Noticias FGA

Noticias Web FGA .-18/05/2017 . O Gran Premio de Marcha Cantones, será tamén esciario da I Marcha Popular aberta a todo o mundo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/05/2017 . O Gran Premio de Marcha Cantones, será tamén esciario da I Marcha Popular aberta a todo o mundo

Coma todos os anos dende fai xa trinta e unha edicións, o Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña achégase a cidade herculina xunto a un importantísimo elenco de marchadores de taia mundial e olímpica.

Nesta edición, que acontecerá o sábado dia 03 de xuño a partir das 17.50 horas sobre unha diastancia de 2 km., haberá importantes novidades. Segundo Isidoro Hornillos Presidente da FGA " Queremos dar un novo pulo a este importantísimo evento abrindoo a cidadania  a través dunha marcha popular solidaria cuia recaudación irá integramente destina coma fin social á Cociña Económica da Coruña"

Ademáis preténdese da mesma maneira " Aproveitar o fermoso circuito para abrilo ás xentes ca idea de que tomen parte no evento a modo de andaina, marchando, camiñando ou apurando e na que a única condición esixible é a de non correr"

As inscripcións estarán abertas ata o xoves 1 de xuño

Noticias Web FGA .- 13/05/2017 . Excelentes rexistros no Ourense Termal Atletics Meeting 2017

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/05/2017 . Excelentes rexistros no Ourense Termal Atletics Meeting 2017

O pasado sábado,  Ourense acollería unha nova edición doOurense Termal Atletics Meeting 2017 unha das citas máis importantes do calendario en pista en Galicia. O evento que viña precedido dunha importante espectación, non defraudaría en canto a resultados nos que compre salientar os rexistros da atleta venezolana do Atletismo Feminino Celta Nediam Nori Vargas quen acadaría 11.80 e 23.92 nos 100 e nos 200 m.l. No mesmo sector 10.82 para Jean Marie Okutu nos 100 m.l. sendo tamén destacados os 58.02 de Lucía Sicre (Ria Ferrol) nos 400 m.l. Pola súa banda salientables rexistros de José Alfonso Palomanes con 15.44 m. e 15.52 nos seus dous saltos válidos no concurso de triple e que o colocan de terceiro no ranking.

No apartado de récords Luz María Domínguez do Burgas Ourense establecería un novo Récord Nacional W-55 nos 400 m.l. logo de marcar un crono de 1.08.37 que millorarían os 1.09.06 de Rosa Escribano do ano 2016. Pedro Osorio (Ria Ferrol-CCA) pola súa banda asinaría cos seus 1.52.42 un novo Récord Galego Xuvenil millorando a anterior plusmarca que dende o ano 1991 tiña Leonardo Piñeiro con 1.52.7 e que pon de manifesto o excepcional estado polo que pasa o ferrolano. Miguel Gómez  do R.C.Celta na categoría M-35 sumaríase a festa vivida na capital das burgas, establecendo dúas novas plusmarcas autonómicas tanto nos 100 m.l. con 11.04, coma nos 200 m.l. con 22.74

Noticias Web FGA .- 13/05/2017 . II Trofeo Atletismo Barbanza - Dia das Letras galegas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/05/2017 . II Trofeo Atletismo Barbanza - Dia das Letras galegas

O vindeiro domingo 14 de maio despútase no Estadio da Alta en A Pobra o II Trofeo de Atletismo Barbanza - Letras Galegas.

Este trofeo traerá a atletas destacados de toda Galicia nunha xornada de atletismo no Barbanza.

NOTA IMPORTANTE:  *HORA LÍMITE PRESENTACIÓN DE ARTEFACTOS PARA A SÚA HOMOLOGACIÓN: 10:30 HORAS

Horario - Inscritos

Noticias Web FGA .- 13/05/2017 . Ourense acolle hoxe o seu Meeting

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/05/2017 . Ourense acolle hoxe o seu Meeting

Hoxe sábado,  Ourense dará acollida a unha nova edición doOurense Termal Atletics Meeting 2017 unha das citas máis importantes do calendario en pista en Galicia. O evento que dará comezo as 18.30 horas, desenvolverase nas Pistas Universitarias de atletismo e contará ademáis de ca participación de primeiros atletas autonómicos e nacionáis, con importantes premios económicos.

 

Noticias Web FGA .- 12/05/2017 . Aplazadas as probas de Lugo programadas para o domingo 14 de maio

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/05/2017 . Aplazadas as probas de Lugo programadas para o domingo 14 de maio

Comunícase a todos os colectivos atléticos que as probas programadas para Lugo do vindeiro domingo 14 de maio quedan aplazadas momentaneamente.

Pregamos se disculpen as molestias e transtornos ocasioados, en breve comunicarase a nova data da compitición.

Noticias Web FGA .- 12/05/2017 . I Campionato de Galicia de Relevos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/05/2017 . I Campionato de Galicia de Relevos

Todo preparado para que se desenvolva a primeira edición do Campionato de Galicia de Relevos que acontecerá en Ourense (malia que tamén se barralla a posibilidade Monterrei) o dia 17 de Maio.

Este Campionato organizado pola F.G.A. en Ourense e a colaboración do C.D.Aurum, contará ca participación de relevistas das categorías Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa e Absoluto nas súas modalidades de 4x100, 4x300 e 4x400 m.

Ca celebración desta edición preténdese dar un maior protagonismo e énfase a unha modalidade importante do noso atletismo acentuándose na súa especilaización.

    

Noticias Web FGA .- 11/05/2017 . Vinte e dous Récords Autonómicos e tres Nacionáis, balance do mes de abril

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/05/2017 . Vinte e dous Récords Autonómicos e tres Nacionáis, balance do mes de abril

Durante o pasado mes de abril desenvolveríanse por toda a nosa comunidade un total de trinta e cinco probas oficiáis (vinte e cinco de pista e dez de ruta) que nos depararían a millora dun total de vinte e dous récords autonómicos e tres milloras nacionáis. O Campionato de Galicia de Milla que se desenvolvería no Concello de O Pino a principios do pasado mes, sería unha das probas que máis milloras autonómicas nos deixaría xa que se batirían nada menos que un total de seis plusmarcas galegas e dous récords nacionáis da man dos atletas do C.A. Sada María Luisa Armesto e Eduardo Pinedo. Salientable tamén a actuación de Raquel Lameiro do ADAS-Proinor quen no Campionato de Galicia de Clubes de Ferrol, batiría o récord de España da categoría veterán W-40 no concurso de triple salto.

Noticias Web FGA .- 08/05/2017 . Récord Galego de Leticia Gil en lonxitude e nove medallas nos de España Universitarios

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/05/2017 . Récord Galego de Leticia Gil en lonxitude e nove medallas nos de España Universitarios

Desenvolveuse durante esta pasada fin de semana en Cartagena o Campionato de España Universitario de atletismo na que os nosos atletas acadarían un excelentes resultados para as súa  universidades.

A nova destacada do campionato sería a actuación deLeticia Gil (U. Complutense de Madrid) quen na proba de lonxitude chegaría no seu quinto intento ata os 6.20 m. o que representan un novo récord galego absoluto que milloran os 6.05 m. que ela misma tiña dende o pasado fin de semana  e que ademáis serviríanlle para proclamarse campiona de España Universitaria. Leticia Fernández pola súa banda, e defendendo a Universidade de Vigo, faríase co título nacional nos 1500 m. cun rexistro de  4.32.12. No sector de lanzamentos salientamos tamén o trunfo de Carlos Revuelta  (UNED) quen acadaría o campionato logo de mandar o martelo ata os 60.58 m. A prata deste mesmo concurso, correspondería para o representante da U. de Vigo  Sergio Paredes con 53.40 m. En  triple salto, novo metal para a Universidade de Vigo da man do Campión de España Alfonso Palomanes que conseguiría un bronce no concurso con 15.53 m. Mesmo metal para o alumno da UNEDSantiago Ferrer quen cun salto de 4.55 m. acadaría a praza de podium. No sector de velocidade Paula Iglesiasda Universidade da Coruña, colgariase a prata nos 400 m.l. con 56.30. Para rematar salientar as medallas de prata de Victor Gallego (U. Camilo Jose Cela) con 16.24 en peso e a de bronce en disco con 51.08.

O resto das actuacións dos nosos atletas quedaría da seguinte maneira: Universidader de Santiago: 4ª Mar Chillón nos 5 km. marcha con 24.06.37; 9ª Rosa María Manzano en triple con 11.17; 13º Ivan Manso-Pedrosa nos 3.000 m. Obstáculos con 10.10.39; 6º/1ª Smf. Fernando Vales nos 800 m. con 1.53.82; 11ª Alicia González en Peso con 9.84; 6º/2ª smf. Iago Núñez nos 110 m.v con  15.66; 6º Javier García nos 200 m.l. con 22.94; 5º Miguel Pérez nos 110 m.v. con 14.65; 5ª Teresa Rodríguez nons 100 m.v. con 15.87; 8º Javier García nos 100 m.l. con 11.28Univerisidade da Coruña: 6ª Paula Iglesias en Altura con 1.61 m.; 7ª Laura Chapela nos 200 m.l. con 26.50 e 6ª/2ª Smf. dos 100 ml. con 13.01; 4ª Antía Martínez nos 100 m.v. con 15.35; 5º Carlos Moro nos 400 m.v. con 53.58; 4º/2ªSmf. Denis Galán nos 100 m.l. con 11.48; 7º Javier Cancelas nos 100 m.l.con 11.23 Universidade de Vigo. 4º Miguel Cajaraville en Pértega con 4.50; 6º Ivo Maseda no 5.000 m.l. con 14.51.66; 5º Enrique Prego nos 400 m.l. con 49.51; 7º Pedro Juncal nos 400 m.l. con 50.24. Outras universidades: Marcos Cintrón descalificado na proba de 10 km. marcha

Noticias Web FGA .- 06/05/2017 . Gimnástica, C. A. Santiago e A.F. Celta protagonistas no Galego Cadete e Junior de clubs

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/05/2017 . Gimnástica, C. A. Santiago e A.F. Celta protagonistas no Galego Cadete e Junior de clubs

Na xornada de hoxe as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Perez Rivera deron acollida ó Campionato de Galicia Cadete e Junior de Aire libre na que tomaron parte un importante número de atletas e clubes na procura deste importante título colectivo.

En canto a resultados salientar o dominio na categoría cadete do equipo pontevedrés da Gimnástica quen se imporía tanto en homes coma en mulleres estando compañado no podium masculino polos equipos do Lucus Caixa Rural Galega e Real Clube Celta así como pola Agrupación Viguesa de Atletismo e polo Lucus Caixa Rural Galega na feminina.

Na categoria Junior o trunfo feminino correspondería  para as viguesas do A.F. Celta sendo o conxunto do RIA-CCA o segundo clasificado correspondendo a terceira posición para a Gimnástica. Para rematar, e na categoría junior masculina,  o Clube Atletismo Santiago proclamaríase campión galego por diante do Lucus Caixa Rural Galega e do Real Clube Celta, segundo e terceiro respectivamente.

As probas que discurriron en dobre xornada, foron retrasmitidas en directo por streaming poidendo ser presenciadas en tempo real por todos aqueles que quixeron seguir este encontro.

 

Noticias Web FGA .- 04/05/2017 . Lugo acolle este sábado os Campionatos de Clubs Cadete e Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/05/2017 . Lugo acolle este sábado os Campionatos de Clubs Cadete e Xuvenil

Esta fin de semana as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Perez Rivera acollerán dende as 10.15 horas osCampionatos de Galicia Cadete e Junior de Aire libre na que tomarán parte un importante número de atletas e clubes entre os cales se atopan: Lucus Caixa Rural Galega, Sociedad Gimnástica, Millario, Vila de Cangas, Universidade de Santiago, Agrupación Viguesa de Atletismo, Clube Franciscanos de Lugo, Marineda, Olímpico de Vedra, A.Deportiva Mazí, Clube Atletismo Sada, Clube Atletismo Narón, Escola Atlética Lucense, Clube Atletismo A Estrada, ADAS-Proinor, Real Clube Celta, Ourense Atletismo, A.Feminino Celta, Ria Ferrol-CCA e Riazor Coruña.

Entre as formacións participantes salientamos a presenza na categoría Cadete do Millario e do RIA Ferrol-CCA asi como a do LUCUS Caixa Rural Galega e Sociedad Gimnástica de Pontevedra que defenden o título acadado o ano pasado en Ferrol.

As probas que discurrirán en dobre xornada, darán remate sobre as 20.20 horas sendo o formato de compitición a atleta por proba e na que como novidade o o encontro será retrasmitido en streaming pola fundación TIC.

    

Equipos clasificados por categorías

Entrega de artefactos, cadencias e Reunion Técnica

Inscritos-Horario-Anexo Circular

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA