Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Cambios nas licenzas para esta tempada

Noticias FGA

Cambios nas licenzas para esta tempada

No día de hoxe están convocados na sede da RFEA en Madrid, todos os Secretarios Xerais das distintas Federacións territoriais na procura de fixar posturas no tocante as normativas de licenzas de cara a presente tempada, entre outras cuestións.
Como principal novidade, compre salientar que a vixencia tanto de fichas como dos seguros terá unha duración este ano de catorce meses co obxecto de adaptar a tempada ó ano natural e facer que xa no 2020 acaden esta condición plenamente.
En breve publicarase a Normativa de Licenzas e seguros para a tempada actual.

Noticias Web FGA .- Resolucíon definitiva das bolsas concedidas para o grupo de tecnificación do CGTD

Noticias FGA

Resolucíon definitiva das bolsas concedidas para o grupo de tecnificación do CGTD

Resolución definitiva das solicitudes tecnificación 2018-19

Noticias Web FGA .- Comeza o curso no CGTD de Pontevedra

Noticias FGA

Comeza o curso no CGTD de Pontevedra

Co comezo do curso académico, arrinca a actividade un ano máis no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. A inesgotable canteira formativa de atletas galegos durante os últimos tempos, comeza esta nova andaina con importantes novidades con respecto a anos pasados.
Para comezar o pentaolímpico Frank Casañas será o encargado de asumir a coordinación do grupo de atletismo simultaneando as tarefas organizativas ca parcela técnica do mesmo. Xunto el, nesta última área, atópanse a tamén lanzadora internacional Loly Pedrardes, quen deixa de ser coordinadora para centrarse na parcela técnica así como Carlos Morales que do mesmo modo muda o papel que viña desenvolvendo brillantemente ó fronte da Dirección do ESGAMAR para enfocar o seu traballo cara tarefas más técnicas e formativas.
Noutro orden de cousas, e tamén a diferenza de anos anteriores, serán as especilidades de lanzamentos e marcha as únicas que operen durante este novo curso no CGTD.

Noticias Web FGA .- Campaña de formación de xuíces de atletismo

Noticias FGA

Campaña de formación de xuíces de atletismo 

Como todos os anos o Comité Galego de Xuíces organiza por estas datas cursiños preparatorios para a formación de todos aqueles que desexen ser xuíz de atletismo e tomar parte na ampla cantidade de probas que concurren pola nosa xeografía en cada unha das modalidades.
Para este ano as datas son as seguintes:
Exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel 1 o 24 de novembro ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Ver en Google Maps.
Os interesados poden dirixirse á súa delegación territorial da FGA para solicitar información sobre os cursos de preparación.
O pago da cota de inscrición podese facer a través da plataforma de pago ata o 11 de novembro.
Na Biblioteca Virtual do CGX pódense atopar modelos de exames, o regulamento IAAF e tamén exercicios.

Noticias Web FGA .- A Escola Galega de Marcha evoluciona cara un perfil menos especializado

Noticias FGA

A Escola Galega de Marcha evoluciona cara un perfil menos especializado

O técnico, lucense de nacemento pero pontevedrés de adopción, Carlos Morales Velasco (Lugo, 1989) , facía pública fai uns días a súa intención de deixar o cargo de Director da Escola Galega de Marcha cuxo cargo viña ocupando e simultaneando co de Responsable Técnico do Sector da FGA durante os últimos anos.
Antes de abordar os motivos que o conducirían a deixar a dirección da Escola, quixemos preguntarlle sobre as orixes da mesma.
“A Escola Galega de Marcha (ESGAMAR) naceu no 2008 grazas ó apoio da Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Atletismo, co gran Santi Pérez como director. Grazas a esta Escola fóronse iniciando moitos marchadores en Galicia a nivel xeral e na zona de Pontevedra a nivel particular”
 Moitos anos de actividade que chegan ó seu fin…“Así é, co paso dos anos foise transformando en Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra ata terminar en simplemente Deporte Escolas de marcha, e a partir de agora Deporte Escolas de Atletismo, un proxecto máis a nivel provincial e de atletismo xeral”
Con todo elo decides deixar a dirección desta nova etapa… “A verdade é que puiden seguir á fronte deste novo proxecto pero non me vía polo desgaste dos últimos tempos e sobre todo porque leva perder recursos e posibilidades para a marcha atlética e o sector. Aínda que si estou a axudar ao novo director”
Facendo un repaso, moitos teñen sido os marchadores que pasaron por aquí… “Nestos nove anos de Escola saíron e pasaron por ela catro directores ademáis de min (Santi Pérez, Jorge Silva e Óscar Fernández), moitos adestradores ou monitores (Jose A. Pardal, Juan Ramilo, José Calvar, Samantha Mulloni, Carmen Escariz, Valeria Fernández, Sebi Piñeiro e non quixera deixar a niguén… ) e sobre todo, os protagonistas, os atletas. Moitos deles acabarían sendo medallistas galegos, uns cantos medallistas nacionais e uns poucos, atletas internacionais como  por exemplo Fran Durán, Daniel Chamosa, Antía Chamosa, Carmen Escariz e Iria Rivas. E mesmo dous másteres, Conchy Campos e Montse Pereira sen esquecer ós que estaban xa antes do proxecto como Eva Mª Iglesias ou Juan Carlos Ríos”
Supoñemos que moitos teñen sido os que colaboraron con este proxecto facendo que fora posible “A axuda recibida foi moi importante, e aproveito para dar as grazas a todos os mencionados anteriormente e a outros moitos que axudaron ao longo desta década no proxecto, vénme á mente moitos pais e afeccionados como Fermín Durán, Manolo Teijeiro, Alberto Rivas e moitisimos máis con maior ou menor relación. A todos e cada un dos os implicados, parabéns e grazas a todos pola axuda.
Un novo enfoque que cambia o plantexamento inicial da Escola… “Si, neste proxecto novo o obxectivo é a iniciación e promoción do deporte, nin sequera a competición de marcha especificamente,  senón de atletismo en xeral. O plantexamento é loxico en parte xa que vai de cinco anos en adiante e a esas idades especializar en marcha ou calquera única cousa non é o ideal”
Continúas ó fronte do sector Técnico de Marcha como responsable do mesmo, pero supoñemos que con novos proxectos…  “Pois agora toca mirar cara adiante coa cabeza ben alta ,orgullosa e satisfeita da nosa parte. Seguirá habendo moita marcha tanto en Pontevedra e arredores, como en Galicia. Como dicía o primeiro slogan que lembro “GALICIA MOITA MARCHA”. A verdade que non foi todo como eu esperaba…pero en parte foi un soño cumprido e prefiro quedar co positivo, sen criticar nada nin a ninguén e asumindo o malo. Quero rematar dando de novo as grazas a todos por estes dez anos e en especial os tres últimos que me tocan. Grazas tamén ao Club Atletismo Cuntis EMD, CA Vila de Cangas e resto de clubs implicados no proxecto”.

Noticias Web FGA .- Proposta de resolución provisional das solicitudes presentadas para a concesión de bolsas para o CGTD 2018/2019

Noticias Web FGA .- Vimianzo inaugura setembro co galego dos 5 km.

Noticias FGA

Vimianzo inaugura setembro co galego dos 5 km.

O calendario de actividade atlética na nosa comunidade non para. Logo de tomar folgos no mes de agosto, comézase puco a pouco a retomar o último treito desta tempada.
Nesta línea acontecerá o domingo día 2 no Concello de Vimianzo, o IX Campionato de Galicia dos 5 km. que contará cun importante número de atletas inscritos a cabeza dos cales atopamos a Rocío Alvite do C.A. Sar e Alejo Ares do ADAS Proinor como principáis favoritos.
A atleta de Mazaricos aspira a suceder no palmarés a Paula Mayobre, campioa na edición do ano pasado, namentras que o campión galego dos 3000 m. Obstáculos, tentará mellorar a prata do ano pasado na que o trunfo correspondería a David Santos do Verxel Nutrición.
Entre o resto de inscritos salientar de igual modo, a presenza da máster do Comesaña Soledad Castro quen acumula unha gran cantidade de títulos e podios mundiais no seu currículo e que parte como clara favorita tanto ó trunfo da súa categoría, como a unha das medallas do podio absoluto.
Outros atletas importantes que tentarán revalidar o título acadado na edición do ano pasado en Curtis, serán Sonsoles Martínez do ADAS Proinor na Sub-18,  Elena Miguéns do C.A. Sar na máster 35, Amador Pena do C.A. O Pino na máster 35 así como Eduardo Pinedo e Angeles Ripoll do C.A. Sada na máster 65 e 55 respectivamente.
As distintas saidas e chegadas das probas daranse na rúa Antón Vázquez Mouzo a partir das 10.00 horas estando previsto que as distintas premiacións se efectúen as 11.30 horas na praza do Concello

Noticias Web FGA .- Marea galega nos mundiais máster

Noticias FGA

Marea galega nos mundiais máster

Un importante número de atletas máster de Galicia tomará parte durante os días 4 ao 16 no Campionato do Mundo de Aire libre que terá por escenario o Estadio de Atletismo da cidade de Málaga.
Coma sempre que un evento destas características sucede preto da nosa comunidade, a expectación xerada foi moi importante nun colectivo de atletas moi activo que conta cada vez con mais peso e importancia no noso deporte.
Entre os  que se achegarán ata a cidade andaluza, destaca a presenza dun importante elenco de medallistas e plusmarquistas mundiais entre os que se atopan entre outros  Pepín Rioseco, Luis Nogueira,  Sole Castro, Mari Angeles Rodríguez ou Emilia Mesa. O obxectivo non será outro que tentar subir o listón e mellorar os recentes éxitos do noso deporte nos europeos de pista cuberta que se desenvolveron no mes de marzo en Madrid.
Lembramos que o último Campionato do Mundo correspondería ao ano 2016 en Perth (Australia) onde Soledad Castro lograría un bronce na proba de media marathon e a que acudirían un total de catro galegos .

Noticias Web FGA .- Nova sabia para o atletismo galego

Noticias FGA

Nova sabia para o atletismo galego

Cos últimos coletazos dunha nova tempada a piques de rematar, son moitos e importantes o número de atletas das categorías inferiores que ocupan un posto destacado entre os cinco primeiros no ranking nacional nas categorías Sub14 e Sub16
En concreto son trinta e tres o número de veces que os nosos atletas que foron quen de ocupar un desos meritorios lugares no ranking anual e que cada ano establece as evolucións deste importante sector do atletismo que está chamado no día de mañán a ser a xeración que lidere o noso deporte.
Revisando esas listaxes observamos como os lanzamentos e a marcha siguen a ser nas categorías base a punta de lanza do noso atletismo na que nos atopamos con catorce lanzadores e dez marchadores neses postos importantes. Entre eles, lideran as súas probas Brais Suárez nos 3000 marcha,  Erik Seijo en martelo, Antía Sestelo e Daniel Mato en xavelina, así como Erea Bastón primera en peso e segunda en disco.
O sector do fondo, sempre destacado no noso atletismo, está representado por catro atletas nesas categorías con Xela Martínez nos 3.000 m. e Carolina Santos nos obstáculos á cabeza dos mesmos. Para rematar presenza tamén en valos e saltos.

Noticias Web FGA .- Relación completa das solicitudes recibidas na FGA, para Bolsa de tecnificación e rendemento deportivo no CGTD

Noticias FGA

Relación completa das solicitudes recibidas na FGA, para Bolsa de tecnificación e rendemento deportivo no CGTD

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA