Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 04/05/2017 . Sociedad Gimnástica e RIA Ferrol afrontarán o dia 20 a segunda cita na División de Honra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/05/2017 . Sociedad Gimnástica e RIA Ferrol afrontarán o dia 20 a segunda cita na División de Honra

O equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedrafigura logo da primeira xornada no noveno posto da clasificación xeral por clubes, téndose que medir no seu encontro do vindeiro dia 20 en Alcobendas as formacións de A.D.Marathon, Unicaja Atletismo e Atlético Salamanca. Malia que a priori asemella complicado, os pontevedreses ainda están na loita polo título,  tendo para elo que gañar ou acadar unha boa posición no seu cadrangular e agardar ó que fagan os demáis equipos no resto de encontros.

Máis difícil terano o RIA Ferrol-CCA que non puido evitar na primeira xornada acadar o último lugar da compitición. As departamentáis nesta segunda cita ligueira teránse que enfrontar nas pìstas de Anoeta ós equipos Valencia Esports, At. San Sebastián e Super Aamara BT nun encontro moi complicado no que todo parece indicar que pelexarán pola permanencia no terceiro e decisivo enfrontamento que lles permitiría  estar un ano máis na élite nacional.

Clasificacións e emparellamentos logo na primeira xornada

Normativa de Compitión

Noticias Web FGA .- 03/05/2017 . Lugo acolle este sábado os Campionatos de Clubs Cadete e Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/05/2017 . Lugo acolle este sábado os Campionatos de Clubs Cadete e Xuvenil

Esta fin de semana as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Perez Rivera acollerán dende as 10.15 horas osCampionatos de Galicia Cadete e Junior de Aire libre na que tomarán parte un importante número de atletas e clubes entre os cales se atopan: Lucus Caixa Rural Galega, Sociedad Gimnástica, Millario, Vila de Cangas, Universidade de Santiago, Agrupación Viguesa de Atletismo, Clube Franciscanos de Lugo, Marineda, Olímpico de Vedra, A.Deportiva Mazí, Clube Atletismo Sada, Clube Atletismo Narón, Escola Atlética Lucense, Clube Atletismo A Estrada, ADAS-Proinor, Real Clube Celta, Ourense Atletismo, A.Feminino Celta, Ria Ferrol-CCA e Riazor Coruña.

Entre as formacións participantes salientamos a presenza na categoría Cadete do Millario e do RIA Ferrol-CCA asi como a do LUCUS Caixa Rural Galega e Sociedad Gimnástica de Pontevedra que defenden o título acadado o ano pasado en Ferrol.

As probas que discurrirán en dobre xornada,  darán remate sobre as 20.20 horas sendo o formato de compitición a atleta por proba.

 

Equipos clasificados por categorías

Entrega de artefactos, cadencias e Reunion Técnica

Inscritos-Horario-Anexo Circular

Noticias Web FGA .- 03/05/2017 . Destacada presenza galega nos Campionatos de España desta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/05/2017 . Destacada presenza galega nos Campionatos de España desta fin de semana

Esta fin de semana desenvolvense tres importantes citas nacionáis as cales acuden unha destacada representación de atletas galegos.

No IX Campionato de España de Milla en Ruta que este ano viaxa ata a rexión murciana de Puerto Lumbrera,Solange Pereira ten unha cita cas estadísticas xa que defenderá o título acadado de maneira inenterrumpida nos últimos cinco anos e que fan que ademáis, parta como clara favorita para repetir trunfo.

Outro das compiticións importantes acontecerá en Castellón ca disputa do Campionato de España por Autonomías de Probas Combinadas e na que Galicia estará representada por Abraham RodríguezDario CostasAlicia Merino e Andrea González

Por último outra das citas nacionáis con representación galega será a do Campionato Nacional Universitario de Atletismo que se desenvolverá do 5 ó 7 en Murcia. A ela as tres universidades galegas (Universidades de Santiago, Coruña e Vigo) acudirán cun bo número de atletas na procura dalgunha das medallas que están en xogo.

Participantes no Nacional de Milla

 

Participantes no Nacional de Combinadas

Participantes no Nacional Universitario

Noticias Web FGA .- 02/05/2017 . O III Campionato de Galicia de Trial, un reto para amantes da natureza

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/05/2017 . O III Campionato de Galicia de Trial, un reto para amantes da natureza

O III Campionato de Galicia de Trail desenvolverase o vindeiro domingo dia 7 de maio en A Pobra do Caramiñal (A Curota)  coincidindo ca disputa do Circuito Trail Galaica 2017 que xunta a un total de seis probas que se disputan polos concellos de Ames, Muros, A Pobra, Baña, Borborás e Ribeira  Sacra.

Con esta xa son tres as edicións na que se ven desnenvolvendo este campionato que cada vez conta con máis adeptos e no que pouco a pouco está a contar con máis demanda habida conta das variables que ofrece tanto nos distintos percorridos coma sobre todo nas sensacións que produce misturar aventura, deporte e reto.

Para todas aquelas interesadas en tomar parte no Campionato lembramos que  se amplía o prazo de inscripcións ata o mércores dia 3 as 22.00 horas

   

Noticias Web FGA .- 30/04/2017 . Principiaron os equipos galegos no Campionato Nacional de Clubs

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/04/2017 . Principiaron os equipos galegos no Campionato Nacional de Clubs

Este sábado daría comezo a compitición por excelencia de clubes, ca disputa da primeira xornada da Liga Nacional a que concurren nada menos que cinco clubes galegos.

Na división de honra feminina o campión galego, RIA Ferrol- Concepción Arenal comezaría a súa participación acadando un cuarto lugar no seu cadrangular desenvolto en Donosti cun total de 132,5 puntos e que sería gañado polo Valencia Esports un dos claros favoritos o título. Destacaría por parte das ferrolanas o trunfo de Paulette Natacha Fernández na proba dos 400 m.v..

Pola súa banda na División de Honra masculina, a Sociedad Gimnástica reforzado pola súa recente victoria no Campionato Galageo de clubs,  desprazaríase ata Madrid para enfrontarse ó A.D. Marathon, Unicaja Atletismo e Atletismo Salamanca. O remate os da Gimnástica non poideron acadar unha das dúas primeiras posicións, téndose que conformar co terceiro lugar e na que o máis salientable serían os trunfos dos seus atletas Alberto Salcedo nos 200 m.l., Lysvanys Arlys Pérez no concurso de altura e Manuel Castellanos en xavalina.

Na primeira División feminina o Atletismo Feminino Celta viaxaría ata Cartagena para tomar parte no encontro A no que acabaría unha boa segunda posición cun total de 153 puntos que lle permiten seguir compitindo na loita polo ascenso a máxima categoría. O resto de equipos entre os que se atopa o Real Clube Celta en homes e Sociedad Gimnastica tomarán parte mañana domingo no grupo D no que compartirán esciario na localidade Alcorcón 

  

Noticias Web FGA .- 28/04/2017 . Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/04/2017 . Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Un total de dez atletas galegos atópanse no top-ten do ranking nacional de pista cuberta que ben de pecharse recentemente. 

Na relación figuran as galegas Solange Pereira nos 1500 m.l. con 4.13.54 e Ana Peletiro en triple con 14.20 m. encabenzando o ranking nacional nas súas respectivas probas. Nestes postos altos da clasificación,  figuran do mesmo modo os nomes de Jean Marie Okuto, segundo no concurso de lonxitude con 7.84 ou mesmo a saltadora de AlturaSaleta Fernández quen cun rexistro de 1.82 m. aparece trala campiona olímpica Ruth Beitia. Belén Toimil en peso con 16.27 m. é outra das atletas que se encontra na segunda posición da táboa do ranking.

Por último nesas primeiras dez posicións atópanse de igual modo Adrián Ben 5º nos 1500 m. e 10º nos 3000 m.l., Carmela Cardama, 6ª nos 3000 m.,  asi como Leticia Gil e José Alfonso Palomanes quintos en lonxitude e triplo respectivamente. Para rematar Claudia Roja entra tamén na zona top-ten acadando a décima posición nas combinadas do Pentahlon.

LIDERES RANKING GALEGO

Noticias Web FGA .- 27/04/2017 . A Liga Nacional de Clubes bota a andar esta fin semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/04/2017 . A Liga Nacional de Clubes bota a andar esta fin semana

O sabádo dia 29 de abril dará comezo a compitición por excelencia de clubes, ca disputa da primeira xornada da Liga Nacional a que concurren nada menos que cinco clubes galegos.

Na división de honra feminina o campion galego, RIA Ferrol- Concepción Arenal intentará comezar a súa andaina acadando un dos dos dous primeiros postos que da acceso a loita polo título, compitindo nas pistas do At. San Sebastián e na que xunto as locáis, enfrontaránse nun difícil cadrangular óValencia Esports e Super Amara BAT.

Pola súa banda na División de Honra masculina, aSociedad Gimnástica reforzado pola súa recente victoria no Campionato Galageo de clubs, desprazarase ata Madrid para enfrontarse ó A.D. Marathon, Unicaja Atletismo e Atletismo Salamanca tamén na procura dunha das dúas primeiras posicións do grupo.

Na primeira División masculina contamos ca representacion do Real Clube Celta que encadrado no grupo D compitirá o domingo en Alcorcón compartindo estadio e xornada xunto o equipo femino da Gimnástica de Pontevadra co que coincidirá. Por último a outra formación galega desta  categoría, o Atletismo Feminino Celtaterá que desprazarse ata as pistas de Cartagena onde compitira no grupo A

 

Noticias Web FGA .- 26/04/2017 . Da comezo o V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/04/2017 . Da comezo o V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Este pasado fin de semana ca disputa da VII Carreira Batalla de Cacheiras gañada na categoría absoluta por Tina Fernández e Lolo Penas, abriríase o V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña que este ano contará cun total de 30 probas e que ata o vindeiro dia 30 de decembro, ca celebración da V San Silvestre Concello de Fene, percorrerá os distintos Concellos da provinza.

Este evento que ano tras ano se está a converte nun claro referente do pedestrismo tanto provincial como autonómico, pasa por ser o máis importante en canto ó número de participantes se refire, estimándose que na edición pasada serían preto de  20.000 os atletas que tomarían parte no mesmo.

Como todos os anos ó final do circuito establecarense importantes premios económicos tanto individuáis como por equipos a aqueles atletas ou entidades que teñan acado unha maior puntuacion ó longo das trinta xornadas .

Noticias Web FGA .- 26/04/2017 . Cambio de datas na Concentración de Lanzamentos F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/04/2017 . Cambio de datas na Concentración de Lanzamentos F.G.A.

A proposta do responsable do sector de lanzamentos Raimundo Fernández, o Comité Técnico da FGA ven de convocar a un total de 21 atletas para tomar parte o vindeiro dia12 e 13 de Maio nunha concentración (Disco, Xavalina e Peso) que se desenvolverá no INEF Galicia de Bastiagueiro e a que poderán acudir ós adestradores dos  atletas previa solicituide o responsable do sector.

Lembramos que estas concentracións (que estyaba programada no principio para os dias 5 e 6 de Maio) véñense desenvolvendo en cada un dos sectores ó longo do ano, formando parte todos eles do Plan Galego de Tecnficación Atlética para esta tempada 2016/2017.

Compre confirmar á asistencia antes do 2 de Maio ás  20.00 horas a este enderezo: secretariogeneralfga@gmail.com

 

Noticias Web FGA .- 24/04/2017 . Un récord nacional, un autonómico e interesantes rexistros nesta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/04/2017 . Un récord nacional, un autonómico e interesantes rexistros nesta fin de semana

Comeza pouco a pouco a ir avanzando a tempada de aire libre na que o bo tempo que estamos a ter nas últimas semanas está a influir de maneira positiva unha millor calidade de destramentos que se traducen na consecución de bos rexistros. Esta fin de semana contaríamos con varias mostras dos mesmos na que salientamos o Récord de España W-40 da triplista do ADAS-Proinor Raquel Lameiro quen no concurso efectuado no Campionato de Galicia de Clubs establecería unha millor marca de11.41 m. (11.41/11.38/X/11.08).

Si esto acontecía no sector dos saltos, sería no de lanzamentos onde se rexistrarían varias marcas destacadas. Para comezar a martillista do AVA Irene Gómez lograría un novo récord galego cadete e xuvenil ó lanzar en Vila Nova de Cerdeira ata os 53.44 m. que a reafirman ademáis na primeira posición do ranking nacional.

A xavalina tería dobre protagonismo feminino xa que Lidia Parada do A.D. Barbanza no seu estreo de tempada en Vila Nova da Cerveira lanzaría ata os 54.32 m. o que supoñen unha millor marca nacional da tempada (a falta de que a RFEA oficialice o rexistro). Continuamos ca xavalina xa que a pupila xuvenil de NechoFernández Ivanna Román defendendo ás cores do RIA Ferrol-CCA,  compitiría no Campionato de Galicia de Clubs na que establecería un rexistro de 42.72 m. que supoñen tanto unha MMP como a millor marca nacional do ano na súa categoría (sétima absoluta.)

Xa para rematar, e no Campionato Galego de Marathon da categoría W-60,  a atleta do Egovarros Isabel Breaestablecería un novo récord galego da súa categoría o marcar un crono oficial de 4.18.22 que millora o anterior rexistro que ela mesma ostentaba.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA