Enviado por RIA el Jue, 06/15/2017 - 22:49
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
14/06/2017 . Presentación oficial do novo Delegado da F.G.A. en Ferrol |
Hoxe xoves 15 de Xuño, as 19.15 horas no Esadio de Atletismo da Malata, terá lugar a presentación oficial de Paulino Cartelle Rozas, coma novo Delegado da Federación Galega de Atletismo en Ferrol.
Paulino Cartelle (Ares,1961), ten unha ampla experiencia e coñócemento do atletismo. Dende novo practicaría este deporte a nivel federado ocupando o cargo, anos despóis, de Director Técnico da Federación Galega de Ateltismo en Ferrol, cometido que desenvolvería ata o dia de hoxe. Da mesma maneira dende no ano 2010 comezaría a exercer no estamento de xuices na categoría de Territorial. Destaca a súa capacidade organizativa e o seu talante de dialogo e entendemento ó que se lle suma un amplo coñocemento das realidades atléticas da Delagación que vai dirixir.
Sustitúe no cargo a Ricardo Monzón que viña ocupando esta responsabilidade dende os últimos dez anos.
|
Enviado por RIA el Jue, 06/15/2017 - 22:10
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
13/06/2017 . Definida a Selección Galega Cadete |
A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo, e a proposta dos distintos responsables técnicos dos sectores, faría pública a selección de atletas galegos seleccioados que tomarán parte no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete que se desenvolverá na rexión de murciana de Lorca os dias 17 e 18 de xuño.
Para esta compitición serían seleccioados un total de 36 atletas que serán acompañados por catro adestradores
.jpg)
|
Enviado por RIA el Jue, 06/15/2017 - 22:07
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
12/06/2017 . Jose Manuel Peña, novo Delegado da FGA en Lugo |
.jpg)
O Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, nomeou hoxe a José Manuel Peña, novo Delegado en Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña no ano 2006 e actual adestrador de atletismo, foi formado atléticamente na canteira do Colexio Franciscanos de Lugo. Ata hoxe, foi presidente do Club Lugo Running, entidade que adestra xunto ao C.P. Maristas de Lugo. Entre os atletas dirixidos por él, destacan David Barreira; o internacional Ivo Maseda; José González; Marcos Cintrón; José María Díaz; Javier García, Estela Fernández….
Tamén compaxinará esta nova tarefa federativa coa de ser responsable galego de medio fondo e fondo.
Este mércores presentarase oficialmente ante os estamentos do atletismo lucense nas pistas Gregorio Pérez Rivera, tralo acto da presentación das Xornadas de Pista da Deputación Provincial de Lugo que se inicia ás 18,00 horas.
A Federación Galega de Atletismo desexa moita sorte na xestión a José Manuel Peña, ao frente da Delegación de Lugo e tamén agradece os servizos prestados polo anterior delegado federativo. O novo delegado, de 35 anos, asume o cargo con “moita ilusión” e desexos de dinamizar a práctica atlética en toda a provincia, xa que, ao contrario das outras delegacións, a de Lugo compételle toda a xeografia provincial
|
Enviado por RIA el Jue, 06/15/2017 - 21:58
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
12/06/2017 . Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico |
Esta fin de semana as pistas viguesas de Balaidos deron acollida a unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil e na que un importante número de atletas tomarían parte nas mesmas.
Nun gran ambente de compitición e cunha amplísima participación, as probas contarían en moitos casos cun importante nivel deparando a consecución de dous récolrds galegos a cargo do fillo de Frank Casañas e Loly Pedrares, Hugo Casañas da Gimnástica, quen na proba de lanzamento de pelota da categoría benxamín mandaría a mesma ata os 32.40 m. Pola súa banda Alex Sierpes do Trega volvería a millorar o tope autonómico que el mesmo tiña rebaixandoo en preto de sete segundos ata deixalo en 3.14.47 nos 1000 m.l.
.jpg)
|
Enviado por RIA el Jue, 06/15/2017 - 21:51
Actualidade do Atletismo Galego
11/06/2017 . Pleno para os equipos galegos na Liga Nacional de Clubs |
.jpg) 
Esta fin de semana desenvolveriase a derradeira xornada correspondente ós distintos Campionatos Nacionáis de Liga na que os equipos galegos acadarían os seus obxectivos.
Na División de Honra masculina a Sociedad Gimnástica de Pontevedra logaraba brilantemente en Burgos unha fantástica terceira posición con 103 puntos o que lle garante un ano máis nesta categoría. Destacarían por parte dos pontevedreses, nun encontro gañado polo Pamplona Grupoempleo, as victorias de David Abalde no 400 m.l., Lysvanys Arlys en altura e David Ferrer en Lonxitude.
Un pouco máis complicado resultaba a priori o encontro do do RIA Ferrol en Valladolid. Malia elo as ferrolanas farían un sensacioal encontro no que cederían tan só ante o At san Sebastián acadando a segunda posición e mantendo con autoridade o posto un ano máis na máxima categoría. Por parte das ferrolanas destacarían as victorias de Paulette Natacha nos 400 m.v., Cristina Palacios en altura, Aldara Alvarez en disco, e integrantes do relevo do 4x400 m.
Na primeira División feminina presenza no encontro de Burgos dos conxuntos Atletismo Femino Celta eSociedad Gimnástica que acabarían ocupando os postos 7º e 8º respectivamente na fase de ascenso. Por parte das galegas trunfo parcial de Nedian Nori do Celta nos 100 m.l.
Por último na categoría masculina, durísimo encontro para o Real Clube Celta en Moratalaz na que os vigueses tiveron que empregarse a fondo para evitar o que sería sen lugar adúbidas a sorpresa da xornada. Afortunadamente ó remate posto 13º nesta fase de permanencia para os celestes quen os deixa un ano máis nesta categoría.
Resultados
|
Enviado por RIA el Lun, 06/12/2017 - 22:36
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
09/06/2017 . Selección Galega para o Campionato de España de Seleccions Autonómicas |
No dia de onte dariase a coñocer por parte da Dirección Técnica da FGA, a proposta dos distintos responsables dos sectores, a relación de atletas que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá o vindeiro dia 17 e 18 de Xuño en Ciudad Real.
A ela Galicia acude cun equipo moi compensado onde salienta a reaparición de Mauro Triana nos 100 m.l. e a selección da venezolana Nediam Vargas nos 200 m.l. Nas probas de marcha estarán compitindo os internacionáis Daniel e Antía Chamosa asi coma Solange Pereira nos 1500 m.l. No sector de saltos a presencia de Okutu, Palomanes, Leticia Gil, Ana Peleteiro e Saleta Fernández garantizan bos resultados. De igual modo os lanzamentos serán outo dos puntales da selección na que estarán os internacionáis Casañas,Toimil, e Lidia Parada.
.jpg)
|
Enviado por RIA el Lun, 06/12/2017 - 22:31
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
07/06/2017 . Definida a Selección Galega Cadete |
A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo, e a proposta dos distintos responsables técnicos dos sectores, faría pública a selección de atletas galegos seleccioados que tomarán parte no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete que se desenvolverá na rexión de murciana de Lorca os dias 17 e 18 de xuño.
Para esta compitición serían seleccioados un total de 36 atletas que serán acompañodos por catro adestradores. O plan de viaxe darase a coñocer nos vindeiros dias.
|
Enviado por RIA el Vie, 06/09/2017 - 23:15
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
09/06/2017 . 2ª REPESCA CAMPIONATO DE GALICIA BENXAMIN,ALEVIN E INFANTIL |
.jpg) Debido ás baixas de ultima hora, a directora técnica autoriza unha segunda repesca para o Campionato de Galicia Benxamin,Alevin e Infantil do dia 11 a celebrar nas pista de Balaidos de Vigo LISTADO DE ADMITIDOS
|
Enviado por RIA el Vie, 06/02/2017 - 10:46
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
02/06/2017 . A Malata agarda este domingo o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil |
Unhas das categorías máis destacas do noso atletismo, a cadete xuvenil, terá esta fin de semana nas pistas de atletismo de A Malata a súa gran festa atlética.
O Campionato que botará a andar as 10.30 horas desenvolverase en dobre xornada ata as 20.30 horas do serán e na que preto de seiscentos atletas tomarán parte.
Lembrase que os atletas que incumplan a limitación de probas terán que dar as súas baixas antes de mañá xoves as 14.00 horas, en caso contrario a FGA dará de baixa automáticamente naquelas probas nas que estea nunha peor situación.
Unha vez eliminados as baixas e renuncias se reaxusta o horario NOVO HORARIO
|
Enviado por RIA el Sáb, 05/27/2017 - 18:41
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
21/05/2017 . Pouca fortuna dos clubes galegos na segunda xornada da División de Honra |

A sorte non acompañaría ós equipos galegos que competiron na segunda xornada do Campionato Nacional de Liga de División de Honra. Así o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadría no dia de onte a cuarta posición no seu encontro no que se mediría as formacións de Playas de Castellón, Tenerife Caja Canarias e Gropompleo Pamplona At. Malia. Por arte dos pontevedreses tan só trunfo de Carlos Porto nos 1500 m.l. nun encontro gañado claramente por un dos claros favoritos o título, o Playas de Castellon.
Pola súa banda o RIA Ferrol-CCA non puido evitar de novo nesta segunda xornada o último lugar do seu cadrangular, na que Paulette Fernández nos 400 m.v. volvería a reportar a victoria parcial das departamentáis como xa o fixera na primeira xornada. O RIA tentará no último e decisivo encontro permanecer un ano máis entre a élite Nacional feminina nunha complicada pero posible empresa.
.jpg) .jpg)
Normativa de Compitión
|
Páginas