Ana Belén Losada con 1.24.48 e 1.27.22 , respectivamente. En resumo a cita con o medio maratón en Coruña continua ganando adeptos ano tras ano proba de elo foron os mais de 2200 corredores que cruzaron a liña de meta.    FOTOS         Resutados

EG

 

Noticias Web FGA .- 22/02/2015 . Solange Pereira ouro, Belén Toimil plata e Mauro Triana bronce nos Campeonatos de España Absoluto de Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Solange Pereira ouro, Belén Toimil plata e Mauro Triana bronce nos Campeonatos de España Absoluto de Pista Cuberta

A segunda xornada dos Campeonatos de España Absolutos que se celebraron na localidade malagueña de Antequera depararon fantásticos resultados ós atletas galegos. As medallas da xornada do sábado de  Jean Marie Okutu ouro en salto de lonxitude con mínima para o Europeo de Praga e Ana Peleteiro bronce en triple salto ademais do record galego de Mauro Triana nos 200 metros lisos, o atleta do Coruña Comarca lograba na mañá de hoxe a sua primeira medalla nun Campeonato absoluto sendo terceiro con 21.77 no 200 metros. Asemade, Belén Toimil lograba a medalla de plata en lanzamento de peso con 15.27 e Solange Pereira convertiase en Campeona de España en pista cubierta dos 1500 metros con 4.23.06, nesta mesma carreira sensacional Leticia Fernández do Ría Ferrol que foi cuarta. Destacamos tambén o novo record galego de triple salto de Alfonso Palomanes (FCB) con 16.08 que lle valeu o cuarto posto. Salientar, tamén, a participación dos outros finalistas da xornada Victor Riobo (C.A Santiago), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) e Sergio Rodríguez (Coruña Comarca) na final B dos 200.     Actuacción Galega

EG

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA