Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

O LXVI Campionato de España Xuvenil arranca este 24 e 25  na localidade madrileña de Getafe ca presenza dun total de 71 atletas galegos.

No partado de previsións,  o atleta do RIA Ferrol-CCA Pedro Ossorioparte con opcións me medalla nos 800 m.l. grazas ós 1.52.42 que lle outorgan a tercera millor marca de todos os participantes. Outra baza importante sen dúbidas, será a do marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro quen na  proba dos 10.000 marcha, e grazas ós seus 22.07.25 acreditados, estará na loita polo título.

Na categoría feminina unha sensacioal ó longo de todo o ano Raquel Meaños da Agrupación Deportiva Mazí,  fará valer o seu millor rexistro nos 800 m.l. de 2.08.97 para lograr o título nacional e na que xunto ela,  tamén se atopará de seguro na loita polo podium, a ferrolá Lucía Sicrecon 2.12.08. No concurso de Lonxitude, presenza da celeste Olaia Guisela Becerril quen con 5.78 m. estará na pelexa polas primeiras posicións do podium. Carolina Román do Marineda en xavalina, Iria Rivas do Cuntis  nos 5.000 m. marcha e Lia Caride do AVA nos 400 m.v. do  serán outras das atletas que haberá que seguir con atención.

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Máis dun cento de galegos ó Campionato de España de Veteranos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Máis dun cento de galegos ó Campionato de España de Veteranos

Do 23 ó 25 de xuño desenvolverase na cidade alacantina de Elche a LII Campionato de España Veteranos que xuntará nas instalacións  do Estadio Municipal de Atletismo Manolo Jaen a un total de 2125 atletas.

Galicia acude cun total de 117 atletas dos cales 63 son homes e 54 mulleres e que sitúan a nosa comunidade de sexta posición en canto ó número de inscritos, dun total de dazaoito Comunidades que encabeza a anfitriona Valencia con 370.

A nivel de resultados, son moitas as bazas galegas con claras opcións á consecución tanto de medallas como de récords autonómicos ou mesmo nacionáis. Do mesmo xeito agárdase millorar as 64 medallas acadadas na edión do ano pasado nesta mesma cidade.

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . A Montaña e os infantiles completan a axenda desta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . A Montaña e os infantiles completan a axenda desta fin de semana

Un total de 37 atletas galegos estarán presentes no XI Campionato de España de Carreiras de  Montaña Absoluto, Junior e veteranos que se desenvolverá o vindeiro dia sábado 24 na localidade de Molinaseca. 
A esta modalidade que cada ano conta con máis aceptación, acude como presenza destacada, a atleta Paula Mayobre que tentará estar na loita polos primeiros postos. Atletas inscritos

Nouto orden de cousas os Clubes do C.A. Millaraio e do Ria Ferrol Concepción Arenal, tomarán parte tamén nesta fin de semana no Campionato de España Infantil por equipos que acollerá a cidade de Puertollano.

Estos clubes que representan a Galicia, terán que compitir xunto outras 30  formacións na categoria feminina e 24 na categoría masculina. Atletas incritos

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Ataque informático na conta cofcluis@hotmail.com

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Ataque informático na conta cofcluis@hotmail.com

Informamos que un dos correos que dende esta Federación se estaban a empregar por parte de Departamento de Estadísticacofcluis@hotmail.com ben de ser víctima dun ataque informático a través do cal se está a solicitar a todos os seus contactos,  un pagamento económico.

Insistimos en que  trátase dunha virus que non debe ser tido en conta.

A partir de hoxe o departamento de estadística pasará a funcionar co novo correo de: cofcluis_1955@hotmail.com

Noticias Web FGA .- 22/06/2017 . Campionato de Galicia Junior-Promesa

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/06/2017 . Campionato de Galicia Junior-Promesa

Unha vez finalizado o prazo de inscripción aceptáronse todos os atletas con marcas acreditadas desta ou da tempada pasada.
Novo Horario - Lista de admitidos

Noticias Web FGA .- 22/06/2017 . Presentouse hoxe en Ourense o Himno da Federación Galega de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/06/2017 . Presentouse hoxe en Ourense o Himno da Federación Galega de Atletismo

No dia de hoxe tivo lugar as  11.00 horas no centro Cultural"Marcos Valcarcel" (Rúa Progreso, 30) de Ourense, a presentación ofical  do Himno da Federación Galega de Atletismo.

Esta composición, cuios dereitos foron cedidos de balde polo Director da Real Banda de Gaitas de Ourense  Xosé Luis Foxo, enmárcanse dentro da continuidade dos actos de conmemoración do século de existencia da Federación Galega e cuios eventos principáis desenvolveríanse a pasada tempada.

No acto estiveron presentes ademáis do Presidente da FGA Isidoro Hornillos e o propio Foxo, representantes dos distintos colectivos atléticos. Por parte da Deputacion de Ourense acudiría o Deputado Provincial de Deportes e Alcalde de A Baña, Juan Anta

"Dexesamos con este  símbolo dotar a esta Federación dun elemento diferencial de identidade que simbolice e conmemore tanto o importante pasado que amosa, coma o prometedor futuro que ainda está por vir" comentaría Isidoro Hornillos

   

Noticias Web FGA .- 18/06/2017 . Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/06/2017 . Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca

Desenvolveríase esta fin de semana en Lorca o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete na que a nosa comunidade lograría un total de nove medallas (un ouro, cinco pratas e tres bronces)

Na categoría masculina actuación destacada dos nosos atletas nas probas de medio fondo e fondo na que contariamos cas pratas de  Carlos Alvarez nos 600 m. con 1.24.67,   Said Abdoun nos 1000 m. con 2.34.69 rematando ca mesma meritoria posición para El Medhi El Nabauoi nos 3000 m.l. con 9.15.68. (incurso en pleno Ramadam)

No concurso de altura Carlos Cortizo con 1.84 acadaría o bronce nunha proba gañada con 1.98

Na categoría feminina Irene Gómez de novo daría mostras do seu talento impoñéndose por tan só dous centimetros  no seu último lanzamento de martelo chegando ata os 53.37. De novo o podium da marcha e da xavalina estarían presentes atletas galegas cas pratas de Ana Piñeiro nos 3000 m. marcha con 15.04.21 asi como a de María Pena con 37.96 no concurso de lanzamento.

Nas probas de medio fondo e fondo é o igual que acontecera co equipo masculino, destacada actuación das representantes galegas quenes colleitarían os bronces nas probas de 1000 m.l. a cargo de  Paula de La Torrecon 3.05.16 e de Sara Lima nos 3000 m.l. nunha emocioante chegada con 11.00.10

RESULTADOS

Noticias Web FGA .- 17/06/2017 . A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2017 . A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

A Selección Galega acadaría unha magnífica quinta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolvería en Ciudad Real e na que o combinado autonomico quedaría  a menos de seis puntos do podium. Con este resultado Galicia millora a sétima posición acadada na edición do ano pasado e na que un formidable equipo feminino lograría  a segunda posición "oficiosa" da súa categoría.

A nivel de resultados e na categoría masculina,  destacarían a primeira posición de Alfonso Palomanes en Triple quen se imporía a todos os seus riváis para chegar ata os nada menos que 16.10 m.  no seu segundo intento.Frank Casañas, sempre comprometido ca selección, con 55.80 m. cedería tan só ante Lois Maikel Martínez o mesmo que  Carlos Revuelta, segundo en martelo con 60.45 m.

Si esto acontecía co equipo masculino,  unha competitiva selección feminina amosaría todo o seu potencial  no que sen lugar a dúbidas o reforzo da colosal Nediam Vargas quen se imporía tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m. con 11.38 e 23.07 (mínima mundial), contribuiría decididamente a este excelente resultado. Xunto elaSolange Pereira faría o propio nos 1500 m. acadando o trunfo cun rexistro de 4.37.77. Leticia Gil chegaría ata os 6.01 m. gañando por un só centimetro no seu último salto e sumando una nova victoria para a Selección. Destacadas tamén foron Saleta Fernández segunda en altura  con 1.78 m., mesma posición para Ana Peleteiroen Triple con 12.93 m. e Belén Toimil en peso con 15.81 m.  Claudia Rojo acabaría terceira nos 400 m.v. con 1.00.64; excepcional comportamento de Felicia Tildea na xavilina quen acadaría a terceira posición con 44.86 m.

 En outro orden de cousas salientamos o récord galego absoluto do equipo de relevos 4x100 que marcaría un rexistro de 40.94 millorando os 41.43 do Riazor Coruña.  Raquel Meaños sería outra das atletas que establecería unha nova plusmarca galega, neste caso xuvenil,  nos 800 m.l. con 2.08.97 millorando os 2.09.09 que ela mesma tiña dende o 10 de maio.

RESULTADOS

Noticias Web FGA .- 16/06/2017 . A Selección Galega acada unha fantástica quinta posición no Torneo de Seleccións Autonómicas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/06/2017 . A Selección Galega acada unha fantástica quinta posición no Torneo de Seleccións Autonómicas

A Selección Galega acadaría unha magnífica quinta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolvería no dia de hoxe en Ciudad Real. Con este resultado Galicia millora a sétima posición acadada na edición do ano pasado e na que un formidable equipo feminino lograría  a segunda posición "oficiosa" da súa categoría.

A nivel de resultados,  destacarían a primeira posición de Alfonso Palomanes en Triple quen se imporía a todos os seus riváis para chegar ata os  16.10 m.  no seu segundo intento. Frank Casañas, sempre comprometido ca selección, con 55.80 m. cedería tan só ante Lois Maikel Martínez o mesmo que  Carlos Revuelta, segundo en martelo con 60.45 m.

Si esto acontecía co equipo masculino,  unha competitiva selección feminina amosaría todo o seu potencial  no que sen lugar a dúbidas o reforzo da colosal Nediam Vargas quen se imporía tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m. con 11.38 e 23.07 (mínima mundial), contribuiría decididamente a este excelente resultado. Xunto ela Solange Pereira faría o propio nos 1500 m. impoñéndose cun rexistro de 4.37.77. Leticia Gil chegaría ata os 6.01 m. acando o trunfo por un só centimetro no seu último salto e sumando una nova victoria para a Selección. Destacadas tamén foron Saleta Fernández segunda en altura  con 1.78 m., mesma posición para Ana Peleteiro en Triple con 12.93 m. e Belén Toimil en peso con 15.81 m.  Claudia Rojo acabaría terceira nos 400 m.v. con 1.00.64; excepcional comportamento de Felicia Tildea na xavilina quen acadaría a terceira posición con 44.86 m.

 En outro orden de cousas salientamos o récord galego absoluto do equipo de relevos 4x100 que marcaría un rexistro de 40.94 millorando os 41.43 do Riazor Coruña.  Raquel Meñaos sería outra das atletas que establecería unha nova plusmarca galega, neste caso xuvenil,  nos 800 m.l. con 2.08.97 millorando os 2.09.09 que ela mesma tiña dende o 10 de maio.

RESULTADOS

Noticias Web FGA .- 15/06/2017 . Modificacion de Horario na I Xornada Copa Deputacion de Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/06/2017 . Modificacion de Horario na I Xornada Copa Deputacion de Lugo

Debido á cantidade de atletas inscrito no I xornada da Copa Deputacion de Lugo a celebrar o próximo dia 17 , a organización decidiu realizar unha modificación de horario   -  Novo Horario  

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA