Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 21/02/2015 . Record galego absoluto pista cuberta de 200 m de Mauro Triana con 21.69 en Antequera

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/02/2015 . Record galego absoluto pista cuberta de 200 m de Mauro Triana con 21.69 en Antequera

Fantástico rexistro do atleta coruñes, Mauro Triana cun rexistro de 21.69 nos 200 metros, que varre das mellores marcas galegas baixo teito, o rexistro de Isidoro Hornillos de 21.76 do ano 1982 logrado en Milan. 
O atleta adestrado por José Carlos Tuñas, referendou nas semifinais do absoluto de pista cuberta, a gran tempada que vén realizando rebaixando a súa mellor marca de 21.86 da pasada semana nas pistas de Antequera no nacional promesa, onde se proclamou campión. 
Dende a FGA, felicitámolo polos seus extraordinarios rexistros, asi como ao seu adestrador e club. ¡noraboa¡

Salientar o rexistro do seu compañeiro de club Sergio Rodríguez que con 21.91 (MMP) pasa tamén á final dos 200. Outros galegos que acadaron o pase as finais de mañá foron nos 1500 Victor Rioboo (C.A Santiago), Leticia Fernández (Ría Ferrol) e Solange Pereira (Valencia TM) e nos 800 Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) Actuaccion Galega

 

Noticias Web FGA .- 20/02/2015 . Declaracións do Presidente da FGA en Radio Marca

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
20/02/2015 . Declaracións do Presidente da FGA en Radio Marca

Declaracións do presidente da FGA, Isidoro Hornillos, en RADIO MARCA VIGO en relación á xestión das pistas municipais de Balaídos e as carreiras  de San Xoan e do Nadal. Pódese escoitar a súa exposición a partir do minuto 45. (Click aqui para escoitar o audio)

 

Noticias Web FGA .- 20/02/2015 . O Presidente da FGA estivo reunido co Alcalde de Santiago e a Concelleira de deportes

 
Actualidade do Atletismo Galego
20/02/2015 . O Presidente da FGA estivo reunido co Alcalde de Santiago e a Concelleira de deportes

Esta semana o presidente da FGA reuniuse co alcalde de Santiago e concelleira de deportes, acompañado polo Delegado en Compostela da FGA. Na entrevista analizouse a situación do atletismo municipal e, en especial, abordouse a necesidade da reestruturación das pistas de atletismo do Estadio Multiúsos.

 

Noticias Web FGA .- 20/02/2015 . Publicado o plan de viaxe da Selección Galega de Marcha. Lembramos a todos os atletas que deben confirmar a súa participación no formulario

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
20/02/2015 . Publicado o plan de viaxe da Selección Galega de Marcha. Lembramos a todos os atletas que deben confirmar a súa participación no formulario

A circular 19-2015 xa recolle o plan de viaxe da selección galega de marcha que viaxará ata Jumilla o vindeiro fin de semana. Lémbrase que todos os atletas e adestradores deben confirmar a súa participación, así como indicar se precisan material. O formulario pódese cubrir facendo CLICK AQUI.  Recoméndase abrilo co explorador chrome. Selección galega e plan de viaxe  click aqui.

 

Noticias Web FGA .- 18/02/2015 . Representación galega no LI Campeonato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Representación galega no LI Campeonato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta

Un total de 20 atletas compondrán a reprentación galega que tomará parte esta fin de semana no LI Campeonato de España Absoluto de Pista Cuberta a celebrar na localidade malagueña de Antequera. A prioiri as maiores posibilidades de subir ó mais alto do podium pasan polas mans de Jean Marie Okutu na lonxitude na procura da mínima para o Europeo e de Solange Pereira nos 1500. Con claras opcións de medalla están Ana Peleteiro, recuperada xa da sua lesión, no triple e Belén Toimil no peso. Completan a representación os atletas da "factoria" Tuñas na velocidade con Denis Galán e Javier Cancela nos 60 e o propio Denis, Mauro Triana despois do seu magnífico record galego promesa a pasada semana na mesma pista e Sergio Rodríguez nos 200. Victor Riobo estará nos 1500 unha proba na que xa sabe o que é estar entre os millores na distancia. Miguel Pérez nos 60m valados, David Barreira na altura, moi regular nesta tempada por encima dos 2m e Alfonso Palomanes e Anxo Blanco terán unha nova oportunidade de millorar as suas marcas. Nas mulleres, nos 400 a junior Eugenia Gil participará por primeira vez nun absoluto xunto con Paula Ferreiros, nos 800  estará Jenny Fernández despois de acadar a terceira plaza na mesma distancia e pista no Campionato Promesa a semana pasada; xunto con Solange Pereira estará tamén Leticia Fernández loitando por estar entre as primeiras posicións. Finalmente, participará Leticia Gil na lonxitude, Teresa Rodríguez nos 60 valados e Sandra Carballo no pentatlón.

MG

 

Noticias Web FGA .- 17/02/2015 . Plano definitivo da VII Edición A Coruña 21

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Plano definitivo da VII Edicion A Coruña 21

Plano definitivo para o Medio Maratón de Coruña 21 que se celebrará o vindeiro 22 de Febreiro. A proba con saída e meta no Parrote terá como principal novidade que a diferencia das edicións anteriores será únicamente de unha volta o que sen dúvida satisfará a moitos dos corredores que así o demandaban. O percorrido que transcurre polas principais rúas da cidade herculina continua a ser chan o que permitirá obter boas marcas.    Mais informacion       (pinchar  plano)

 

Noticias Web FGA .- 16/02/2015 . Excelente resultados dos atletas galegos xuvenís e juniors. Un Campionato cheo de grandes rexistros

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/02/2015 . Excelente resultados dos atletas galegos xuvenís e juniors. Un Campionato cheo de grandes rexistros

Os Campionato de Galicia Junior e Xuvenil depararon nas pistas de Riazor unha competición con gran participación, que permitiu ver a progresión de moitos dos nosos atletas que xa destacan a nivel nacional como é o caso de Dario Costas, Iria Forján ou Carmela Cardama.
O protagonista masculino da xornada sería Dario Costa,s o atleta adestrado por Santi Ferrer, lograba a vitoria en 50 metros lisos con 6.03, en 50 metros valados con 7.01 e marca persoal en salto de altura con 1.96. Os atletas da Sociedade Gimnástica de Pontevedra brillaron en varias probas, o atleta xuvenil Angel Vargas impoñíase nos 50 metros e os 200 metros, Alfonso Pérez nos 400 metros junior con 52.37, Jorge Puig nos 1500 junior mentres que Fernando Rial era o claro protagonista no medio fondo xuvenil gañando o 800 e o 1500. Outros atletas que destacaron a un gran nivel foron Miguel Otero do Real Club Celta, nos 800 metros que realizou un cambio espectacular a falta de 300 metros ao que non puideron responder os seus rivais, Anxo Blanco sensacional en lonxitude con 7.02 proclamándose tamén Campión Galego Junior da súa especialidade, o triplo salto, con 14.55, Ivo Maseda do Lugo Running Club sen oposición nos 3000 con 8.43.16 e Iago Lousa que gañaría o 50 valas e a lonxitude xuvenil. En peso Pablo Castro obtiña un novo titulo de Campión Galego cun mellor lanzamento de 15.49.
En mulleres víronse probas interesantes como o duelo na velocidade de Iria Forján e Laura Chapela, vencendo a primeira en categoria junior con 6.76 mentres que en categoria xuvenil a raíña da velocidade foi Miriam Otero gañando os 50 metros con 6.83 e os 200 metros con 26.55, marca similar á obtida por Laura Chapela do Atletismo feminino Celta con 26.57. Nos 400 metros junior outras dúas atletas en progresión como son Eugenia Gil que vencía con 57.92 e Claudia Rojo que tras impoñerse no 50 valdos lograba o subcampeonato con 58.49. Paula Iglesias gañaría os 400 metros xuvenil e a altura xuvenil. Nas probas de medio fondo dominio das atletas do Comesaña Sporting Club Angela González con 2.18.35 en 800 metros e Carmela Cardama en 1500 con 4.37.50 mentres que boas sensacións das atletas xuvenís Laura Santos, Elba Velez e Claudia Blanco. En canto aos saltos destacar a Elvira Okutu con 5.57 en lonxitude e Iria Forján 5.47 e Paula Freiria atleta xuvenil do Ourense Atletismo que gañaba con 10.94.
Para rematar destacamos os 4.75 en salto con pértiga de Santiago Ferrer que participando fóra de concurso lograba marca persoal. Resultados

 

Noticias Web FGA .- 16/02/2015 . Centos de nenos invadiron as pistas de Riazor para disfrutar dun excelente Campionato

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/02/2015 . Centos de nenos invadiron as pistas de Riazor para disfrutar dun excelente Campionato

O Campionato de Galicia Benxamin, Alevín e Infantil deparou unha enorme participación de atletas das categorias inferiores dos clubs galegos, así mesmo disputouse a última hora da tarde do sábado o Campionato de Galicia Cadete de 1000 e 3000 metros. Neste Campionato os vencedores foron en 1000 metros Carlos López do Ria Ferrol con 2.48.64 e Lucía López do Club Franciscanos de Lugo con 3.07.69 e nos 3000 metros Adrián Lage do Atletismo Friol con 10.01.88 e Sonsoles Martin do Club A Gándara con 11.19.52.
No Campionato de Menores puidéronse ver resultados destacados de atletas dos clubs do Franciscanos de Lugo así como das Escolas de Clubs importantes coa Sociedade Gimnática de Pontevedra ou o Club Ria Ferrol
En categoría infantil destacamos ao atleta do Franciscanos de Lugo Carlos Alvarez que vencía os 50 metros con 6.98 e impoñíase con autoridade nos 500 metros cun sensacional rexistro de 1.17.44 nova mellor marca galega, dominio nos 2000 metros do atleta do CD San Paio  Medhi O Nabaoui con 6.22.56 e disputadisima a final de 50 valas entre Samuel Diaz do Riazor Coruña, Lucas Lorenzo do Franciscanos de Lugo e Daniel Losada do Universidade de Santiago, gran concurso de salto de altura de Antonio Igrexas do Atletismo Vila de Cangas que vencía con 1.38 e sensacional Andrea Reija do Atletismo Castroverde con 1.53 novo record galego da categoría. Nerea Iglesias do Atletismo Fontes do Sar lograba con 7.22 o título de Campioa Galega de 50 metros infantil cun bo rexistro.
O atleta Jacobo Diaz con 1.36 en salto de altura lograba un novo record galego en categoria alevin do mesmo xeito que Pepe Sanchez nos 500 metros benjamin con 1.37.35.

 

Noticias Web FGA .- Inscritos Campionato de Galicia de Menores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/02/2015 . Inscritos Campionato de Galicia de Menores

Unha vez finalizado o prazo de inscrición e revisado pola Direccion Tecnica da FGA, facemos publico o listado dos atletas admitidos. 
As baixas poderanse comunicar antes de mañá mércores ás 20:00 
Reecordamos a limitación de proba, cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso de ser careiras só unha poderá ser superior a 50 metros)

Rematado o prazo de reclamacións, facemos publica a lista de atletas que tomasen parte no campionato de menores. 

Debido á gran cantidade de atletas inscritos en todas as probas a organización pide desculpas polos erros que se puidesen ocasionar

Novo Horario - Listado de admitidos

 

Noticias Web FGA .- 11/02/2015 . Fin de semana de Campionatos de Galicia

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/02/2015 . Fin de semana de Campionatos de Galicia

Intensa actividade do atletismo galego neste fin de semana, no que estarán en disputa varios campionatos autonómicos, como son os de pista cuberta nas categorías alevin, infantil, benxamin, cadete (1000 e 3000) , xuvenil e júnior na pista do Pazo dos Deportes da Coruña. 
O autonómico de campo a través de veteranos, dará o pistoletazo de saída na Pobra do Caramiñal. 
Na localidade pontevedresa de Marin, daranse cita os mellores marchadores da nosa comunidade, coa disputa do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, onde se poderán observar varios campións galegos e nacionais nesta difícil disciplina atlética 
Listado de inscritos: 

Xuvenil-Junior   Veteranos  Marcha en ruta

Novo Horario Xuvenil-Junior

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA