Noticias FGA

Noticias Web FGA .- A Federación Galega agarda en breve poder programar os seus Campionatos en Expourense

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
A Federación Galega agarda en breve poder programar os seus Campionatos en Expourense

Recentemente a Xunta de Galicia daba por rematada oficialmente a construcción da pista cuberta de Expourense o pasado dia 31 de agosto. Por tal motivo a presentación oficial do proxecto será  para principios do mes de Novembro malia que non será ata mediados de decembro cando a nova instalación poida ser desplagada (logo da celebración das últimas feiras do recinto) co gallo de acadar a homologación que a fagan apta para o desenvolvemento de probas oficiáis.

A pista que será hidráulica con seis rúas de 200 m.  e oito na zona central, contará con zona de quencemento e concursos, converténdose nunha das máis modernas a nivel internacional. A Xunta de Galicia que nun importante esforzo,  invertiría neste instalación preto de tres millóns de euros, dota asi ó atletismo galego dunha reivindicación e necesidade histórica que soporá un medre tanto cuantitativo como caulitativo do deporte no noso pais.

Malia os avances e o remate da obra,  a Federación Galega ainda non conta cas datas de dispoñibilidade da pista cas cales poder programar os distintos Campionatos  Autonómicos, agardando que en breve se poidan xa planificar.

Noticias Web FGA .- O atletismo galego sementa o seu futuro

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
O atletismo galego sementa o seu futuro

Tendo xa rematada na súa practica totalidade a tempada 2016/2017estamos a comprobar como un importante número de novos e talentosos atletas, está a ocupar os primeiros postos  do ranking nacional das categorías inferiores.

En concreto é un total de corenta atletas das categorías Infantil ata promesa, quenes nas distintas discipliñas do programa atlético, ocupan os tres primeiros postos do ranking nacional, o que sen lugar a dúbidas representa canto menos unha boa nova para o futuro do noso atletismo.

Noticias Web FGA .- 30/08/2017 . Novos cursiños preparatorios para o exame de xuiz de atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/08/2017 . Novos cursiños preparatorios para o exame de xuiz de atletismo

Logo do paron do verán pouco a pouco vanse perfilando as distintas actividades que se van organizar de cara a tempada 2017/2018.

En concreto o Comité Galego de Xuices convoca unha serie de cursos de formación e preparación encamiñados a formar ós distintos aspirantes que desexen convertirse en xuices de atletismo, sendo os mesmos de balde.

Os cursiños realizaranse en todas as Delegacións da Federación Galega de Atetismo estando o exame previsto para o dia 25 de Novembro.

Todos aqueles interesados en inscribirse ou en solicitar máis información poderán facelo a través do número de teléfono 981 29 16 83 (horario de oficiña) ou no enderezo electrónico comitegalegoxuices@gmail.com

Noticias Web FGA .- Cambios nas denomicacións das categorías de menores para o 2017/2018

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/08/2017 . Cambios nas denomicacións das categorías de menores para o 2017/2018

A Real Federación Española de Atletismo, ben de anunciar que na vindeira tempara producirase unha serie de trocos en relación as denominacións  das categorías existentes e que se viñan empregando ata este momento. Esta cambio non afectará ós anos das citadas categorías xa que o único que se modifica son as denominacións que se lle dan

Esta medida  obedece a necesidade de equiparalo e adaptalo ó empregado pola IAAF e pola Federación Europea e entrando en vigor a partir do 1 de Novembro de 2017.  

                                                         

 

Antes Agora Anos
Promesa Sub-23 1996/97/98
Junior Sub-20 1999-2000
Xuvenil Sub-18 2001-2002
Cadete Sub-16 2003-2004
Infantil Sub-14 2005-2006
Alevín Sub-12 2007-2008
Benxamin Sub-10 2009-2010

Noticias Web FGA .- 23/08/2017 . 95 atletas galegos no top 25 do ranking nacional absoluto de aire libre

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/08/2017 . 95 atletas galegos no top 25 do ranking nacional absoluto de aire libre

Unha vez rematado practicamente ó aire libre, toca facer balance dos resutados e actuacións nos distintos sectores e categorías do noso deporte. A nivel de ranking compre salientar que son nada menos que 95 atletas os que se sitúan nos postos top-25 do ranking nacional entre os que compre salientar esas primeiras posicións (nas probas olímpicas) nos concursos de triple e xavalina de Ana Peleteiro e Lidia Parada.

Os nosos internacionáis Jean Marie Okutu, Solange Pereira, Frank Casañas, Saleta Fernández e Belen Toimil continúan estando nos postos de honra das súas respectivas especialidades, así como o equipo de relevos do 4x400 feminino do RIA Ferrol que se sitúa no terceiro posto do ranking nacional.

A xavalina e as combinadas aportan con seis atletas, o maior número de incluidos na  lista top-25 na que lle siguen o martelo con cinco e a lonxitude, disco, 800 e os 1500 m.  con catro.  Por categorías o porcentaxe de homes acada a paridade cas mulleres xa que nas probas olímpicas son 29 o número de ambos sexos, os que se sitúan nesta lista.

Noticias Web FGA .- 11/08/2017 . Comunicado conxunto da FGA e os Estamentos Atléticos de A Coruña ante a situación das Pistas de Atletismo do Estadio Universitario de Elviña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/08/2017 . Comunicado conxunto da FGA e os Estamentos Atléticos de A Coruña ante a situación das Pistas de Atletismo do Estadio Universitario de Elviña

 

Noticias Web FGA .- 31/07/2017 . Horario de verán da F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
31/07/2017 . Horario de verán da F.G.A.

Informamos que durante o mes de Agosto a Federación Galega de Atletismo terá un horario de apertura de oficiña e atención ao público que será de luns a venres de 9.30 a 13.00 horas

Boas vacacións a tod@s!

Noticias Web FGA .- 28/07/2017 . Colofón para o Circuito de Atletismo de Pontevedra co Récord Galego Xuvenil de Raquel Meaños

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/07/2017 . Colofón para o Circuito de Atletismo de Pontevedra co Récord Galego Xuvenil de Raquel Meaños

No dia de onte pecharíase un magnífico Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra ca entrega dos premios ós seus gañadores os cales, e por espazo de seis xornadas, estarían compitindo nesta importante cita caracterizada  polos excelentes rexistros acadados ó longo da mesma.

En concreto no dia de onte sería a atleta da A.D.Mazi adestrada por Carlos Landín Raquel Meaños,quen na proba dos 800 m.l. establecería un rexistro de 2.07.05 o que supón un novo récord galego da categoría xuvenil, millorando o anterior tope autonómico que ela mesma tiña en nada menos que en preto de dous segundos e que amosan a enorme calidade da de Arousa. Con este rexistro reafirma a súa autoridade a nivel nacional nunha proba na que acadaría este ano o trunfo no Campionato de España Xuvenil así coma polo 6º posto no Campionato de España Absoluto.

A maiores e coma ben sendo habitual programaríanse probas non olímpicas na que o máis salientable serían os non menos notorios rexistros de Adrian Ben na categoría Junior con 1.02.78 e do xuvenil Pedro Osorio do Ria Ferrol con 1.03.84 que representan as millores marcas españolas das súas categorías.

 

Noticias Web FGA .- 26/07/2017 . Olaia Guisela Becerril prata en Lonxitude no Festival Olimpico da Mocidade

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/07/2017 . Olaia Guisela Becerril prata en Lonxitude no Festival Olimpico da Mocidade

Seguen as medallas a nivel internacional  para as nosas representantes galegas. En concreto no XIV Festival Olímpico da Mocidade Europea  que se desenvolvería os dias 26 e 30 de xullo na localidade húngara de Gyor a atleta do Celta Olaia Guisela Becerril quen tomaba parte no concurso de lonxitude, e logo de acadar a súa clasificación para a final (3ª con 5.58) lograría na mesma un salto de 6,15 m. (+4.2) que lle servirían para acadar a medalla de prata nunha proba gañada pola austriaca Gruenwald con 6.23 m. (+4.8). Con este primeiro metal internacional a xoven promesa do atletismo galego acada o seu resultado máis importante a nivel deportivo.

Pola súa banda Lucía Sicre tomaría parte (estrenado internacionalidade) na proba dos 800 m.l. na que acudía cun rexistro de 2.11.83  (MMP). A de Ferrol remataría 7ª na semifinal cun tempo oficial de de 2.14.96 e na que a experiencia acadada sería o máis importante.


 

Noticias Web FGA .- 24/07/2017 . 8 medallas para os galegos nos nacionáis de Serrahima

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/07/2017 . 8 medallas para os galegos nos nacionáis de Serrahima

Un total de oito medallas (6 ouros e 2 pratas)  e un recórd galego xuvenil serían o balance que traerían consigo os atletas galegos que tomaron parte ne edición numero 97 do Campionato de España que este pasado fin de semana se desenvolvería no Estadio Municipal "Joan Serrahima"  de Barcelona.

Comezando cas probas de rúa, os 10.000 marcha feminino traería a novena posición de Mar Chillón cun rexistro de 52.43.39 nunha especialidade na que os marchadores internacionáis Fran Durán que abandonaría eDaniel Chamosa, que sería descalificado, non terían o seu dia.

Na velocidade o máis salientable sería o pase as semis de Javier Cancela que invertiría un  rexistro de 10.70 e na que non pasaría  Javier Garcia do Atletismo Narón con 10.90

Paula Iglesias do Riazor Coruña tomaría parte tanto nos 400 m.l. coma nos 200 m.l. sendo nesta proba na que chegaría a semifináis marcando nela 25.57. Paula Ferreiros do Lucus CRG milloraría a súa marca da tempada nos 400 m.l. con 56.70 malia que non lle permitiría o pase a semifinal. David Abalde da Gimnástica correría tanto os 200m.l. (21.93) como os 400 m. (49.15) non poidendo progresar nas mesmas, si en cambio fariano o campion de Galicia dos 200 m.l. Sergio Rodríguez do Coruña Comarca que accedería as semifináis marcando nas mesmas un crono de 21.71

Nos valados o coruñés do Riazor Carlos Moro entraría na final dos 400 v. como xa o fixera o ano pasado  rematando no 7º lugar con 52.80. Xa nos 110 m.v. Miguel Pérez do Lucus CRG chegaría ata as semis logo de marcar nas eliminatorias unha MMP de 14.35. Nos 100 v.  Alicia Merino do LUCUS CRG con 14.2, Enma Valencia do A.F.Celta con 14.81, Claudia Rojo do Valencia Sports con 14.30 e Antía Queimaño do RIA Ferrol con 14.90 rematarían a súa participación nos nacionáis na súa primeira serie.

Nos 800 m.l. sensacioal papel dos nosos dous representates xuveniles. Raquel Meaños da A.D.Mazí, meteríase na final logrando unha 6ª posición con 2.09.08 amosando a enorme calidade que ten. Nos homes non menos bo o tamén sesancioal comportamento de Pedro Ossorio do Ria Ferrol quen na súa serie establecería un novo Récord Galego Xuvenil con 1.51.45

Nos 1500 m.l. homes participación dos atletas do real Club Celta Gonzalo Basconcelos Gonzalo Portos os cales marcarían un rexistro de 3.53.57 e 3.57.34 que non lles permitiría acceder á final. Nas mulleres e logo de non clasificarse nin Sandra Mosquera do ADAS-Proinor con 4.44.60 nin Finort Alice Marie do A.F.Celta con 4.37.9,  contaríamos con dobre presenza galega na final. Leticia Fernández do ADAS-Proinor  acadaría unha formidable 5ª posición  con 4.43.20 malia que a nova importante estaría na victoria da favorita ó titulo, Solange Pereira quen reafirmaría o seu domiño na distancia impoñéndose con 4.40.55. Nos 5000 m.l. Esther Navarretedo ADAS-Proinor non puido repetir o podium do ano pasado entrendo malia elo nunha notoria 5ª posición con 16.40.92

Nos lanzamentos coma sempre importante e destacada presenza galega comezando pola de martelo na que tanto Nacho Fernández do R.C.Celta como Carlos Revuelta lograrían un excelente 5º e 6º posto respectivamente na final ó lanzar 60.63 m. e 60.06 m. respectivamente. De novo Victor Gallego situariase entre os dez primeiros lanzadores nacionáis tanto de disco (9º con 51.52) coma de peso (10º con 16.29) e na que a protagonista volvería a ser Belén Toimil quen de novo, e lanzando por riba dos dazasete metros, 17.19 colgaríase a medalla de prata facendo dar o millor de si  a clara favorita, Ursula Ruiz quen con con 18.28 establecería un novo Récord Nacional. No concurso de disco de novo o pentaolimpico Frank Casañas volvería facer valer a súa gran calidade para se impoñer na final logrando un novo campionato nacional grazas os seus 59.75 m. Manuel Uriz mandaría a xavalina ata os 65.61 m. nun concurso no que acadaría a 5ª posición e na Lidia Parada na categoria feminina proclamaríase Campiona de España lanzado a 57.97 e establecendo a sua MMT. A olimpica en Atenas Felicia Tilea pola súa banda acadaría a 8ª posición cun millor lanzamento de 44.30.

Nos saltos Alfonso Palomanes, que defendía título de triple, chegaría ata os 15.99 m. que lle servirían para ocupar o 5º posto do seu concurso. Na categoria feminina e sobre o mesmo concurso Ana Peleteiro que está a facer un ano extraordinario, revalidaría pola contra o seu titulo nacional ó saltar ata os 13.67m. En altura Saleta Fernández igualaría o seu millor rexistro persoal con 1.83 que lle permitirían estar no segundo caixón do podium escoltando á Campiona olimpica. No concurso de lonxitide Jean Marie Okutu gañaría no seu último salto o campionato grazas os 7.54 m. que o mantiñan na terciera posición ata ese entón, e fai que o olimpico de Marin sega ampliando o seu curriculum deportivo.

Nas probas combinadas Santiago Ferrer da Gimnástica cun total de 6020 puntos acadaría a meritoria 7º posición da proba.

Noutro orden de cousas no Campionato de España de Relevos o Ria Ferrol que tomaba parte no 4x400 remataría na 7ª posición cun tempo oficial de 3.52.28 nunha proba gañada polo Valencia Esport con 3.40.04 e no que tomaba parte Solange Pereira.

Actuación galega

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA