Noticias FGA

Noticias Web FGA .-23/07/2017 . Campionato España Absoluto: 8 medallas (ouros, Frank Casañas, Lidia Parada, Jean Marei Okutu, Solange Pereira (2) e Ana Peleteiro; Prata: Belen Tomile Saleta Fernande

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/07/2017 . Campionato España Absoluto: 8 medallas (ouros, Frank Casañas, Lidia Parada, Jean Marei Okutu, Solange Pereira (2) e Ana Peleteiro; Prata: Belen Tomile Saleta Fernande

Ultima Hora: Gran actuación galega na primeira xornada do absoluto que se esta celebrando en Barcelona, onde os lanzadores galegos foron os protagonistas ao lograr tres metais,os ouros a cargo de Frank Casañas en disco cun bo rexistro de 59,75; Lidia Parada en Jabalina logra repetir titulo cunha marca de 57,97 e Belen Toimil, consegue a prata en peso revasando nuevamente os 17 metros e no seu primeiro lanzamento logra 17,19 que lle supón o metal

Xornada Domingo

Cinco novas medallas , as logradas en ultímaa xornada do absoluto, o que fan un total de 8 metais (6 ouros e 2 pratas)
A xornada do domingo, cumpríronse os pronósticos co noso atleta e o medio fondo estivo domindo por Solange Pereira que logro vencer nunha carreira táctica cun rexistro de 4.40.55 na mesma carreira tomo parte Leticia Fernandez, cruzando a liña de meta en quinta posición don 4.43.20. A segunda medalla de ouro foi lograda por Ana Peleteiro en triplo cun rexistro de 13,67 e a terceira e ultima medalla de ouro foi para Jean Marie Okutu que volve reinar no campionato con mellor salto de 7,54 metros Por ultimo , a saltadora Saleta Fernandez fíxose coa prata cunha marca de 1,83 o seu mellor marca ao aire libre o iguala o record galego absoluto e promes de Maria Romeu 
Tambien hai que citar o rexistro do xuvenil Pedro Osorio que melloro o seu record galego da categoria na proba de 800 con 1.51.45

O colofon do Campionato contou con Solange Pereira na proba de 4x400 quedando primeiras con un rexistro de 3.40.04 sendo a terceira relevistas do Valencia
En resumo gran campionato das nosas representantes ¡enhorabuena a todos¡

Actuaccion galega

Noticias Web FGA .- 21/07/2017 . Lucía Sicre e Olaia Guisela Becerril preparadas para o Festival Olimpico da Mocidade

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/07/2017 . Lucía Sicre e Olaia Guisela Becerril preparadas para o Festival Olimpico da Mocidade

Seguen as internacionalidades para as nosas representantes galegas. Como va viñemos anunciando o XIV Festival Olímpico da Mocidade Europea  que entre os dias 26 e 30 de xullo acollerá a localidade húngara de Gyor contará na compitición ca atleta ferrolá Lucía Sicre quen tomará parte (estrenado internacionalidade) na proba dos 800 m.l. na que ten acreditado este ano un rexistro de 2.11.83  (MMP). Tamén repite internacionalidade a atleta do A.F. Celta Olaia Guisela Becerril na proba de lonxitude logo de que debutara con trunfo a primeiros de xullo na Copa Ibérica Xuvenil cun salto de 5.66 m. a 24 cm. da súa millor marca da tempada e MMP.

Noticias Web FGA .- 21/07/2017 . Xuntanzas das distintas Comisións da Federación Galega de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/07/2017 . Xuntanzas das distintas Comisións da Federación Galega de Atletismo

Durante os dias 19 e 20 de xullo viñéronse xuntando as Comisións de Deporte Escolar eComisión de Veteranos co gallo de tratar diversos puntos das súas respectivas áreas.

En concreto o dia 19 os representantes daComisión de Deporte Escolar xuntaríanse na Coruña para abordar temas relacionados sobre todo cas normas de compitición escolar sobre a que se proporían importantes cambios de cara a súa milllora e na que se avanzaría, entre outros aspectos, cara a consensuar un calendario de compiticións ca Xunta e Delegacións.

O xoves dia 20 en Santiago Alfonso López Menduiña presidiría a Comisión de Veteranos xunto a Jose Domínguez Caballlero, José Manuel Fernández e Emilia Mesa e na que tamén estaría a Secretaria Xeral e Directora Técnica da FGA.  Nesta xuntanza traballaríase sobre a cofección do calendario e normas dosCampionatos Master da tempada 2017/2018 entre outros temas que se tratarían.

Noticias Web FGA .- 19/07/2017 . O nacional de Serrahima agarda ós atletas galegos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/07/2017 . O nacional de Serrahima agarda ós atletas galegos

Durante esta fin de semana o Estadio MunicipalJoan Serrahima dará acollida ó XCVII Campionato de España de Atletismo na que un total de 42 atletas atletas galegos tomarán parte no que ben sendo por Federacións, a sétima participación en número de atletas que encabeza precisamente a federación anfitriona con 129.

A estos Campionatos os atletas galegos acuden con moitas opcións tanto de MMP como de medallas grazas ó seu excelente actual estado de forma que xa se deixaría notar no campionato de Galicia.  Nas mulleres na proba raiña do medio fondo os 1500 m. a canguesa Solange Pereira parte con todas as pepeletas para acadar o título nacional logo da extraordinaria marca de 4.06.39 acadada recentemente en Rabat e que lle supuxo o pasaporte para Londres. Esther Navarrete do ADAS-Proinor pola súa banda preséntase cun rexistro nos 5000 m.l. de 16.19.35 que a sitúan na sexta posición do ranking nacional e na que a loita polos metáis seguro que estará nos seus plans. Claudia Rojo tomará pparte tanto nos 100 valados como nos 400 v. sendo nesta última proba onde tentará baixar do minuto para estar na loita por boas posicións na final. Nos saltos contaremos cas particpacións de Saleta Fernández que en altura parte ca terceira millor marca do ranking con 1.82, e Ana Peleteiro clara aspirante ó título nacional en triple garzas a marca de 14.22 m. ca que encabeza o concurso no rankin nacional. A protagonista do Galego Belen Toimil volverá ó círculo de peso ca intención de loitar polo título nacional -algo impensable ó principio de tempada- logo deses históricos 17.38 m. do galego. A xavalina, sempre presente de maneira destacada no noso atletismo, contará con Lidia Parada quen defenderá ó seu título acadado o ano pasado. Os seus 57.75 m. deste ano lle dan moitas garantías de éxito.  Antía Chamosatomará parte nos 10. Km marcha co obxectivo de baixar dos 51 minutos e o equipo de relevos femininos do Ria Ferrol dos 4x400 tomará parte no campinato na que se achegan ca terceira millor marca das formacións participantes.

En canto a categoría masculina presencia do coruñés do Riazor Carlos Moro quen correrá os 400 m.v. co claro obxectivo de acceder a final e rebaixar a barreira dos 52 segundos. Nos concursos contamos cas máis importantes opcións de medallas comezando pola de Jean Marie Okutu que na lonxitude estará a loitar polo título nacional con Eusebio Cáceres e por instalarse nos 8.00 metros esta tempirada, no triple Alfonso Palomanes con 16.10 este ano, defenderá o título fronte o castellonense Pablo Torrijos a priori favorito que ten acreditado este ano 16.96. Frank Casañas tentará amarrar a plata en disco que en condicións normáis o seu rexistro de 60.05 lle garante. No martelo interesante duelo entre Carlos Revuelta con 62.66 m. e un fortísimoNacho Fernández do Celta (62.11 m.) quenes protagonizarán un fermoso e interesante duelo para estar o máis arriba posible na final do concurso. A  xavalina permitiranos presenciar ó medallista do nacional do  ano pasado Manolo Uriz que con 69.50 e o sétimo posto no ranking nacional, estará a loitar por millorar a súa MMT. Xa para rematar na proba dos 10.000 marcha destacada presenza dos internacionáis Fran Durán e Daniel Chamosa que se achegan a cidade catalana en moi bo estado de forma 

 

 

Noticias Web FGA .- 16/07/2017 . Belén Toimil, protagonista dun sensacioal Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/07/2017 . Belén Toimil, protagonista dun sensacioal Campionato de Galicia Absoluto

Unha nova edición do Campionato de Galicia desenvolveríase onte na cidade do Lérez onde o millor atletismo autonómico presenciaríase en estado puro.

Dirixido polos mestres de cerimonia Felipe BarataGonzalo Méndez, as bancadas do CGTD vibrarían cas actuacións dos nosos atletas os cales farían vivir momentos estelares cargados de emoción e interés.

Arrancaría o campionato cos obstáculos e os trunfos de Diego Barreiro con 9.35.46 e Ana Garcíacon 11.13.48 quen se quitaba así a espiña do seu nacional de Granollers. Na Pértega domiño de Bea Viteri malia ós seus problemas físicos con 3.22 e na que nos homes Santi Ferrer cedería o título anteMiguel Cajaraville quen acabaría impoñéndose con 4.72 m. No concurso de Martelo interesantísimo duelo entre Nacho Fernández e o ourensán Carlos revuelta con trunfo final para o lanzador do Celta con 62.11. Nas muleres domiño claro de Patricia Correa quen lanzaría ata os 41.70m.

Os 5000 marcha deixaríanos excelentes rexistros cos internacionáis Fran Durán como domiñador masculino con 20.20.21 e Antia Chamosa con 23.39.14. A autoridade dos 400 valados correspondería de maneira clara tanto a Carlos Moro con 52.75 como a Claudia Rojo con 1.02.07, atleta esta última quen se imporía tamén nos 100 valados con 14.32 proclamándose como indiscutible domiñadora do sector galego. O trunfo masculino sobre os 110 m.v. sería para Iago Núñez con 15.19 cun Miguel Pérez  que  sería descalificado por saída nula.

Nos 800 m.l. Gonzalo Basconcelo baixando de distancia e nunha boa tempada para él, acabaría impoñéndose con 1.53.94 ó igual que faría a xoven promesa do medio fondo galego,  Raquel Meaños con 2.13.87. Nos 1500 m.l. Leticia Fernández con 4.26.67 proclamaríase campiona autonómica ó igual que faríaAdrián Lago con 4.02.14 na categoría masculina. Nos 5000 m. título para Manuel Hurtado que chegaría por diante de Rubén Diz, con 14.57.59 para o lucense.  En mulleres claro trunfo para Esther Navarrete quen se proclamaría campiona galega con 17.17.10

No sector de velocidade produciráanse interesantes duelos.  Nos 100 m.l. a xovencísima Nerea Iglesiassigue ampliando o seu domiño logo de que xa o fixera na pista cuberta, gañando aquí con 12.42,  sendo o trunfo na nos homes para Javi Cancelas cuns fantásticos 10.72 e onde os tres primeiros estarían por baixo dos dez segundos. Os 200 m.l. daría un traballado trunfo de moitos anos a Sergio Rodríguez con outros non menos importantes 21.62 correspondendo a victoria feminina para Paula Iglesias quen se imporía con 25.05. Esta mesma atleta sería outra das protagonistas do campinato logo de ser quen de doblar a distancia e impoñerse nos 400 m.l. con 56.44 nunha emocioante loita ca lucense Paula Ferreiros segunda con 56.86. Nos homesPedro Juncal con 50.14 colgaríase o ouro da distancia.

No concurso de altura trunfo nuns dias difíciles, de Dario Costas con 1.92 e na que a victoria feminina sería para Aloia Vilas con 1.56 quen se impoñía a internacional Eva Queimaño ca mesma altura. No corredor de xavalina a internacional Lidia Parada chegaría ata os 52.57 ocupando a olímpica en Atenas Felicia Moldovan o segundo lugar con 46.71. Nos homes o tamén internacional Manolo Uriz  gañaría o seu concurso con 69.50 m. sendo o segundo posto para Borja Barbieto con 66.25. compitindo os dous baixo a atenta mirada do seu adestrador Raimundo Fernández,

En lonxitude Olaia Guisela segue sumando centímietros e trunfos no seu palmarés impoñéndose con 5.88 m. e na que o olimpico Jean Marie Okuto estivo intentando ata o último salto estar por riba dos oito metros, téndose que conformar cuns bos 7.81 m. O campión de España en Triple Salto, Alfonso Palomanes con 15.73 continúa un ano máis ó fronte do sector autonómico xunto a Rosa María Manzano, quen na categoría feminina, saltaba 11.61 m. no seu último intento. No concurso de disco homes proba de moitos quilates ca presenza destacada de Frank Casañas con cinco Xogos olímpicos as súas costas, o cal lanzaría ata os 59.41. Nesta mesmo concurso participaría tamén o triolímpico David Martínez Varela. Nas mulleres primeiro posto da gran protagonista do Campionato Belén Toimil quen merece un capítulo aparte.

A de Mugardos xa viña avisando e dando mostras do que podía acadar en Pontevedra diante dun público entregado e espectante dando comezo a súa participanción co lanzamento de disco na xornada da mañán onde se imporía con 44.16. Xa na tarde, e no círculo de  peso comezaría o seu concurso con 16.93, novo récord galego absoluto que daría paso no seu segundo intento ó notición do dia, eses 17.38 m. que a convirten na primeira muller na historia do atletismo galego en rebasar os míticos 17 metros. A internacional de Mugardos ainda tería forzas para volver a superar os 17 metros no seu segundo intento con 17.17 m. nunha distancia na que chega para asentarse definitivamennte.  Nos homes, o carismático e imaxe gráfica do campionato nesta edición,  Victor Gallego suma e segue o seu longo domiño do sector incrementando un novo título autonómico con 15.99 m.

Noticias Web FGA .- 14/07/2017 . O Campionato Galego en directo a través de Streaming

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/07/2017 . O Campionato Galego en directo a través de Streaming

Mañán botará a andar unha nova edición do Campionato de Galicia Absoluto nas pistas do CGTD de Pontevedra onde preto de setecentas persoas tomarán parte directa ou indirectamente no desenvolvemento deste gran acontecemento. Da mesma maneira as recentemente ianauguradas bancadas do Estadio acollerán a unha multitude importante de siaeiros, curiosos, acompañantes e familiares que poderán presenciar o desenvolvemento do Campionato dende as 10.30 horas da mañán ata as 21.00 horas do serán.
Para todas aquelas persoas que non podan estar presentes no Estadio e desexen presenciar as probas en directo, poderán facelo a traves do sistema streaming que a Federación Galega ten contratado para a ocasión e que permitirá un seguimento en directo das mesmas a través de dispositivos informáticos.

Noticias Web FGA .- 13/07/2017 . Practicamente todo a punto para a gran cita do atletismo galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/07/2017 . Practicamente todo a punto para a gran cita do atletismo galego

Continúa a conta atrás para que as pistas do CGTD de Pontevedra se convirtan o sábado a partir das 10.30 h. no epicentro do atetismo galego. Á cita máis importante da tempada teñen confirmada a súa participación boa parte das principáis figuras do atletismo galego entre as que destaca a do cinco veces olímpico Frank Casañas quen tomará parte no concurso de disco as 17.15 horas  ou a de Jean Marie Okutu na lonxitude quen saltará as 19.45. Do mesmo modo na xavalina contaremos ca presencia da olímpica en Atenas de Felicea Moldovan

Xunto eles importante presenza dos tamén internacionáis Solange Pereira quen tomará parte nos 800 m.l. as 12.40 h. e nos 1500 m. as 18.15 h.;  José Alfonso Palomanes en Triplo as 18.30 h ; Lidia Parada e Ivanna Carolina Román en xavalina as 18.30 horas; Eva Quimaño en altura as 18.15 h.; Olaia Guisela Becerril nos 100 m.l. as 19.10 h. e lonxitude as  12.10 h.;  Paula Ferreiros nos 400 m.l. as 18.45 h.; Ivo Maseda nos 1500 m. as 18.00 h. e o atleta de combinadas Dario Costas quen tomará parte nos 100 m.l. as 19.00 horas,  110 m.v as 20.35 e altura as 11.35 h.

Unha das atraccións do evento será a de Belén Toimil quen participará no concurso de Disco as 12.50 pero que será no Peso as 19.45 h. onde todas as miradas estarán centradas nela xa que ben con intención de chegar ata os 17.00 m. o que suporía sobrepasar por vez primeira esa barreira na historia do atlettismo galego femininio.

Seguindo cas participacións destacadas, no concurso de xavalina as 19.45 h. tomarán parte os internacionáis Borja Barbeito e Manuel Uriz asi como os marchadares Francisco Durán e Daniel Chamosa nos 5.000 m. marcha as 11.05  h. Media hora máis tarde e sobre a mesma distancia participación de  Antía Chamosa. Leticia Fernández, Sandra Mosquera e Angela González doblaran distancia participando sobre os 800 m.l.  as 12.40 h. e sobre os  1500 m.l. 18.15 h. proba esta última que contará ca presencia da internacional venezolana Joselyn Brea

RELACION DEFINITIVA DE ADMITIDOS   

HORARIO DEFINITIVO CAMPIONATO

HORARIO CAMARA DE CHAMADAS

Noticias Web FGA .- 12/07/2017 . Menos de catro dias para a cita máis importante do Atletismo Galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/07/2017 . Menos de catro dias para a cita máis importante do Atletismo Galego

O vindeiro dia 15 de Xullo acontecerá no Estadio do C.G.T.D. de Pontevedra a cita máis importante do atletismo Galego da presente tempada, como é súa XLIX Edición do Campionato Absoluto Feminino e LXXXIV Masculina de atletismo en pista.

A esta importante evento cuia data límite de inscripción remata as 20.00 horas do martes 11 de xullo (https://isis.rfea/sirfea2/) están confirmados xa boa parte das primeiras figuras do atletismo autonómico que pelexarán por este importante título.

Como acontecera xa nas últimas edicións outorgarase, a través do sistema de axudas a atletas galegos de alto nivel 2017,  premios económicos a cada gañador  por importe de 100 € , asi como de 300 € ó millor por táboa IAAAF dos sectores especificados no regulamento técnico da proba.

O cartace corresponde á foto, realizada e cedida por Antón Gómez, de Victor Gallego, "capitán" da Sociedad Gimnástica e un dos atletas en activo máis carismáticos e con máis títulos autonómicos do atletismo galego.

   LISTA DE ADMITIDOS

Noticias Web FGA .- 12/07/2017 . Presentado o Campionato de Galicia Absoluto en Pista

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/07/2017 . Presentado o Campionato de Galicia Absoluto en Pista

As doce horas do dia de hoxe, tería lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra a presentación do XLIX Campionato de Galicia Absoluto Feminino e LXXXIV Masculino de Atletismo en pista que se desenvolverá este vindeiro sábado 15 de nas pistas do CGTD.

A esta presentación acudiría a subdirectora do centro de Tecnificación Mª Jesús Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro HornillosDavid Ferrer en calidade de Delegado da FGA en Pontevedra, Eloy Bretal Presidente do CGX,  Carmela Torres membro da Xunta Directiva da FGA,  Loly Pedrares adestradora do Centro de Rendemento e Ramón Touza, Presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Durante esta presentación destacaríase a importancia do evento,  na que segundo o seu presidente Isidoro Hornillos "Constitúe o acontecemento máis importante do noso atletismo a nivel anual e no que contaremos cas principáis figuras actuáis agás as que se atopan en compromisos internacionáis ca selección nacional" da mesma maneira o mandatario do atletismo autonómico salientaría os importantes premios económicos cos que este campionato está dotado "Como vimos de facer nos últimos anos, adicaranse máis de seis mil euros a este campionato no apartado de premios que irán a cargo da partida orzamentaria de Rendemento" .

A cita desenvolverase en dobre xornada dando comezo as 10.30 horas do sábado para dar remate sobre as 21.00 horas do mesmo dia

Noticias Web FGA .- 10/07/2017 . Cambio Horario Peso Femenino no Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/07/2017 . Cambio Horario Peso Femenino no Campionato de Galicia Absoluto

Comunicase que o vindeiro sábado o concurso de lanzamento de peso pasará a desputarse en xornada vespertina, sendo a hora da proba as 18:45h. O mércores comunicarase a lista de inscritos e o horario definitivo.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA