Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 07/04/2017 . As Combinadas chegan esta fin semana a cidade do Lérez

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2017 . As Combinadas chegan esta fin semana a cidade do Lérez

As pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida durante o sábado e domingo deste fin de semana, unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Probas Combinadas por Clubs e Veteranos que xuntarán na cidade do Lérez os millores especialistas galegos do momento.

Entre a relación de participantes destaca a presencia da recentemente proclamada campiona do mundo na proba de xavalina en Korea Maria de los Angles Rodriguez que tomará parta na proba de Heptathlon

As probas darán comezo as 16.00 horas do sábado e desenvolveranse ata o domingo as 14.30 horas

    

Noticias Web FGA .- 07/04/2017 . Relevo ó fronte do sector de Fondo e medio fondo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2017 . Relevo ó fronte do sector de Fondo e medio fondo

Dende o pasado martes dia cinco Manuel Rodríguez Peña está a asumir as funcións de Responsable Técnico do Sector de Fondo e Medio Fondo da Federación Galega de Atletismo, tomando o relevo de Santiago Saco.

O relevo prodécese por dimisión voluntaria do que fora responsable do sector e a quen a Federación Galega quere recoñocer o excelente traballo desenvolto durante a súa etapa que daría comezo no 2015 sustituindo a Alfonso Ortega.

Jose Manuel Rodríguez Peña natural de Lugo e do ano 1982, é un perfecto coñocedor da realidade do sector. Nos últimos anos ven desenvolvendo na súa cidade natal unha incesante actividade atlética ó fronte do Lugo Running By Ramos Lourés adestrando na actualidade, e entre outros,  ó atleta internacional  Ivo Maseda .

Noticias Web FGA .- 05/04/2017 . O Concello de O Pino acolle esta fin de semana o Cto. de Galicia de Milla en Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/04/2017 . O Concello de O Pino acolle esta fin de semana o Cto. de Galicia de Milla en Ruta

O vindeiro sábado dia 8 desenvolverase no Concello de O Pino o Campionato de Galicia de Milla en Ruta que xuntará  a un importante número de participantes na procura do título autonómico. A disputa deste campionato virá acompañada dun importante número de probas populares que pretenden convertir a cita nun espazo no que se misture o rendemento, a promoción e o atletismo popular

As primeiras probas para as categorÍas de promoción darán comezo as 18.30 horas sendo a saida das probas absolutas do Campionato Galego Absoluto a partires das 22.40 horas.

No que atinxe a participantes, salientamos a presenza das atletas Leticia Fernández (ADAS-Proinor) e Rocío ALvite (C.A.SAR Vermut-Petroni) asÍ como a dos atletas Fernando Vales (C.A. Santiago) e  AdriÁn Lago (S.G.Pontevedra) por citar algúns

Noticias Web FGA .- 05/04/2017 . Un atletismo feminino de récords

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/04/2017 . Un atletismo feminino de récords

Seguindo cos récords batidos nesta tempada 2016/2017, hoxe centrámonos nos batidos ó aire libre (ata o dia 31 de Marzo). Nela podemos observar como o atletismo feminino cun total de dazaséis novas plusmarcas acada un maior número de rexistros en relación ós homes que conseguen once.

Categoría feminina: Edurne Castro(C.A.Cuntis)  5.23 1km. Marcha Ruta Alevín; Sofia Dodman  (C.A.Fontes do Sar) 1163 p. Triathlon Alevín; Irene Gómez (A.V.Atletismo) 52.09 en Martelo Cadete e Xuvenil; Antía Chamosa (C.A.Valladolid)  22.39 e 47.59 nos  5 Km. e 10 km. Marcha Ruta Junior; Aida Martínez(A.F.Celta)  5.44.10 na Milla en Pista Junior;Belén Toimil (Praias de Castellón) 16.39 en Peso Absoluto; Sandra Mosquera (ADAS-Proinor)  5.20.21 Milla en Pîsta Absoluta; Ana María Ocampo  (Burgas Ourense) 5.49.69 Milla en Pista W-35; María José Sanromán (A.F.Celta) 2759 p. Pentahlon e 8.38 en Martelo Pesado W-45; Cristina García (Ourense Atl.) 7.11.28  Milla en Pista W-50; Esther Pedrosa(U.S.Compostela)  39.39 nos 10 km. Ruta e 1.27.28 na Medio marathon W-55; Mari Luz Sanmartín (Egovarros)  51.29 nos 10 km.Ruta W-65

Categoría Masculina: Alex Sierpes (Trega) 3.21.35 nos 1000 Benxamín; Ignacio Fernández (R.C.Celta) 2856 p. Pentathlon e 16.59 m. en Martelo Pesado  M-35; Hasam Lekhili (ADAS-Proinor) 1.07.42 na Media Marathon M-40; Carlos Almudí (C.A.Santiago) 2963 Penthlon  e 13.85 en Martelo Pesado M-40;  Xavier Díaz (LUCUS C.R.Galega) 5.12.46 Milla M-40; Saturnino González (Vet.Ourense) 34.11 en 10 km.Ruta M-55; Domingo Alvarez (Burgas Ourense) 5.23.02 Milla Pista M-60; Xosé Lois Otero (C.U.Santiago) 37.17.77 nos 10.000 m. M-65; Manuel Rosales (Indp.) 50.57 nos 10 km Ruta M-80

 

Noticias Web FGA .- 03/04/2017 . 31 novos Récords Galegos indoor no mes de Marzo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/04/2017 . 31 novos Récords Galegos indoor no mes de Marzo

Ca pista cuberta xa rematada e cunha cada vez máis frenética actividade nos fins de semana na que se misturan as probas de pista e ruta compre facer balance deste último mes na pista cuberta na que se batirían nada menos que un total de 30 novos récords galegos.

Pista Cuberta Categoria Feminina: Celia Puente (Marineda) 8.12 50 m.l. Benxamín; Lucía Sánchez del Valle (C.Franciscanos de Lugo) 8.40 nos 50 m.v. e 10.47 nos 60 m.v. Infantil; Paula Iglesias (Riazor Coruña) 55.99 nos 400 m. Junior;Ana Peleteiro (Adidas) 14.20 en Triple Promesa e Absoluto; Enma Valencia (A.F.Celta) 8.36 nos 60.m.l. W-35; 4 x 200 C.A.A Silva con 2.07.76 W-35; Mónica Yáñez (ADAS-Pronior) 2615 Pentathlon W-35; Raquel Lameiro (ADAS-Valdeorras) Lonxitude con 4.99 e Triple con 11.26 W-40; Monserrat Fernández (C.A.Sada) 9.08 nos 60 m.l. W-45; Luz María Domínguez (Burgas Ourense) 400 m.l.con 1.08.21 W-50 Esther Pedrosa(U.Santiago C.) 5.17.03  nos 1500 m. na W-55; Luisa Armesto (C.A.Sada) 1.30.49 nos 400 m.l. na W-65;

Pista Cuberta Categoría MasculinaAlex Sierpes (S.A.Trega) con 3.23.12 nos  1000 m.l. Benxamín; Pepe Sánchez del Valle (C.F.Lugo) 8.98 nos 60 m.l. Alevín; Carlos Alvarez (C.F.Lugo) 6.56 en Lonxitude e 3815 en Exhatlon Cadete; Pedro Osorio (Ria Ferrol)  1.52.95 nos 800 m.l XuvenilMiguel Gómez (R.C.Celta) 7.07 nos 60 m.l. e 22.50 nos 200 m.l. M-35; Fernando Paredes (R.C.Celta) 14.63 en Peso M-40; José Fernández Sanguiao(Verxel Nutrición) nos 400 m.l. con 59.72 M-55; José Bao (ADAS-Proinor)  8.21 nos 60 m.l. e 27.76 nos 200 m.l M-60;  Domingo Alvarez (Burgas) 1.02.58 nos 400 m.l., 2.23.34 nos 800 m.l. e 4.55.90 nos 1500 m.l. M-60; Xosé Lois Otero Cepeda (U.Santiago C.) 4.59.69 nos 1500 m.l. e 10.29.39  nos 3000 m. M-65;

Noticias Web FGA .- 31/03/2017 . COMUNICADO: Novo Horario nas probas de hoxe no INEF e Reconquista

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
31/03/2017 . COMUNICADO: Novo Horario nas probas de hoxe no INEF e Reconquista

O Club Atletismo Sada, comunicanos un novo horario do I Trofeo Once Arceclima en pista que se desenvolverá hoxe nas instalacións do INEF en Bastiagueiro   Novo Horari Bastiagueiro

Novo Horario Reconquista

 

Noticias Web FGA .- 29/03/2017 . Victor Arufe, deixa a Secretaría Xeral da FGA logo de dez anos ó fronte da mesma

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/03/2017 . Victor Arufe, deixa a Secretaría Xeral da FGA logo de dez anos ó fronte da mesma

Logo de  preto de 10 anos ó fronte da Secretaría Xeral da Federación Galega de Atletismo o  vindeiro dia 31 de marzo Victor Arufe Giraldez deixará o seu actual cargo que pasará a ser ocupado por Dolores Rojas.

Mediante comunicado enviado ós estamentos atléticos no dia de onte anunciaba oficialmente a súa despedida malia que dende a propia federación xa se coñecían dende fai meses as intencións do Secretario Xeral e profesor universitario da UDC, que pasará deste xeito a centrarse nas súas dúas pasións: a docencia e a formación.

Do paso de Victor Arufe pola F.G.A. destácase a gran capacidade tanto de traballo como de organización asi como o súa sempre profesional e acertada xestión ó fronte dun área tan determinante como é a Secretaría Xeral. Da mesma forma coincidiría o seu periodo co medre tanto en recursos como en medios que experimentaría o atletismo autonómico na última década.

Dende esta Federación queremos amosar as nosas máis fondas gratitudes e recoñocementos á gran labor desenvolta polo noso compañeiro a quen llen dexesamos os maiores éxitos e medre personal nos seus novos retos profesionáis.

Noticia Web FGA .- 26/03/2017 . Bos resultados da Selección Galega de Cross Escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/03/2017 . Bos resultados da Selección Galega de Cross Escolar

No dia de onte disputarías e na localidade extremeña de Don Benito o Campionato de España de Cross Escolar á que acudirían os equipos galegos

Ca categoría feminina salientamos a excelente 3ª posición das cadetes femininas lideradas por Elsa Penaque ocuparía unha magnífica  5ª posición nunha categoría gañada por Castelano-Leonesas e catalanas. No que atinxe a categoría masculina de novo El Medhi El-Nabaouinun formidable carrerón cedería tan só ante o representante castelano-leonés, malia que por equipos a nosa comunidade ocuparía a 8ª posición.

Non menos excelente sería ao resultado do atletaRamón Pérez Rodríguez quen na categoría de cross adaptado masculino lograría unha brilantísima medalla de bronce cun rexistro de 20.53

Xa na categoría xuvenil masculina a selección encabezada por Artuto Ramos que entraría no 14º lugar, acadaría por equipos un magnífico 4º lugar grazas a regularidade de todos os seus compoñentes e cuios catro  atletas puntuables entrarían a meta entre entre os trinta primeiros. Por último na categoría feminina, e nunha proba máis complicada, Galicia quedaría por seleccións na 12ª posición cunha Raquel Meaños no posto 28º coma millor galega.

Noticias Web FGA .- 23/03/2017 . Importante: Probas escolares en Ferrol e Bastiagueiro

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/03/2017 . Importante: Probas escolares en Ferrol e Bastiagueiro

COMUNICADO PROBAS ESCOLARES FERROL E BASTIAGUEIRO

Este horario de probas, será común para a 1ª e 3º xornada dá categoría Benxamín-Alevín, nas pistas da Malata (Ferrol), e para a 3ª xornada dá categoría Benxamín-Alevín, nas pistas do INEF da Coruña do sábado 08 de Abril

A proba de martelo infantil só se disputará en Ferrol 

Novo Horario

Noticias Web FGA .- 23/03/2017 . Cambio de horario no Campionato de Galicia de 10000 metros

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/03/2017 . Cambio de horario no Campionato de Galicia de 10000 metros

Unha vez rematada a inscripción do Campionato de Galicia de 10000 metros que se desenvolverá nas pistas do Campo Universitario de Ourense o vindeiro sábado 25,  faise pública tanto a relación de inscritos como o novo horario da compitición.

Entre a relación de participantes salientamos a presenza de Manuel Hurtado da S.Gimnástica quen parte a priori como favorito o título autonómico dos 10.000 m. proba esta, que contará na categoría masculina con dúas series.

Nas mulleres pola conta menor participación, na que destaca Blanca Lavandeira do Fisioterapia San Lázaro como clara aspirante ó campionato.

Noutro orde de cousas, desenvolverase o  Campionato de Galicia de Milla en Pista, asi como o Campionato Provincial Ourensán dos 10.000 m. . Paralelamente a todo elo presenciarase un amplo programa atlético como parte do VI Trofeo C.D. Aurum

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA