Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 22/04/2017 . Título de Campión Galego de Aire libre para Ría Ferrol e Sociedad Gimnástica

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/04/2017 . Título de Campión Galego de Aire libre para Ría Ferrol e Sociedad Gimnástica

Este sábado desenvolveríanse nas pistas ferrolanas da Malata a edición correspondente o Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre que tería no RIA Ferrol-Concepción Arenal en Mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes os clubes gañadores 2016-2017.

As mulleres do RIA-CCA basearían o seu trunfo na regularidade que as faría colleitar un total de 143 puntos (sete trunfos, sete  segundos postos e dous terceiros). Xunta as departamentales segunda posición para o Atletismo Feminino Celta con 121 puntos, gañador da edición tanto do ano pasado como da Copa indoor da presente, correspondendo o terceiro lugar para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 113 puntos.  Na categoría masculina trunfo máis comodo para para a Sociedad Gimnástica  con 144 puntos (once trunfos, catro segundos postos e dous terceiros) polos 106,5 p.  do Real Clube Celta e os 96 p. do Atletismo Narón segundo e terceiro respectivamente.

Como dato individual salientable sinalar o Récord de España W-40 batido da atleta do ADAS-Proinor Raquel Lameiro en triple salto con 11.41 no seu primeiro intento (11.41/11.38/X/11.08)

  

Noticias Web FGA .- 21/04/2017 . Concentración de Relevos Cadete da F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/04/2017 . Concentración de Relevos Cadete da F.G.A.
A proposta do responsable do sector de velocidade Jose Carlos Tuñas, o Comité Técnico da FGA ven de convocar a un total de 31 atletas para tomar parte o vindeiro dia 29 de Abril nunha concentración de relevos Cadete que se desenvolverá nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e a que tamén poderán acudir ós adestradores dos atletas convocados.

Lembramos que estas concentracións véñense desenvolvendo en cada un dos sectores ó longo do ano, formando parte todos eles do Plan Galego de Tecnficación Atlética para esta tempada 2016/2017.

Compre confirmar tanto a asistencia como non (tamén de adestradores) antes do 27 de abril ás  18.00 horasa este correo: secretariogeneralfga@gmail.com

 

Noticias Web FGA .- 20/04/2017 . Os millores clubes de Galicia á procura do título Autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/04/2017 . Os millores clubes de Galicia á procura do título Autonómico

Este sábado dia 22 de abril as pistas ferrolanas da Malata acollerán unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre que contará ca participación dos millores clubes galegos que serían seleccioados tanto por clasificación directa como por estadillo.

En concreto serán os clubes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, LUCUS Caixa Rural Galega, C.A.Santiago, C.A.Narón e ADAS-Proinor quenes o fagan con equipos nas dúas categorías. Tamén estarán tomando parte o Real Club Celta e Marineda Atlético en homes así como o Atletismo Feminino Celta, RIA Ferrol e C.A.Sada en mulleres.

A priori os dous Celtas defenden o título acadado o ano pasado, se ben haberá que contar co equipo masculino da Sociedad Gimnástica gañador na Copa de Clubs Indoor da presente tempada. Nas mulleres o conxunto do Atletismo Femino Celta sairá reforzado logo de gañar  a Copa de Clubs o pasado 7 de Xaneiro malia que haberá que estar moi atentos tanto o RIA Ferrol que compite no súa pista, como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun potencial atlético sempre importante.      

Horario Camara Chamadas     Orden de rúas 

Noticias Web FGA .- 20/04/2017 . Pasos para solicitar un certificado da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/04/2017 . Pasos para solicitar un certificado da FGA

Lembramos a todos aqueles estamentos ou particulares, que para solicitar algún dos certificados que a Federación Galega certifica, deberase facer a través do seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdDxXT7CJO0rmTpSOejP2np4vdqlizMVMHkOb3eFTVJ-7RZFw/viewform

Caso de ter que adxuntar algún arquivo, e despóis de cumplimentar o formulario, enviarase ó seguinte correo :secretariogeneralfga@gmail.com

Para rematar, informamos que os certificados expediranse por orde de pitición  no formulario da F.G.A

 

Noticias Web FGA .- 19/04/2017 . As rúas da Coruña acollerán un novo Campionato de Galicia de Marathon

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/04/2017 . As rúas da Coruña acollerán un novo Campionato de Galicia de Marathon

Este domingo dia 23 desenvolverase na Coruña unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia de marathon na que preto de mil participantes tomarán a saida a partir das 8.30 horas na zona do Cantón Grande .

Este campionato será valedeiro para as categorías promesa, senior e veterán disputándose conxuntamente ca VI Marathon Atlántica Coruña-42 que como todas as edicións terá a súa chegada no fermoso marco da Praza de María Pita.

A maiores desenvolverase unha carreira de 10 km. cuia saida será as 08.45 hora.

CONSULTA O TEU DORSAL

 

Noticias Web FGA .- 17/04/2017 . Supéranse as 7000 licenzas federadas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/04/2017 . Supéranse as 7000 licenzas federadas

De maneira incesante dende que dera comezo oficialmente a tempada, vense de producir un incremento importante no número de atletas que decidiron federarse nesta tempada e cuio número superaría xa a barreira dos 7000.

Con esta cifra vense de acadar un dos principáis obxectivos que a nivel de xestión federativa se establecese para este periodo, e cuia importancia se pon de manifesto nas distintas campañas que se están ultimando para lanzalas xa neste mesmo mes.

A campaña centrarase sobre un dos aspectos máis salientables que ofrece a ventaxa de estar federado como é a de contar cunha cobertura médicaque cubra as necesidades do atleta durante toda a tempada ante posibles lesións. Non esquecemos o aspecto económico, xa que esta opción ofrece un aforro moi importante ó permitir  participar de balde en todas aquelas probas que conten con rango de Campionato Galego tales como o Campionato de Milla en Ruta, o Campìonato dos 5 km,  o dos 10 km, o Campionato de Media Marathon e o da Marathon. De igual modo tamén permite tomar parte en todas as probas de pista (tanto cuberta como de aire libre) que as normativas lle permitan.

Noticias Web FGA .- 12/04/2017 . Concentración de Lanzamentos F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/04/2017 . Concentración de Lanzamentos F.G.A.

A proposta do responsable do sector de lanzamentos Raimundo Fernández, o Comité Técnico da FGA ven de convocar a un total de 21 atletas para tomar parte o vindeiro dia 5 e 6 de Maio nunha concentración (Disco, Xavalina e Peso) que se desenvolverá no INEF Galicia de Bastiagueiro e a que poderán acudir ós adestradores dos  atletas previa solicituide o responsable do sector.

Lembramos que estas concentracións véñense desenvolvendo en cada un dos sectores ó longo do ano, formando parte todos eles do Plan Galego de Tecnficación Atlética para esta tempada 2016/2017.

Compre confirmar á asistencia antes do 25 de abril ás  20.00 horas a este enderezo: secretariogeneralfga@gmail.com

 

Noticias Web FGA .- 08/04/2017 . Solange Pereira e Jean Marie Okutu, millores atletas galegos 2016

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/04/2017 . Solange Pereira e Jean Marie Okutu, millores atletas galegos 2016

No dia de onte desenvolveuse na Pobra do Caramiñal a X Gala Anual do Atletismo Galego que como cada ano distingue ós distintos colectivos do atletismo galego.

O acto, que abarrotaría o Teatro Elma, contaría ca presencia do Alcalde do Concello anfitrión, así coma de representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e entidades privadas colaboradoras.

Terio Carrera un ano máis sería o encargado de conducir a gala que discurriría de maneira dinámica e fluida e na que o humor estaría presente en todo momento.

No apartado de premiacións, ós millores atletas veteranos recaerían sobre José Vicente Rioseco e Esther Pedrosa; no apartado sub-23 serían para Belén Toimil e Mauro Triana e xa na categoría absoluta de novoSolange Pereira e Jean Marie Okutu volverían a acadar este importante galardón que os distingue como millores atletas galegos 2016.

Con esta, xa son catro os anos consecutivos que tanto Jean Marie Okutu como Solange Pereira (con tres) reciben este premio o que pon de relieve o recoñocemento e a importancia que dende o atletismo galego se lle da ós seus éxitos e ó seu traballo .

Xa para rematar, no tocante a xuices Jorge Blanco sería distinguido ca placa Ramón Docal e Carlos Landínrecibiría o premio coma millor adestrador 2016

   

Noticias Web FGA .- 07/04/2017 . COMUNICADO: Novos Horarios no Campionato Galego de Milla e Serie Municipais de Vigo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2017 . COMUNICADO: Novos Horarios no Campionato Galego de Milla e Serie Municipais de Vigo

   Novo Horario Campionato de Galicia de Milla 

Novo Horario Serie Municipais

Noticias Web FGA .- 07/04/2017 . A Pobra do Caramiñal acolle hoxe a X Gala Anual do Atletismo Galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2017 . A Pobra do Caramiñal acolle hoxe a X Gala Anual do Atletismo Galego

No dia de hoxe acontecerá as 18.45 horas na Pobra do Caramiñal (Teatro Elma) a X Gala Anual do Atletismo Galego que como cada ano distingue os millores atletas en varios categorías do noso deporte.

Durante estos dias unha comisión encargada da avaliacación dos candidatos ós distintos premios e apartados, estivo traballando na confección dos gañádores do 2016 cuios nomes serán desveledos no dia de mañán.

Lembramos que esta gala vense desenvolvendo dende o ano 2007, malia que no anterior mandato presidencial de Sergio Vázquez chegáranse a fectuar algunhas edicións cuns formatos distintos ós actuáis.

Nestes dez anos serían moitos os premiados (ver cadro de honra) salentando as catro consecutivas de Jean Marie Okuto e que podería mañán acadar a súa quinta. Na categoria femina, mesma situación con tres galardóns para Solange Pereira.

Ó acto de mañá contará ca presencia tanto do rexidor do Concello Xosé Lois Piñeiro, como de representantes da Xunta, Deputación, e demás organismos oficiáis e privados que confirmaron a súa presencia

   

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA