Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Asinado importante convenio

Noticias FGA

Asinado importante convenio

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia  ven de facer unha importante xestión con ABANCA Corporación Bancaria S.A. que permitirá ás Federacións Deportivas Galegas dispoñer de fondos para facer fronte ós pagamentos pendentes.

Os importantes retrasos que acumulan moitas entidades públicas no tocante ós convenios ou subvencións cas distintas federacións galegas, orixinan graves problemas que liquidez e operatividade que ca aprobación deste destacado convenio, poderán paliar en maior ou menor medida tal situación.

Noticias Web FGA .- Comezamos a tempada con nova web

Noticias FGA

Comezamos a tempada con nova web

Ca chegada onte do dia 1 de novembro, daría oficialmente comezo a nova tempada atlética 2017/2018. Coma ven sendo habitual ca entrada do novo ciclo deportivo, serán moitos os obxectivos e proxectos que tentarán desenvolverse e articularse dende os  distintos estamentos do noso deporte, na procura de melloras tanto deportivas, coma técnicas e estruturais.

Dende esta Federación Galega, e ca finalidade de seguir apostanto por unha comunicación veraz, fluida e o alcance de todos, querémosvos presentar esta nova páxina que tentará ser unha importante ferramenta de traballo, de información e de contidos e que nace ca idea de converterse, ca vosa axuda, en nexo informativo e comunicativo de todo o noso deporte.

Agardamos que sexa do voso agrado e que poidades atopar todo aquelo que precisedes. A todos/as moi boa tempada.

Noticias Web FGA .- Concentración do Sector de Velocidade da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración do Sector de Velocidade da FGA

A proposta do responsable do sector de velocidade da Federación Galega de Atletismo José Carlos Tuñas, convócase a un total de corenta atletas a tomar parte na Concentración Técnica que acontecerá os vindeiros dias 3,4 e 5 de Novembro en Lugo.

A Concentración na que se desenvolverán distintos adestramentos, contará ca presenza do campión e plusmarquista de España dos 400 m.l. Oscar Husillos, así como a de distintos ponentes especialistas que dende o seu campo e actuación, darán  un enfoque multidisciplinar da  especialidade nas charlas previstas.

Para tomar parte na mesma compre confirmar a presenza ou ausencia antes das 14.00 horas do 28 de Outubro

  

Noticias Web FGA .- Concentración de Saltos F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración de Saltos F.G.A.

A proposta dos responsables de saltos da Federación Galega de Atletismo, Mario González e Santi Ferrer M., convócanse a un total de corenta atletas (e ós seus respectivos adestradores)  para tomar parte nasConcentracións técnicas do sector que se desenvolverán o vindeiro dia 25 de Novembro.

De cara a unha maior operatividade, encadraranse ós atletas en dous grupos por zonas xeográficas, asi unha se desenvolverá na zona norte que terá a sede no Módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e outra na zona Sur ubicado no Módulo cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense.

A data límite para confirmar a presenza ou ausencia será o vindeiro dia 21 de Novembro antes das 18.00 horas.

  

 

Noticias Web FGA .- 24/10/2017 . Deportistas Galegos de Alto Nivel (DEGAN)

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/10/2017 . Deportistas Galegos de Alto Nivel (DEGAN)

Segundo publicado polo D.O.G. na cal se establece a relación de deportistas galegos de Alto Nivel, son 26 o total de atletas galegos que acadan esta categoría no noso deporte.

Para cumplimentar esta solicitud compre entregar nesta federación o ANEXO antes do xoves dia 26 as 20.00 horas

Noticias Web FGA .- Arranca a formación dos futuros adestradores

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Arranca a formación dos futuros adestradores

Deu comezo esta fin de semana a primeira das clases correspondentes ó Curso de Monitor Nacional (Nivel I RFEA) de atletismo que se desenvolverá durante os dias 14 de Outubro ata o 02 de Decembro na Delegación da Coruña.

Esta nova edición, na que están incritos un total de 34 alumnos achegados de todas as delegacións, estará composta por un total de 390 horas repartidas en dous bloques os cales dotarán ós alumnos de todas as ferramentas precisas para acadar esa formación ca cal poder desenvolver os seus distintos cometidos atléticos.

 

Noticias Web FGA .- VI Liga Galega de Inverno ABANCA de Menores

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
VI Liga Galega de Inverno ABANCA de Menores

Acábase de publicar a circular correspondente ó regulamento da V Liga Galega de Inverno ABANCA de Menores que como edicións anteriores, xuntará a un importante número de equipos e participantes das categorías base do noso deporte.

Coma se ben facendo, esta Liga ABANCA estará formada por equipos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil (sub-14) os cales terán que compitir nunha previa provincial o vindeiro dia 18 de Novembro a resultas das cales haberá unha clasificación dos millores clubes para a fase final cuia data e sede está ainda por confirmar.

Lembramos que o prazo para tomar parte nesta Liga ABANCA remata o día 20 de Outubro antes das 20.00 horas.

Noticias WEb FGA .- 02/10/2017 . Aberta a pasarela de pago para Licenza de Clube

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/10/2017 . Aberta a pasarela de pago para Licenza de Clube

  Dende hoxe, luns  2 de Outubro ata o  próximo martes día 10 de Outubro, para licenzas RFEA, e sen data para o resto de licenzas .

Noticias Web FGA .- Cuotas Licenzas tempada 2017/2018

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Cuotas Licenzas tempada 2017/2018

Ca chegada do mes de Outubro os distintos clubes comezan co seu frenético esforzo de cara a acadar e consolidar os seus distintos proxectos deportivos que se  plasman no mercado de fichaxes.

Un tema importante para levar a cabo esa planificación, pasa  por costear as distintas licenzas (tanto de atletas como de clubes) cuias tarifas acabánse de publicar na circular 79/2017.

Da mesma maneira tamén quedan reflexadas as licenzas de adestradores e xuices para esta mesma tempada

Noticias Web FGA .- 27/09/2017 . "Citius, Altius, Fortius" cumple esta fin de semana 300 programas de emisión

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/09/2017 . "Citius, Altius, Fortius" cumple esta fin de semana 300 programas de emisión

O programa de televisión Citius, Altius, Fortius  elaborado pola Federación Galega de Atletismo e emitido semanalmente na franxa dos sábados pola TVG2, cumple esta fin de semana 300 programas en antena.

Lonxe queda xa aquel mes de abril do ano 2011 cando se vería a emisión do primeiro programa que nacía con humildade pero con vocación de informar e entreter. Durante estes seis anos as súas cámaras intentaron captar  todo aquelo que acontecía e que resultaba relevante para o noso deporte en cada un dos seus estamentos, acompañando en moitos caso no medre e na eclosión do que se está a denominar  a "nova xeración de ouro do atletismo galego"

Segundo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, " E para nós un orguio chegar ata esta cifra e ver como o que comezou sendo unha aposta  arriscada no seu dia, mantén e mesmo incrementa, a súa importancia e finalidade coma elemento de nexo e difusión a nivel deportivo e social" . Hornillos remata  salientando que  "Damos grazas a todos cantos nos seguides fielmente a través da TVG2 ou a través da páxina web, sen esquecernos  dos que directa ou indirectamente participades con nós cedendo imaxes, aportando comentarios, entrevistas ou información. A todos moitas grazas"

Enlace histórico de programas

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA